Plaqueta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha plaqueta ou trombocito é un tipo de célula sanguínea con capacidade para agregarse unhas con outras en resposta a diversos estímulos formando coágulos (ou coallos), grazas a que posúen gránulos de substancias activadoras da coagulación. Son fragmentos de citoplasma celular de 3 μm de diámetro. Son irregulares, sen núcleo nin outros orgánulos. O seu ciclo de vida é de 7 a 10 días. A plaqueta é altamente sensible ao seu ambiente e isto é importante para deter a hemorragia, pois participa no proceso de hemostasia.