José Ramón Rodil y Campillo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Ramón Rodil y Campillo (Santa María de Trobo, (Lugo), 1789 - Madrid, 1853). Militar e político español.
Tras participar na Guerra da Independencia, seguiu a súa carreira de militar, e foi destinado a Perú en 1817. Gobernador de El Callao, non aceptou a capitulación española e distinguiuse na defensa da plaza, asediada polos independentistas. Voltou a España e serviu a Isabel II. En 1834 pasou a Portugal con 15.000 homes, co fin de lograr a expulsión de aquel país do infante Carlos. En xuño recibiu o mando do exército do Norte, que ostentou soamente uns meses. Foi Ministro da Guerra no goberno de Mendizábal e Calatrava no ano 1836, e durante a rexencia de Espartero, presidente do Consello de Ministros dende 1842 a 1843, cargo do que foi obrigado a dimitir. Posteriormente foi virrei de Navarra e capitán xeral doutras diversas rexións.
[editar] Fontes
- Ficha na web da Presidencia do Goberno (en castelán)
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Antonio González y González |
José Ramón Rodil y Campillo (1842-1843) |
Precede a: Joaquín María López |
Presidente do Goberno de España |