Cebra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cebra | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación Científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Especies | ||||||||||||
Equus Zebra Equus Quagga Equus Grevyi |
As cebras son membros da familia dos cabalos nativa de África central e do sur. Teñen raias verticais negras e brancas nos cuartos dianteiros, tendendo horizontalmente cara a parte traseira do animal. No seu hábitat natural realizan migracións en grandes manadas en busca de alimentos.
[editar] Especies
Hai tres especies e moitas subespecies. As poboacións de cebras varían moito, e as relacións e estatus taxonómicos de moitas das subespecies son pouco claros. Por outro lado, convén recordar que a verba "cebra" non representa unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senon que agrupa artificialmente tres especies en función dun carácter (a pel a raias) que non é derivado, senon primitivo. As raias aparecen tamén en maior ou menor medida nas patas e lombo dos asnos e cabalos salvaxes, e se manifestan máis fortemente nos híbridos, aínda que entre os proxenitores non haia ningunha cebra de por medio (caso das mulas), evidenciando que a presencia de raias é un carácter antigo dentro do xénero Equus e non un derivado propio dun subgrupo dentro deste. As cebras, simplemente, foron un paso máis alá no desenvolvemento dunhas raias que xa posuían, mentres que os cabalos e asnos tenderon a perdelas ou a enmascaralas. Aínda que a taxonomía das cebras segue sendo dubidosa, certos estudos como o de Debra K. Bennett (publicado baixo o expresivo título As raias non fan á cebra) indican que a cebra de planicie e a de Grèvy son especies irmás, pero que a cebra de montaña está máis emparentada co cabalo que con éstas. Dentro dos équidos actuais, o grupo tradicional formado polos asnos africanos e asiáticos sería o único cunha historia evolutiva detrás que o respalde.
- A cebra común, cebra de planicie (Equus quagga, anteriormente Equus burchelli) é a máis común, e ten aproximadamente cinco subespecies distribuidas arredor de gran parte do leste e sur de África.
- A cebra de montaña (Equus zebra) do sudoeste de África xeralmente ten unha capa lisa coa panza branca e raias máis angostas que a cebra de planicie. Ten dúas subespecies e é clasificada como especie en perigo.
- A cebra de Grevy (Equus grevyi) é a de maior tamaño, con crin hirsuta e testa longa e estreita que lle confire certo aspecto de mula. Habita os herbazais semiáridos de Etiopía, Somalia e Kenia do norte. Tamén se atopa en perigo.
- Familia équidos
- Cabalo de Przewalski, Equus przewalskii
- Cabalo doméstico, Equus caballus
- Burro, Equus asinus
- Onagro ou asno asiático, Equus hemionus
- Cebra común, Equus quagga
- Quagga, Equus quagga quagga (extinta)
- Cebra de Burchell, Equus quagga burchelli (¿extinta?)
- Cebra de Grant, Equus quagga boehmi
- Cebra de Chapman, Equus quagga antiquorum
- Cebra de Selous, Equus quagga selousi
- Cebra de montaña, Equus zebra
- Cebra de montaña do Cabo, Equus zebra zebra
- Cebra de Hartmann, Equus zebra hartmanni
- Cebra de Grevy, Equus grevyi
- (sen subespecies)