Guerras púnicas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guerras púnicas foram guerras sostidas nos séculos -III e -II entre Roma e Cartago. A causa foi a aparición da república romana como rival económica e militar no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses. A excusa foi a axuda romana ós mamertinos, donos de Mesina en Sicilia, na súa loita contra Hierón de Siracusa, aliado de Cartago.
[editar] Primeira Guerra Púnica (-264 - -241)
Transcurre en Sicilia, as lexións romanas vencen a Amílcar Barca. Principalmente xalonada por batallas navais. A recén creada flota romana derrota a armada cartaxinesa nas illas Egadas. Roma obtén Sicilia, Córsega e Sardeña.
[editar] Segunda Guerra Púnica (-218 - -202)
Aníbal Barca sae de Cartago Nova (Cartaxena, España), conquista Sagunto, aliada de Roma e atravesa os Pireneos e os Alpes. Gaña as batallas de Tesino e Trevia, derrota ó cónsul Flaminio xunto o lago Trasimeno e en Cannas (Apulia). Aníbal, coa súa tropa esgotada retírase a Capua onde espera a chegada de Asdrúbal con reforzos. Pero estes non chegan. Por outra parte, pese a ter ó inimigo en Italia, Roma lanza unha ofensiva contra Cartago. Aníbal vese obrigado a persegui-la flota romana ata África, onde é derrotado por Publio Cornelio Escipión en Zama (-202).
[editar] Terceira Guerra Púnica (-146)
Os cartaxineses rearmanse para facer fronte ós ataques do rei de Numidia. Roma, seguindo a política de Catón (Delenda est Carthago), desembarca na capital con Escipión Emiliano á fronte. Arrasa a cidade e Cartago convértese en provincia romana.