Montes Urais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Montes Urais (Ruso: Ура́льские го́ры = Ура́л) son unha cordilleira que se estende aproximadamente de norte a sur através da Rusia occidental.
Ten unha extensión de 2500 km das estepas casacas ao longo da fronteira norte do Casaquistán ata a costa do Océano Ártico. A illa de Novaya Zemlya (ou Nova Cembla) forma unha continuación da cordilleira. Xeograficamente, esta cadea de montañas marca a fronteira (arbitraria) entre os continentes europeo e asiático. O seu maior cumio é o monte Naroda (Poznurr, 1895 m). A erosión expón unha riqueza considerable en minerais nos Urais, entre os cais o topacio e mais o berilio. As fragas Komi nos Urais do norte están protexidas como Patrimonio Mundial.
Os Urais están entre as cordilleiras mais antigas do mundo, tendose formado no final do período Carbonífero, cando un continente composto principalmente pola Siberia colidiu co supercontinente que contiña a maior parte da terra na época : a combinación da Laurasia (Europa e América do Norte) e Gondwana. Europa e Siberia permaneceron xuntas desde entón.
Os xeógrafos dividen os Urais en cinco rexións: Sur, Central, Norte, Subártico e Urais Árticos.
[editar] Ríos
- Ao oeste dos Urais nace o río Ufa, que corre para o Oeste.
- Ao sur dos Urais nace o río Belaxa, que corre para o Oeste.
- Ao sur dos Urais nace o río Sakmara, que corre para o Sur.
- Ao sur dos Urais nace o río Samara, que corre para o Oeste.
- Ao sur dos Urais nace o río Ural, que corre para o Sur.
Outros importantes ríos da rexión son: Emba, Pecora, Usa, Tavda, Tobol, Tura.
[editar] Cidades
Cidades importantes dos Urais:
- Ekaterinenburg
- Magnitogorsk
- Miass
- Orsk
- Perm
- Salavat
- Serov
- Solikamsk
- Ufa
- Workuta
- Zlatoust