Caldas de Reis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caldas de Reis | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Caldense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Caldas |
Área: | 68,16 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | Caldas De Reis |
Latitude e lonxitude: | 42° 36' N, 8° 38' O |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 9.589 hab. |
Densidade: | 137,5 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 4 (1540 votos - 26.53 %) BNG 1 (760 votos - 13.09 %) PSdeG-PSOE 8 (3444 votos - 59.33 %) Outros: 0 (0 votos - 0 %) |
Alcalde: | Juan Manuel Rey Rey (PSdeG-PSOE) |
Eleccións municipais en: 'Caldas de Reis' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 8798 - 100 % |
Votantes: | 5838 - 66.36 % |
Abstencións: | 2960 - 33.64 % |
Votos en branco: | 61 - 1.04 % |
Votos nulos: | 33 - 0.57 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Ferreria, 1 |
Teléfono: | 986 540002 |
Fax: | 986 530393 |
Código Postal: | 36650 |
Correo electrónico: | caldasdereis@fegamp.es |
Sitio web oficial: | http://www.caldasdereis.com/ |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Caldas de Reis é un concello pertencente á Comarca de Caldas.
Poboación en 2005: 9.673 persoas segundo o IGE.
Limita cos concellos de: Vilagarcía de Arousa, Catoira, Valga, Cuntis, Moraña, Portas e Vilanova de Arousa.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Caldense
Evolución da poboación de: Caldas de Reis - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
7.505 | 8.319 | 9.376 | 8.702 | 9.522 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Localización
Caldas de Reis está situado na depresión que cruza Galiza de norte a sul desde Santiago de Compostela até Tui, a 21 km. de Pontevedra. Trátase dun concello densamente poboado que constitúe un dos centros comarcais de máis tradición e cuxa influencia se extende até Pontecesures, Cuntis e Campo-Lameiro.
É cabeceira de Partido Xudicial desde 1988 (antes pertencía a Pontevedra). Pertence ao arciprestádego de Moraña e á diócese de Santiago.
O río Umia percórreo de norte a sul. Predominan os terreos de pendente escasa, a excepción dunha faixa de montañas no leste e o [[monte Xiabre[[ (647 m.), o que, en combinación coas elevadas precipitacións, ocasiona inundacións con certa frecuencia. A temperatura oscila entre os 12°C e os 14°C con máximas en xullo (20°C) e mínimas en xaneiro (7°C).
[editar] História
Os primeiros poboadores coñecidos foron os cilenos. Os romanos establecéronse atraídos polas fontes termais (de onde procede o nome da vila: Aquae Celenae. A vila aparece no itinerario de Antonino.
Caldas foi sede episcopal até 569, ano en que esta pasou a Iria. Durante este tempo viuse axitada polo priscilianismo e foi sede dun concilio de bispos galegos convocado polo papa San León no ano 400.
Caldas denomínase "de Reis" porque acolleu a Afonso VII de Castela (fillo de dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza). O castelo que a raíña tiña foi derrubado para, coas suas pedras, construir a igrexa de Santo Tomás. Esta igrexa disque se dedicou a San Tomás de Canterbury, que pasou pola vila facendo o Camiño de Santiago, que transcorre por ela desde Portugal.
Caldas de Reis foi declarada vila de reguengo por Filipe II.
[editar] Economía
O concello mantén relacións económicas importantes coa ría de Arousa e Pontevedra e ten un crecimento demográfico positivo. Predominan as actividades agrarias, se ben o sector secundario ocupa á metade da poboación entre a industria (química básica, leite (CLESA), alimentación (CLAVO), metalurxia, moble, etc.) e a construción. As augas termais atraen a bastantes turistas.
[editar] Cultura
Hai varios castros (Santa María, Bemil, Follente, Outeiro e Castelo), pazos (O Monte, Casalnovo) e casas grandes (Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, San Andrés de Cesar, Santo Estevo de Saiar). A ponte de Bermaña, no centro da capital municipal, é de orixe romana e foi refeita en época de medieval. Outras pontes medievais son as de Castaños e de Segade.
Na gastronomía destacan as empanadas de lamprea e o pan. No municipio é moi popular un tipo de pan de trigo coñecido coma pan de manteiga porque se usa a na súa preparación manteiga de vaca. O pan é de miolo moi compacto sen apenas buratos, codia suave e branda, e o sabor moi lixeiramente graso. Cocese en forma de pezas de un quilo ou en pezas pequenas (moletes e cornechos). Tamén é peculiar o roscón, típico da Semana Santa, que ten unha curiosa forma antropoforme.
[editar] Lugares de Caldas de Reis
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Caldas de Reis vexa: Lugares de Caldas de Reis.
[editar] Parroquias
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de Caldas de Reis
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||