Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Estación Espacial Internacional - Wikipedia

Estación Espacial Internacional

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estación Espacial Internacional

Estación Espacial Internacional fotografada após a separación
da Lanzadeira Espacial Atlantis, 0 16 de outubro de 2002

Insignia da Estación Espacial Internacional

Estatísticas
Tripulación: 2 Em
2-Mar-2005
Perixeo: 354.8 km "
Apoxeo: 360.5 km "
Período Orbital: 91.69 minutos "
Inclinación: 51.64 graos "
Órbitas por día: 15.70 "
Desvío medio diario
em altitude:
~88 m "
Días en órbita desde
o lanzamento da Zarya:
2,294 O
2-Mar-2005
Días ocupada desde o
embarque pola Expedition 1
en 2-Nov-2000:
1,581 Em
2-Mar-2005
Revolucións desde
o lanzamento da Zarya:
35,890 O
2-Mar-2005
Distancia percorrida desde
o lanzamento da Zarya:
~1,400,000,000 km "
Velocidade media: 7.69 km/s 27,685.7 km/h
Masa actual: 183,283 kg O
2-Mar-2005
Masa de propelente: ~ 3,951 kg "
Volume corrente de área de circulación: 425 m³ "
Presión ~ 757 mmHg (100 kPa) .
Osíxeno ~ 162.4 mmHg (22 kPa) .
Dióxido de carbono ~ 4.8 mmHg (640 Pa) .
Temperatura ~ 26.9 °C .
Componentes actuais
Componente: Lanzamento: Masa: (kg)
Zarya FGB: 20-Nov-1998 19,323
Unity - Node 1: 4-Dec-1998 11,612
Módulo de servizo Zvezda: 12-Xullo-2000 19,050
Z1 Truss: 11-Out-2000 8,755
P6 Truss - Grella solar: 30-nov-2000 15,900
Laboratorio Destiny: 7-feb-2001 14,515
Canadarm2: 19-abr--2001 4,899
Cámara Quest: 12-Jul-2001 6,064
Cámara Pirs -
Docking Compartment:
14-ago-2001 3,900
S0 Truss: 8-Abr-2002 13,970
Base móbel para
o Canadarm2:
5-Xuño-2002 1,450
S1 Truss: 7-Out-2002 12,598
P1 Truss: 23-Nov-2002 12,598
Estación Espacial Internacional
Componentes da ISS (NASA)

Componentes da Estación Espacial Internacional o 23-xullo-2004.
Clique para versión aumentada.

Diagrama ISS

A Estación Espacial Internacional (International Space Station, ou simplemente ISS), é continuación do que fora planeado para a Mir rusa, o Skylab dos Estados Unidos, e o non realizado Columbus europeu e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida com tripulacións de non menos de dúas persoas desde o 2 de novembro de 2000. A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.

Índice

[editar] Características do proxecto

A ISS é un proxecto conxunto no que participan 16 países: os Estados Unidos, Rusia, Xapón, Canadá, Brasil e 11 países europeos através da Axencia Espacial Canadiana (CSA/ASC), a Axencia Espacial Europea (ESA), a Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial, a Axencia Espacial Federal Rusa e a NASA.

A estación espacial encóntrase en órbita en torno da Terra a unha altitude de aproximadamente 360 quilómetros, un tipo de órbita tipicamente designada de órbita terrestre baixa (na verdade, a altitude varía ao longo do tempo en varios quilómetros debido ao arrastramento atmosférico e aos reempuxes. A estación perde, por media, 100 metros de altitude por día). A estación orbita a Terra nun período de cerca de 92 minutos; o 1 de decembro de 2003 completara máis de 33.500 órbitas desde o seu lanzamento.

A estación é servida primariamente pola Lanzadeira Espacial e polas unidades Soyuz e Progress. Ainda se encontra en construción, ainda que xa teña sido palco de experiencias científicas. Actualmente a estación ten capacidade para soportar tripulacións de tres persoas. Até 2004, todos os membros da tripulación permanente proviñam dos programas espaciais rusos ou norte-americanos. No entanto, a ISS xa foi visitada por bastantes outros astronautas, moitos deles de outros países (e, curiosamente, por dous turistas espaciais).

[editar] Montaxe da ISS

A construción da ISS irá depender de máis de 50 misións de ensamblaxe e utilización. Destas, 39 son auxiliadas pola Lanzadeira Espacial. A máis destas misións, serán precisas outras 30 misións Progress para fornecer a loxística planeada. No final, a ISS estará a operar cun volume de presurización de 1.200 metros cúbicos, unha masa de 419.000 quilogramos, 110 kilovatios de potencia, e unha estrutura de soporte de 108,4 metros de longo, con módulos de 74 metros e tripulacións de seis membros.


A estación está composta por varios módulos e outros elementos:

Xa lanzados - (por orde de montaxe)

  • Zarya (FGB)
  • Módulo Unity (Nodo 1)
  • ISS Zvezda (Módulo de Servizo)
  • Módulo Laboratorio Destiny
  • ISS Quest
  • ISS Pirs

Misións de loxística periódicas

  • Módulo de Loxística Multifuncional (MPLM)

Previstas para seren lanzadas coa Lanzadeira Espacial así que estexa operacional
(listadas por orde do lanzamento previsto)

  • ISS Node 2 (lanzamento ~09/2006)
  • Módulo do Laboratorio Multifuncional baseado na FGB-2 - (lanzamento ~11/06)
  • Columbus (ISS) (lanzamento ~03/2007)
  • Módulo de Experimentos Xaponés (JEM), coñecido como KIBO (lanzamento ~07/2007)
  • ISS Node 3 - (lanzamento ~05/2008)
  • Módulo CAM (ISS) (lanzamento ~10/2009)
  • Módulo de Investigación (ISS) reducido para 1 (lanzamento ~2009)
  • Módulo SPP (lanzamento ~01/2010)
  • Cúpula - (lanzamento ~04/2010)

Previstas para lanzamento polos foguetes Proton

  • Brazo Robótico Europeo (ERA) (2007),

Elementos suspendidos, atrasados ou cancelados

  • Módulo de Embarque Universal - cancelado, substituído polo (MLM - FGB2)
  • Módulo de Embarque e Armacenamento - cancelado
  • Módulo Habitacional - cancelado
  • Vehículo de Evacuación de Tripulación - cancelado
  • Módulo de Control Interno - cancelado
  • Módulo de Propulsión - (ISS Propulsion Module) - cancelado

Outros subsistemas importantes incluídos

  • ISS Truss Estrutura nuclear de soporte da estación
  • Grella solar da ISS
  • Sistema de Servizo Móvel (Canadarm2)
  • Naves Soyuz para rotación da tripulación e evacuacións de emerxencia, substituída cada 6 meses
  • Naves Progress - vehículo de reabastecimento
  • Vehículo de Transferencia Automatizado (ATV) vehículo de reabastecimento Europeu (ESA)
  • Veículo de Trasnferência H-II (HTV) vehículo de reabastecimento para o módulo KIBO Xaponés (JAXA)

[editar] Secuencia de montaxe

Segundo a configuración de 2003, a estación tiña de masa 187.016 kg, 425 metros cúbicos de espazo útil, 73 metros de envergadura, 52 metros de longo e 27,5 metros de altura. Foron precisas 16 misións norte-americanas da Lanzadeira Espacial e 22 misións rusas. Destas últimas, 8 foron tripuladas e 14 non tripuladas. A construción necesitou de 51 camiñadas no espazo, 25 das cales a partir da lanzadeira, e 26 a partir da propia ISS. No total, o tempo das camiñadas no espazo foi de 318 horas e 17 minutos.

A 1 de Decembro de 1987 a NASA anunciou os nomes das catro empresas norte-americanas que conseguiron contratos de cooperación na manufactura dos componentes para A ISS: Boeing, General Electric's Astro-Space Division, McDonnell Douglas e a Rocketdyne Division of Rockwell.

O cosmonauta Sergei Krikalev dentro do módulo de servizo Zvezda, novembro de 2000
O cosmonauta Sergei Krikalev dentro do módulo de servizo Zvezda, novembro de 2000

A primeira sección foi colocada en órbita en 1998. As dúas pezas seguintes foron engadidas antes do envío da primeira tripulación, que chegou á estación o 2 de novembro de 2000 e consistía nos astronautas William Shepherd (EUA) e dous cosmonautas russos, Yuri Gidzenko e Sergei Krikalev. Decidiron designar a estación espacial "Alpha", ainda que o uso do nome estivese restrito a aquela misión.

A ISS ten tido unha história problemática. Inicialmente planeada como unha "Estación Espacial Libre" da NASA, así promovida polo Presidente Reagan, mostrouse demasiado dispendiosa. Após a Guerra Fría, foi retomada como un proxecto conxunto entre a NASA e a Rosaviakosmos rusa. Desde aquela o seu custo tense mostrado moito superior ao proxectado inicialmente pola NASA, alen dos numerosos atrasos. En 2003 aínda era incapaz de acomodar unha tripulación de sete, consecuentemente limitando a cantidade de ciencia que se podía realizar, o que tampouco beneficia as relacións cos socios europeos no proxecto. En xullo de 2004, a NASA concordou en completar a estación até o nível de soporte de 4 membros e ao lanzamento de seccións adicionais como o módulo xaponés de experimentos. Mentres a NASA continuará a xestionar a construción, a Rusia irá continuar o lanzamento e recolla das tripulacións de e para a estación.

[editar] Controversia arredor da ISS

Algunhas críticas encaran o proxecto da NASA como un desperdicio de tempo e diñeiro, inhibidor do progreso noutros proxectos de máis utilidade, e ponse por exemplo que os 100.000 millóns de dólares estimados poderían pagar decenas de misións espaciais non tripuladas. En xeral, existen moitas críticas contra a exploración espacial que defenden que esa contía estaría mellor empregada en problemas na Terra.

Os defensores da exploración espacial argumentan que tales críticas son, no mínimo, redutoras e de pouca visión, e talvez decepcionadoras. Os defensores da investigación e exploración espacial tripulada defenden que estes esforzos xa produciron miles de millóns de dólares de beneficios tanxíbeis na Terra. Algunhas proxeccións apuntan para un beneficio económico indirecto, materializado pola comercialización das tecnoloxías desenvolvidas durante a exploración espacial tripulada, que xa retornou máis de sete veces o investimento inicial para a economía (algunhas proxeccións conservadoras colocan este valor en tres veces o investimento inicial). Se a ISS, illada do restante programa espacial, será un contribuidor considerábel é, no entanto, un asunto de reñido debate, principalmente nos Estados Unidos.

A ISS xa recibiu o primeiro turista espacial, Dennis Tito, que gastou 20 millóns de dólares para participar nunha misión rusa de reabastecemento e o primeiro casamento no espazo cando Yuri Malenchenko, na estación, casou- con Ekaterina Dmitriev, en Texas.

[editar] Estado actual da ISS

Após o accidente da Lanzadeira Espacial Columbia o 11 de Febreiro de 2003, e a consecuente suspensión das misións con estas naves, ainda permanence algunha incerteza sobre o futuro da ISS. A súa construción está practicamente suspensa dado que os componentes principais son tan pesados que non poden ser colocados no espazo co auxilio das naves actualmente en servizo. Por exemplo, o módulo do laboratorio da Axencia Espacial Europea, o Columbus, apesar de estar xa concluído, non pode ser lanzado en órbita. Entretanto, os envíos de tripulación están a ser efectuadas polas naves Soyuz. A partir da Soyuz TMA-2, as equipas de astronautas constan de dous tripulantes, no lugar das equipas tradicionais de tres membros.

Porén, a Soyuz non dispón das capacidades dunha lanzadeira. Debido á ausencia dun servizo á ISS por medio dunha lanzadeira por período de tempo xa longo, esta está a acumular grandes cantidades de lixo e desperdicio, o que comeza a afectar as operacións.

Esta medida de contención lanzou en aberto a posibilidade do que o foguete Energiya ruso ou a lanzadeira espacial Buran pudesen voltar ao servizo. Contodo, apesar da hipótese do se o Saturno V pode voar unha vez máis, a realidade é que o equipamento destas dúas naves foi recolocado ou mesmo corrompido desde a separación da Unión Soviética.

O astronauta Michael Foale nunha EVA no exterior da ISS en febreiro de 2004
O astronauta Michael Foale nunha EVA no exterior da ISS en febreiro de 2004

A 27 de Febreiro de 2004, os tripulantes da ISS Michael Foale e Alexander Kalery fixeron a súa primeira camiñada no espazo, operación na que participou toda a tripulación da ISS (a Soyuz 26 foi a primeira a envolver toda a tripulación dun vehículo). A maioría dos obxectivos desta camiñada, como a instalación de equipamento exterior, foron atinxidos antes de que un dos tubos do traxe de Kalery tivese un problema na refrixeración e forzase a conclusión da saída.

A posibilidade de colisións a moita velocidade con detritos espaciais é considerada unha ameaza a longo prazo para a Estación Espacial Internacional. Unha solución proposta pola NASA e outros consiste nun láser. No entanto, permanece a preocupación de que unha proposta deste tipo poda contravir os tratados existentes acerca de armamento láser no espazo.

[editar] Expedicións ISS

Expedición Tripulación Data de
Lanzamento
Misión (arriba) Data
Chegada
Misión (abaixo) Duración
(Días)
Expedition 1 William Shepherd - (+) EEUU
Yuri Gidzenko - Rusia
Sergei Krikalev - Rusia
31 de Outubro, 2000
07:52:47 UTC
Soyuz TM-31 21 de Marzo, 2001
07:33:06 UTC
STS-102 140.98
Expedition 2 Yuri Usachev - (+) Rusia
James Voss - EEUU
Susan Helms - EEUU
8 de Marzo, 2001
11:42:09 UTC
STS-102 22 de Agosto, 2001
19:24:06 UTC
STS-105 167.28
Expedition 3 Frank L. Culbertson - (+) EEUU
Mikhail Tyurin - Rusia
Vladimir N. Dezhurov - Rusia
10 de Agosto, 2001
21:10:15 UTC
STS-105 17 de Decembro, 2001
17:56:13 UTC
STS-108 128.86
Expedition 4 Yury Onufrienko - (+) Rusia
Carl Walz - EEUU
Dan Bursch - EEUU
5 de Decembro, 2001
22:19:28 UTC
STS-108 19 de Xuño, 2002
09:57:41 UTC
STS-111 195.82
Expedition 5 Valery Korzun - (+) Rusia
Peggy Whitson - EEUU
Sergei Treschev - EEUU
5 de Xuño, 2002
21:22:49 UTC
STS-111 7 de Decembro, 2002
19:37:12 UTC
STS-113 184.93
Expedition 6 Kenneth Bowersox - (+) EEUU
Donald Pettit - EEUU
Nikolai Budarin - Rusia
24 de Novembro, 2002
00:49:47 UTC
STS-113 4 de Maio, 2003
02:04:25 UTC
Soyuz TMA-1 161.05
Expedition 7 Yuri Malenchenko - (+) Rusia
Edward Lu - EEUU
26 de Abril, 2003
03:53:52 UTC
Soyuz TMA-2 28 de Outubro, 2003
02:40:20 UTC
Soyuz TMA-2 184.93
Expedition 8 Michael Foale - (+) EEUU
Alexander Kaleri - Rusia
18 de Outubro, 2003
05:38:03 UTC
Soyuz TMA-3 30 de Abril, 2004
00:11:15 UTC
Soyuz TMA-3 194.77
Expedition 9 Gennady Padalka - (+) Rusia
Michael Fincke - EEUU
19 de Abril, 2004
03:19:00 UTC
Soyuz TMA-4 24 de Outubro, 2004
00:32:00 UTC
Soyuz TMA-4 185.66
Expedition 10 Leroy Chiao - (+) EEUU
Salizhan Sharipov - Rusia
14 de Outubro, 2004
03:06 UTC
Soyuz TMA-5 17 de Abril, 2005
00:00:00 UTC
Soyuz TMA-5 ~190

[editar] Expedicións futuras

  • Expedition 11: Sergei K. Krikalev, John Phillips - Proxectada para Abril - Outubro de 2005
  • Expedition 12: Valery Tokarev, William McArthur - Proxectada para Outubro de 2005 - Abril de 2006
  • Expedition 13: Pavel Vinogradov, Daniel Tani - Proxectada para Abril - Outubro de 2006
  • Expedition 14: Jeffery Williams CDR - EEUU, Clayton Anderson - EEUU, Aleksandr Lazutkin - Rusia - Proxectada para Outubro 2006 - Marzo 2007
  • Expedition 15: Fyodor Yurchikin CDR - Rusia, Oleg Kotov - Rusia, John Grunsfeld - Proxectada para Marzo 2007 - Setembro 2007.

A Estación Espacial Internacional é a segunda nave máis visitada na historia da exploración espacial. A data de 24 de Outubro de 2004 contaba xa con 130 visitas. A Mir tivera 137. Case un cuarto dos astronautas que teñen viaxado ao espazo fixéronno na ISS.

[editar] Ver tamén

  • Exploración espacial
  • Estación espacial
  • Salyut
  • Skylab
  • Mir

[editar] Referencias

[editar] Ligazóns externas




Anterior Estación Espacial Rusa:
Mir
Estación Espacial Internacional Anterior estación espacial dos EUA:
Skylab
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu