Santander, Cantabria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Situación de Santander |
|||||
Comarca | Baía de Santander | ||||
Provincia | Cantabria | ||||
Comunidade Autónoma | Cantabria | ||||
Código postal | 39.0XX | ||||
Coordenadas - Latitude   43º 28' N;- Lonxitude |
2º 56' O |
||||
Superficie | 31 km² | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Distancia | 394 km de Madrid | ||||
Poboación - Total (2004) |
183.199 |
||||
Densidade - Total (2004) |
5.406 hab./km² |
||||
Xentilicio | santanderino / santanderina | ||||
Ríos | |||||
Alcalde | Gonzalo Piñeiro García-Lago (Partido Popular) | ||||
Páxina web | www.ayto-santander.es |
Santander é un municipio e cidade portuaria, capital da comunidade autónoma de Cantabria, situada na costa norte de España, entre o Asturias e o País Vasco. Limita cos municipios de Santa Cruz de Bezá e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía.
Índice |
[editar] Poboación
Ano | Poboación |
---|---|
1981 | 180.328 |
1986 | 186.145 |
1991 | 191.079 |
1996 | 185.410 |
2000 | 184.264 |
2004 | 183.799 |
A poboación empadroada no municipio en 2004 era de 183.800 habitantes, polo que case un terzo dos cántabros viven en Santander. A súa tendencia demográfica está practicamente estancada desde 1981, xa que a caída da natalidade e o leve incremento da mortalidade polo elevado número de poboación adulta (en 1996 a idade media era de 40 anos) é compensado por saldos migratorios positivos, fundamentalmente desde comezos dos anos 90. Así mesmo, a escaseza de vivendas na capital e os seus altos prezos trouxo tamén un desprazamento da poboación en idade fértil cara os municipios da periferia, en especial ao denominado "Arco da Baía de Santander" e ao eixo conurbano Santander - Torrelavega.
Máis do 70% da poboación activa traballa no sector terciario, polo que a dependencia económica do comercio e os servizos é moi alta en Santander.
É unha das cidades máis seguras de España cunha taxa de delicuencia no ano 2004 de 37 delitos por cada 1.000 habitantes (17 puntos menos respecto á media española).
[editar] Localidades
- Coto
- Monte
- Nueva Montaña
- Peñacastillo
- San Román de la Llanilla
- Santander (Capital)
[editar] Economía
Como centro de servizos a escala rexional, en Santander localízanse importantes institucións públicas cun gran número de empregados: Hospital Universitario Marqués de Valdecilla, a Universidade de Cantabria, etc. As actividades relacionadas coa cultura, o ocio e o turismo son un importante punto na economía da cidade e tanto desde o goberno rexional como municipal inténtase evitar a estacionalidade no verán dos visitantes con novas ofertas como son a atracción de convencións, congresos, festivais culturais e escalas de cruceiros marítimos. O aeroporto de Santander revitalizouse grazas a novos voos da compañías Ryanair con destino Frankfurt Hahn, Londres Stansted e Roma Ciampino, así como as novas liñas da compañía Air Nostrum. Anteriormente os únicos voos dispoñíbeis voaban destino Madrid e Barcelona. Debido aos altos prezos, os cántabros usan con frecuencia o aeroporto de Bilbao, a unha hora de Santander desprazándose por estrada. Outras comunicacións con Santander son posíbeis grazas ao ferry que une a cidade con Plymouth en Inglaterra e ao transporte por estrada das empresas de autobuses Alsa e Continental-Auto.
[editar] Historia
Durante o Imperio Romano foi coñecida como Portus Vitoriae Iuliobrigensium. O seu nome actual deriva de San Emeterio, de acordo á lenda, un mártir cuxa cabeza se levou a este lugar no século III. En 1187 o rei Afonso VIII nomeou o abade de San Emeterio señor do pobo e dotou á vila dun foro. En 1248 Santander participou, xunto con outras vilas do cantábrico, na batalla pola conquista de Sevilla, recibindo un escudo de armas como recompensa.
Santander era un porto importante para Castela a finais da Idade Media, así como para o comercio co Novo Mundo. En 1755 Fernando VI outorga a Santander o título de Cidade. Até 1900 o desenvolvemento de Santander irá unido ao comercio crecente coas colonias españolas, sendo o porto saída de gran parte dos produtos de Castela. Este auxe económico fixo florecer unha burguesía mercantil que toma protagonismo no desenvolvemento urbano da cidade co Ensanche de Santander e a creación da ciudad-balneario de El Sardinero como destino de veraneo da alta sociedade española a principios do século XX. Durante o reinado de Afonso XIII Santander converteuse no lugar de veraneo favorito da corte. Actualmente continúa sendo un atractivo lugar turístico do norte de España con praias como as de El Sardineiro (2 km de lonxitude) ou Península da Magdalena.
En 1893, declarouse un incendio no vapor de carga biscaíño Cabo Machichaco. Ía cargado ilegalmente con dinamita. Estoupou no porto acabando coa vida dunhas 500 persoas que, alleas ao perigo, observaban como se levaba a cabo a tarefa de extinción. A tremenda explosión destruíu gran parte da zona portuaria.
Posteriormente, en 1941, produciuse un incendio que, avivado por un forte vento Sur, arrasou durante dúas días toda a parte histórica da cidade. Nesta ocasión houbo unha soa vítima, un bombeiro nos labores de extinción, aínda que milleiros de familias perderon os seus fogares deixando a cidade sumida no caos. O incendio destruíu a maior parte da zona medieval e a súa reconstrución estivo precedida por un proceso de renovación urbana que mudou parte importante da configuración da cidade. A necesidade de aloxar un importante número de familias que se quedaron sen casa tras o incendio deu lugar a unha expansión urbana e a unha configuración organicista de Santander. Desde os anos 50 aos 70 o crecemento urbano toma un carácter desordenado e especulativo coa construción de numerosas promocións de bloques de vivendas de escasa calidade e nula urbanización para o aloxamento da poboación traballadora.
Nos últimos decenios o crecemento de Santander desborda a periferia da cidade con construcións inmobiliarias de menor tamaño e destinadas á residencia de primeira e segunda vivenda (esta última de especial importancia). Destaca a zona de El Sardinero que cambia a súa morfoloxía de cidade-xardín a área residencial e de ocio de Santander, a zona de Nova Montaña con terreos industriais recuperados para a actividade residencial e comercial, o cerro do Alisal, a avenida de Los Castros e a expansión urbana ao longo da aba norte da valgada das Llamas.
Nos anos 80 o porto de Santander foi desprazado do centro da cidade e durante os últimos anos Santander está nun proceso de recuperación da súa marxe sur fronte á Baía de Santander. O traslado de toda a actividade portuaria ao Porto de Raos foi paulatino, a excepción do tráfico marítimo de pasaxeiros que se centraliza na súa estación marítima fronte ao Paseo de Pereda.
Actualmente o crecemento da actividade portuaria, o incremento do tráfico de maior valor engadido (vehículos e colectores principalmente fronte aos graneis líquidos e sólidos) que requiren para a súa almacenaxe unha gran cantidade dun chan xa escaso e o insuficiente calado para algúns tipos de buques, está obrigando a Autoridade Portuaria a considerar a construción a longo prazo dun porto exterior fora da baía.
O 29 de xuño de 2005 Santander celebrou o 250 aniversario da concesión do título de Cidade.
[editar] Fauna Urbana
Santander, ao igual que moitas outras cidades costeiras, alberga unha gran cantidade de Gaivotas. A especie máis común é a Gaivota Patiamarela. A ave máis abundante quizais sexa a Pomba Brava. Ambos os tipos de ave provocan problemas na cidade e desde o concello tómanse medidas para reducir o seu número ou polo menos evitar o seu crecemento.