Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Francisco Pi i Margall - Wikipedia

Francisco Pi i Margall

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Francisco Pi i Margall
Nome completo: Francisco Pi i Maragall
Data de nacemento: 20 de abril de 1824
Lugar de nacemento: Barcelona, España
Data de falecemento: 29 de novembro de 1901
Lugar de falecemento: Madrid, España
Partido político: Partido Demócrata de España
Cargo(s): Presidente do Consello de Ministros, durante a I República
Profesión: Político e escritor

Francisco Pi i Maragall (Barcelona, 20 de abril de 1824 - Madrid, 29 de novembro de 1901). Político, pensador e escritor español, presidente da Primeira República Española dende febreiro de 1873 até xaneiro de 1874. Partidario dun modelo federalista para a Primeira República, soupo unir as influencias de Proudhon para levar a cabo a política do Estado.

Índice

[editar] Primeiros anos

Fillo dun texedor, con sete anos ingresou no seminario; segundo se supón, a súa intelixencia e ansias por saber comezaron a desenvolverse con rapidez. Por aquelas, unha das maneiras que tiñan as xentes humildes de que os seus fillos tiveran estudos era logrando que os admitisen nun seminario. Tras o seu paso polo seminario, e con dezasete anos, Francisco Pi i Margall accedeu á Universidade de Barcelona, onde completou os seus estudos en Filosofía e logo, empezou a carreira de Dereito en 1837, a cal rematou aos 24 anos.

Dende moi pequeno sentiu atración pola literatura. Por elo colaborou co grupo de escritores románticos cataláns, sobre todo con Milá Fontanals e Pablo Piferrer.

En 1842 publicou Cataluña, primeiro e único volume de La España pintoresca, unha ambiciosa obra ilustrada que pretendía recoller todas as rexións de España. Unha época na que se desenrolaba a rexencia de Espartero en na que a cidade se sublevaba contra a política do rexente provocando que a cidade fose cañoneada dende a fortaleza de Montjuic.

Máis tarde, en 1847 transladouse a Madrid onde gañou a vida publicando diversos artigos e facendo critica teatral no diario El Correo, e incluso traballando na banca catalana. Pronto deixou de traballar no diario, o cal fechou pola publicación dun artigo de Pi durante o goberno de Narváez. Ao morrer o seu amigo Piferrer encargouse dos Recuerdos y bellezas de España, unha obra composta por litografías sobre paisaxes españolas; rematando o volume de Cataluña e comezando o de Andalucía, para o cal se desplazou até alí en varias ocasións. Anos máis tarde, comezou a Historia de la pintura, que foi proibida acusada de conter ataques ao cristianismo. Os bispos e arcebispos presionaron de tal maneira sobre o goberno que Juan Bravo Murillo tivo que ordenar a recollida da obra. Pi e o editor libraronse dos tribunais porque a denuncia interposta non foi admitida por estar fóra de prazo. Por suposta, Pi i Maragall tivo que abandonar a redación de Recuerdos y bellezas de España e renunciar á publicación de todo o material que preparara. Os seus artigos nos xornais tiveron que aparecer con seudónimo e todos os rais da reación caeron sobre a súa cabeza cando ese mesmo ano (1851) presentou os seus Estudios sobre la Edad Media, obra que foi proibida pola Igrexa Católica española e non foi publicada até 1873.

Ésta é a portada de 1839 do ambicioso proxecto artístico-literario de once volumes titulado Recuerdos y Bellezas de España.
Ésta é a portada de 1839 do ambicioso proxecto artístico-literario de once volumes titulado Recuerdos y Bellezas de España.

[editar] O home político

En 1848 ingresou no Partido Demócrata e en 1854 deixou de ser un home de letras para adicarse á política. En poucos anos, Pi fíxose resoar no partido comezando a gañar popularidade entre os seus compañeiros e demáis políticos da fación de esquerdas e da socialista.

Participou directamente no levantamento de Madrid de 1854, sendo o autor dunha proclama radical que non foi aceptada pola Xunta Revolucionaria e do panfleto El eco de la revolución, onde se pide o armamento xeneral do pobo e a convocatoria da Cortes Constituíntes por sufraxio universal que establecesen a liberdade de imprenta, a de conciencia, a de ensinanza, a de reunión e a de asociación, entre outras máis. Considerados como plantexamentos demasiado avanzados para a época, Pi tivo que pasar un tempo en prisión.

O mesmo ano espuxo a súa doutrina política en La reacción y la revolución, onde ataca á monarquía, a propiedade omnímoda e ao cristianismo, e bosquexa como solución a revolución democrática de base popular. A pesar de que a obra xa contiña as doutrinas federalistasque defendería durante a sú presidencia, a idea principal que desenrola é a liberdade e a soberanía individual, que se pon por enriba da soberanía popular e polo que é reivindicado polos ácratas.

Durante o Bienio Progresista, o pobo de Barcelona propuxo a Pi i Margall como candidato a Cortes dese ano (1854), mais non sairía elixido. Na segunda volta, por poucos votos de diferencia, foi derrotado por o xeneral Joan Prim, membro do Partido Progresista.

En 1856 fundou a revista La Razón, pero a reacción moderada propiciou a súa desaparición. Durante o ano 1855 e até a súa retirada a Vergara, de onde volveu para traballar en La Discusión, xornal do que acabou sendo director en 1854; Pi i Margall comezara a dar leccións de política e economía nun cuarto da rúa Desengaño. A afluencia de mozos de todas as clases, de obreiros e de intelectuais foise facendo en pouco tempo tan numerosa que enchían corredores e escaleiras. Nestas leccións e conferencias, e até que o goberno llo prohibiu, comezaron a expoñerse as bases republicanas.

Desta época data a súa polémica con Emilio Castelar sobre a concepción individualista ou socialista da democracia -mantendo el a segunda- provocando que a maioría do partido encabezapo po José María Orense negara públicamente que os socialistas fora demócratas; Pi replicou coa denominada Declaración de los Treinta, cuios trinta firmantes do partido calificaban de demócratas a ámbalas duas tendencias. Así, Pi renunciou ao seu posto de director aos seis meses.

[editar] O exilio

[editar] Motivos

Dende 1864 Pi i Margall conspirou en contra da monarquía. Os sucesivos fracasos das insurrecións promovidas por Prim para obrigar a Isabel II a chamar ao goberno aos progresistas, culminaron na sublevación do Cuartel de San Gil e o fusilamento de deceas de sarxentos dese cuartel.

Narváez, dende o goberno, desatou a conseguinte represión xeneralizada. A maioría dos demócratas e dos progresistas tiveron que fuxir a Francia para estar a salvo. Na noite do día 2 de agosto a policía asaltaba a vivenda de Pi i Margall. Afortunadamente, algúen avisarao pouco antes e tivo tempo para fuxir e evitar a súa detención. Permaneceu escondido uns días até que puido inicia a súa fuxida a Francia e chegar a París.

[editar] Un tempo de reflexión

A estancia en París permitiulle profundizar no coñecemento de Proudhon, autor de influencias visibles no pensamento de Pi e cuias principais obras el mesmo traduciría ao español, participando deste modo indirectamente no nacente anarquismo hispano.

Durante o seu exilio francés púxose en contacto cos núcleos positivistas e madurou as súa ideoloxía revolucionaria, baseada na destrución da autoridade para substituila polo libre pacto consecutivo da federación.

[editar] Situación en España

En setembro de 1868, o almirante Topete sublevou a escuadra en Cádiz; Prim incorporouse dende Xibraltar e chegaron a unirse os xenerais de Canarias. As gornicións fóronse sumando á siblevación e Prim, a bordo da fragata Zaragoza, ía gañando para a revolución, unha tras outra, todas as capitais costeiras do litoral mediterráneo. Dimitiu o ditador González Bravo e a raíña Isabel nomeou presidente do goberno ao xeneral José Gutiérrez de la Concha. O exército realista que mandaba o xeneral Pavía foi derrotado na batalla da Ponte de Alcolea polas forzas mandadas polo xeneral Serrano. O 30 de setembro Isabel II e a súa Corte saíron de San Sebastián e cruzaron a fronteira francesa. Nembargantes, Pi non voltou a España e prolongou voluntariamente o seu exilio en París. Desconfiaba dos xenerais e pensaba que o novo réxime tampouco ía acometer as reformas fundamentais que o país necesitaba.

A revolución de La Gloriosa abría as portas a Pi para voltar novemente a España.

[editar] Deputado

Pi decidiuse a voltar do seu exilio en Paris. O Goberno provisional estabñeceu as liberdades fundamentais e o 18 de decembro de 1868, por primeira vez en España, celebráronse unhas elecións municipais por sufraxio universal. Logo, en xaneiro, celebraríanse unhas para deputados.

O Partido Democrático dividiuse en dous: os partidarios dunha monarquía democrática e os partidarios do réxime republicano federal. Pi i Margall, sen ter participado na campañ electoral, foi un dos 85 republicanos que obtivo acta de deputado. Coa división do partido apareceu o Partido Republicano Democrático Federal no que Pi iría destacando entre a minoría republicana.

Francisco Pi i Margall
Francisco Pi i Margall

Pi nunca quixo servir de apoio aos monárquicos nin axudalos, polo que rexeitou a Constitución de 1869, pero con 214 votos a favor e 55 en contra, a constitución de carácter monárquico-democrático aprobouse nas Cortes e estipulou a busca dun novo rei para España.

Os republicanos, detractores da monarquía viaxaron por toda España predicando na súa contra e deleitando ao pobo cos novos plantexamentos dunha república federal para España.

Os republicanso comezaron a molestar ao xeneral Prim -encargado de atopar un novo rei- por elo ofreceu a Castelar e a Pi os cargos de ministro de Facenda e Fomento, pero foi un intento inservible para controlar o movemento republicano, o cal xa non tiña marcha atrás.

Mentras, Pi conseguira unha grandiosa popularidade no seu partido, o que o levou a partires de 1870 a dirixir o partido republicano.

O 16 de novembro votaron os deputados polo novo monarca, entre os favoritos estaban:

  • O príncipe alemán Leopoldo de Hohenzollern, cuia candidatura foi vetada polos franceses.
  • O duque francés de Montpensier, fillo de Luis Felipe de Orleans, rei dos franceses, cuia candidatura foi rexeitada polos alemáns.
  • O príncipe portugués Fernando de Coburgo.
  • O príncipe Amadeo de Saboia, fillo do antigo rei de Cerdeña-Piamonte.
  • O xeneral Baldomero Espartero.

As votacións obtidas foron as seguintes: 191 votos a favor de Amadeo de Saboia, 60 pola República federal, 27 polo duque de Montpensier, 8 polo xeneral Espartero, 2 pola República unitaria, 2 por Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), 1 pola República, 1 pola duquesa de Montpensier e 19 papeletas en branco.

Tras o rexeitamento de Pi polo nomeamento de Amadeo de Saboia, comezou para o partido republicano unha época inestable na que se deberon situar políticamente nunha posición centralista que o partido non puido ocupar por definición.

[editar] Comezo da Primeira República

Bandeira provisional da Primeira República, mentras se diseñaba unha nova tricolor de franxas vermella, branca e azul.
Bandeira provisional da Primeira República, mentras se diseñaba unha nova tricolor de franxas vermella, branca e azul.

O 11 de febreiro de 1873, tras facerse pública a abdicación de Amadeo de Saboia do trono de España mediante o discurso de renuncia, as Cortes proclamaron a Primeira República.

Durante o primeiro goberno da República de Estanislao Figueras, Pi ocupouse do Ministerio da Gobernación no gabinete, fustrando o golpe de estado en contra do presidente. O primeiro goberno, duron do 11 de febreiro até o 11 de xuño. O presidente, ao non poder facer fonte aos problemas de España, exiliouse a Francia e rexeitou o cargo.

"Vacante el trono por renuncia de Amadeo I de Saboya, el Congreso y el Senado, constituidos en las Cortes Soberanas, han reasumido todos los poderes y proclamado la República.]A consolidarla y darle prestigio han de dirigirse ahora los esfuerzos de todas las autoridades que de este Ministerio dependen. Se ha establecido sin sangre, sin convulsiones, sin la más pequeña alteración del orden: y sin disturbios conviene que se la sostenga, para que acaben de desengañarse los que la consideraban como inseparable de la anarquía.Orden, Libertad y Justicia: éste es el lema de la República. Se contrariarían sus fines si no se respetara y se hiciera respetar el derecho de todos los ciudadanos (...). Se le contrariarían también, si no se dejara amplia y absoluta libertad a las manifestaciones de pensamiento y de la conciencia; si se violara el más pequeño de los derechos consignados en el Título I de la Constitución de 1869."

Francisco Pi i Margall, 1873, Ministro de Gobernación: Circular del Ministerio de la Gobernación a todos los Gobernadores de provincias.

[editar] Segundo Presidente da República (11 de xuño - 18 de xullo)

Francisco Pi i Margall en 1873
Francisco Pi i Margall en 1873

Coa dimisión de Figueras, convocáronse novas elecións, nas que Pi i Margall foi nomeado Presidente da República e todo o poder executivo recaeu nel.

O novo presidente recolleu un programa amplo de reformas entre as que destacan:

  • Reparto de terras entre colonos e arrendatarios.
  • Restablecemento do uso do exército como medida de disciplina.
  • Separación entre a Igrexa e o Estado.
  • Abolición da escravitude.
  • Ensinanza obrigatoria e gratuíta.
  • Limitación do traballo infantil.
  • Ampliación dos dereitos de asociación, favorable ás novas asociacións obreiras.
  • Redución da xornada de traballo.

"Piden, hoy los jornaleros que se les reduzca las horas de trabajo. Quieren que se les fijen en ocho al día. No nos parecen exageradas sus pretensiones. No se trabaja más en buen número de industrias. Tampoco en las oficinas del Estado. Sobre que, según laboriosos estudios, no permite más el desgaste de fuerzas que el trabajo ocasiona. Mas ¿es el Estado el que ha de satisfacer estas pretensiones? En la individualista Inglaterra empezó por limitar el trabajo de los niños y las mujeres y acabó por limitar el de los adultos. Dio primero la ley de las diez horas, más tarde la de las nueve. No a tontas ni a locas, sino después de largos y borrascosos debates en la prensa y el Parlamento. Siguió en Francia el ejemplo apenas estalló la revolución de 1848. El trabajo es la vida de las naciones. No vemos por qué no ha de poder librarlo de los vicios interiores que lo debiliten o lo perturben el que lo escudó por sus aranceles contra la concurrencia de los extranjeros. ¿No es acaso de interés general que excesivos trabajos no agoten prematuramente las fuerzas del obrero? ¿No lo es evitar esas cada día más frecuentes y numerosas huelgas que paralizan la producción, cuando no dan margen a sangrientos conflictos? Ni acertamos a explicarnos por qué se ha de tener reparo en fijar las horas de trabajo para los adultos y no fijarlas para las mujeres y los niños. Se las fija para los niños y mujeres pasando por encima de la potestad del padre y la autoridad del marido; y ¿no se las ha de poder fijar para los adultos pasando por encima del bien o mal entendido interés del propietario? Dadas las condiciones industriales bajo las que vivimos, el adulto no necesita de menos protección que la mujer y el niño. Es en la lucha con el capital lo que la caña al ciclón, la arista al viento. El Estado, aun considerándose incompetente para la determinación de las horas de trabajo, podría hacer mucho en pro de los obreros con sólo establecer el máximun de las ocho horas en cuantos servicios y obras de él dependen. Tarde o temprano habrían de aceptar la reforma los dueños de minas, de campos, de talleres, de fábricas. Falta ahora decir que esta reforma exige otras no menos importantes. Si de las diez y seis horas de ocio no invirtiese algunas el jornalero en su educación y cultura, se degradaría y envilecería en vez de dignificarse y elevarse. Se entregaría fácilmente a vicios que desgastarían sus fuerzas con mayor intensidad y rapidez que el trabajo. Para impedirlo es necesario crear en todas partes escuelas de adultos, sobre todo, escuelas donde oral y experimentalmente se explique las ciencias de inmediata aplicación a las artes y los fenómenos de la Naturaleza que más contribuyen a mantener la superstición y el fanatismo; escuelas que podrían ya existir hoy si empleásemos en lo útil lo que gastamos en lo superfluo. La educación y la enseñanza de las clases trabajadoras deberían haber sido hace tiempo la preferente atención, no sólo del Estado, sino también de las Diputaciones de provincia y los Ayuntamientos. De esa educación y de esa enseñanza depende que sea regular o anómalo el curso de la revolución que ahora se inicia por la modesta solicitud de que se reduzca las horas de trabajo. Podrán venir días tristes para la Nación, como no nos apresuremos a llevar luz a la inteligencia de esos hombres y no les abramos los fáciles senderos por donde puedan llegar sin dolorosas catástrofes al logro de sus más lejanas aspiraciones y sus más recónditos deseos. ¿Nos creéis, entonces, se nos dirá, próximos a una revolución social de la que no es sino un proemio la pretensión de que se limite las horas de trabajo? Ciego ha de ser el que no lo vea. En todos los monumentos de la vecina Francia, inclusas las iglesias está esculpida en grandes caracteres la trinidad moderna, algo más inteligible que la de Platón y los teólogos: libertad, igualdad, fraternidad. Conseguida la libertad, empieza la revolución por la igualdad y hace sentir ya del uno al otro confín de Europa la alterada voz de sus muchedumbres y el rumor de sus armas. ¿Hará esta revolución pasar a los pueblos por las mismas convulsiones que la política?"

Francisco Pi y Margall, 1873, Presidente da República: Comunicado sobre la reducción de las horas de trabajo.

Durante a súa presidencia propuxo a Constitución de 1873, que nunca chegou a entrar en vigor.

A pesar de todas as medidas e a proposta de constitución, os acontecementos sobrepasaron a Pi. En algunhas comunidades, vendo que o trámite legal das medidas propostas a favor do federalismo era moi lento, declaráronse independentes adoptando a súa propia política, a súa propia policía, a súa propia emisión de moeda, levantamento de novas fronteiras, leis particulares, etc. Así surxe o cantonalismo que se deu principalmente na zona do levante e Andalucía e causou un gran problema á República.

Ante este panorama, sumado á Guerra dos Dez Anos (independencia cubana), o carlismo e ao feito de vincular a Pi como lider do movemento cantonal, este dimitiu o 18 de xullo.

[editar] Fin da República

Sucedéronse novas elecións e Nicolás Salmerón gañou. Así foi proclamado Presidente tendo entre os seus ministros aos mesmos que tivo Pi. Pi non realizara moitos gastos como Ministro da Gobernación, polo que a República contaba con grandes recursos económicos.

Ante a negativa do presidente, alegando problemas de conciencia, a firmar oito sentenzas de morte, éste dimite o 5 de setembro.

Nas novas elecións Emilio Castelar resultou gañador, por encima de Pi, candidato de nova á Presidencia. Emilio Castelar iba a conseguir atribucións especiais temporais -até o 2 de xaneiro de 1874- que lle permitirían suspender as garantías constitucionais e a suspensión das Cortes até xaneiro, co fin de solucionar os problemas do país.

A grandes rasgos os gobernos da República caracterizaronse por tres problemas: o carlismo, a guerra da independencia cubana e o cantonalismo, ademáis da cantidade de conflitos internos entre os partidos.

[editar] Restauración da Monarquía

Despois da súa dimisión como presidente, Pi intentou refacer a alianza centro-esquerda, pero o golpe de estado por parte do xeneral Pavía frustrou a iniciativa.

Entrada das tropas do xeneral Pavía no Congreso dos Deputados o 3 de xaneiro de 1874. Grabado aparecido en La Ilustración Española y Americana.
Entrada das tropas do xeneral Pavía no Congreso dos Deputados o 3 de xaneiro de 1874. Grabado aparecido en La Ilustración Española y Americana.

Na madrugada do día 3 de xaneiro de 1874 estaban as Cortes reunidas votando un novo presidente que substituíra a Castelar. Deu entón o golpe de estado o xeneral Pavía, que nun primeiro momento ofreceu a presidencia ao dimitido Castelar, que a rexeitou sen contemplacións. Formou goberno o xeneral Serrano provisionalmente até que a monarquía foi restaurada nomeando rei a Alfonso XII da dinastía Borbón.

Acontecidos estes feitos, Pi tivo que abandonar forzosamente a política activa. Adicou o seu tempo á redación dun libro no que quedase recollida a súa ideoloxía republicana e as ideas principais da curta República. Titulado La República de 1873, foi proibido polas autoridades. En maio de 1874, Pi foi vitima dun atentado na súa propia casa, do que afortunadamente saiu ileso. Pouco se sabe da represión que seguiu ao golpe de Pavía e da que tivo lugar nos primeiros anos da Restauración. O propio Pi foi detido e conducido a unha prisión andaluza, onde permaneceu un tempo.

Reinstaurada a monarquía escribiu Las Nacionalidades (1877) onde desenvolveu empiricamente a idea de pacto entre os pobos como principio federativo. Ao reorganizarse o partido en 1880, Pi ocupou a súa xefatuta até a súa morte; foi o autor do proxecto constitucional federal de 1883 e do Programa do Partido Federal de 1894. A pesar de que Pi continuou gozando de un gran respecto e recoñecemento, o seu partido non logrou recuperar moitos adeptos.

Nesta última etapa da súa vida destaca a campaña que, dende as Cortes, e dende el El nuevo régimen (xornal que fundou en 1890), emprendeu a favor da independencia cubana en oposición á guerra contra os Estados Unidos, modelo de democracia republicana e federal.

En 1881, separouse do republicano catalán Valentín Almirall e do catalanismo.

Despois dunha vida política moi activa e importante do século XIX, Francisco Pi i Margall, de setenta e sete anos de idade, morre na súa casa de Madrid, ás seis da tarde do 29 de novembro de 1901.

[editar] Valoración

Pi defendeu sempre a súa ideoloxía republicana federalista contra todos os problemas que se derivaron de elo. Destacou como historiador, xornalista, crítico de arte, filósofo e economista.

A doutrina de Pi denota a influencia de Hegel, Rousseau e de Proudhon, aínda que a influencia deste último non interviu na elaboración do federalismo pactista de Pi, xa que a obra deste é anterior neste punto a de Proudhon. O pensamento de Pi foi un dos máis revolucionarios do século XIX español e, dende o punto de vista do anarquismo, únicamente foi superado polos bakuninistas. Sitúase no cruce de demócratas e socialistas.

[editar] Bibliografía

  • Conangla, J. Cuba y Pi y Margall. La Habana, 1947.
  • Ferrando Badía, Juan. Historia político-parlamentaria de la República de 1873. Madrid: Cuadernos para el Diálogo, 1973.
  • Hennessy, C. A. M. La República Federal en España. Pi y Margall y el movimiento republicano federal, 1868-1874. Madrid: Aguilar, 1966.
  • Jutglar, Antoni. La República de 1873, de Pi y Margall. Barcelona, 1970.
  • Jutglar, Antoni. Pi y Margall y el Federalismo español. 2 vols. Madrid: Taurus, 1974.
  • Martí, C. La orientació de Pi y Margall cap el socialisme i la democracia en Recerques. Barcelona, 1974.
  • Molas, I. Ideari de Francesc Pi y Margall. Barcelona, 1965.
  • Pi y Arsuaga, F. Pi y Margall. Lecciones de federalismo. Barcelona, 1931.
  • Rovira, A. Prólg a La qüestió de Catalunya davant el Federalisme. (Escrits i discurs) de F. Pi y Margall. Barcelona, 1913.

[editar] Obras de Pi i Margall

  • La España Pintoresca, 1841.
  • Historia de la Pintura, 1851.
  • Estudios de la Edad Media, 1851. Publicado por primera vez en 1873.
  • El eco de la revolución, 1854.
  • La reacción y la revolución, 1855.
  • Declaración de los treinta, 1864.
  • La República de 1873, 1874.
  • Joyas literarias, 1876.
  • Las nacionalidades, 1877.
  • Historia General de América, 1878.
  • La Federación, 1880.
  • Observaciones sobre el carácter de Don Juan Tenorio, 1884.
  • Las luchas de nuestros días, 1884.
  • Primeros diálogos, sin datar.
  • Amadeo de Saboya, sin datar.
  • Programa del Partido Federal, 1894.

[editar] Enlaces externos

Primeira República española

Segue a:
Estanislao Figueras
Francisco Pi i Margall
(1873-1873)

Precede a:
Nicolás Salmerón
Presidente do Goberno de España



Presidentes do Goberno da Primeira República Española
Estanislao Figueras | Francisco Pi i Margall | Nicolás Salmerón Alonso | Emilio Castelar
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu