Principado de Asturias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Localización | |||
---|---|---|---|
|
|||
Datos estadísticos | |||
Capital | Oviedo | ||
Superficie - total - % de España |
Posto núm. 10 10 604 Qm² 2,1% |
||
Poboación - Total (2003) - % de España - Densidade |
Posto núm. 12 1 073 971 2,6% 101,28 hab/Qm² |
||
Xentilicio - Castelán - Asturiano - [[ |
astur, asturiano/a asturianu/a asturiano/a |
||
Estatuto de autonomía | 11 de xaneiro, 1982 | ||
ISO 3166-2 | O | ||
Representación parlamentaria - Congreso - Senado |
8 deputados 6 senadores |
||
Presidente | Vicente Alberto Álvarez Areces (PSOE) | ||
Goberno do Principado de Asturias |
Comunidade autónoma situada no norte de España. Limita con Galiza ao Oeste, con Cantabria ao Leste, con Castela e León ao Sur, e co Mar Cantábrico ao Norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e o seu nome oficial é Principado de Asturias (Principau d'Asturies en asturiano) ou simplemente Asturias (Asturies en asturiano). Comprende boa parte do territorio onde se fala a lingua asturiano-leonesa, que conta coa súa propia, Wikipedia, aínda que a parte máis occidental (Terra Eo-Navia) é de fala galega.
Índice |
[editar] Historia
Ocupada por grupos humanos desde o Paleolítico Inferior, durante o superior Asturias caracterizouse polas pinturas rupestres do oriente da Comunidade. No mesolítico desenvolveuse unha cultural orixinal, o asturiense; a continuación introduciuse a Idade de Bronce, caracterizada polos megalitos e túmulos. Na Idade de Ferro, o territorio estivo sometido á influencia cultural celta. O pobo celta dos ástures comprendía tribos como os lugones, pésicos, etc., que poboaron todo o territorio ástur de castros, antigos poboados celtas. A influencia celta aínda perdura hoxe cos topónimos de ríos e montañas, asi como nomes de poboacións.
A conquista romana entre 29 e 19 AdC fixo entrar a Asturias na Historia.
Tras varios séculos sen presenza estranxeira, os suevos e visigodos intentaron ocupar o territorio no século VI, que terminaría a principios do século VIII coa invasión musulmá. O territorio, como sucedera con Roma e Toledo, non foi fácil de someter, establecéndose en 722 unha independencia de facto como Reino de Asturias. A monarquía asturiana daría paso no século X ao Reino de León. Durante os séculos medievais, o illamento propiciado pola cordillera cantábrica fai que as referencias históricas sexan escasas. Tras a rebelión do fillo de Enrique II de Trastámara, establécese o Principado de Asturias. Houbo varios intentos de independencia, os máis coñecidos foron o conde Gonzalu Pelaiz ou a raíña Urraca (a asturiana), que aínda conseguindo importantes vitorias ao final foron derrotados polas tropas castelás.
No século XVI o territorio alcanzou por primeira vez os 100.000 habitantes, número que se duplicou coa chegada do millo americano no século seguinte.
O 8 de maio de 1808, a Xunta Xeral do Principado de Asturias declara a guerra a Francia e proclámase soberana, creando exército propio e enviando embaixadores ao estranxeiro, sendo o primeiro organismo oficial de España en dar ese paso. O 1 de xaneiro de 1820, o oficial Rafael de Riego sublévase en Cádiz proclamando a Constitución de 1812.
A partir de 1830 comeza a explotación do carbón, iniciando a revolución industrial na comunidade. Máis tarde estableceríase a industria siderúrxica e naval.
O 6 de outubro de 1934 comezou unha rebelión na cunca mineira provocada porque os revolucionarios non admitiron a entrada da CEDA no goberno. A Revolución de 1934 tivo a Asturias por escenario principal.
Durante a revolución de 1934, protagonizada polos mineiros das Cuncas, a cidade queda asolada en boa parte: resultan incendiados, entre outros edificios, o da Universidade, cuxa biblioteca gardaba fondos bibliográficos de extraordinario valor que non se puideron recuperar, ou o teatro Campoamor. A Cámara Santa na Catedral, pola súa banda, foi dinamitada.
A Guerra Civil produciu a división de Asturias en dous bandos desde o 18 de xullo. O 25 de agosto de 1937 proclámase en Xixón o Consello Soberano de Asturias e León presidido polo dirixente sindical e socialista Belarmino Tomás, terminando o conflito o 20 de outubro de 1937. Tras vinte anos de estancamento económico, produciuse a definitiva industrialización de Asturias.
Fortemente afectado pola reconversión industrial da década de 1990, o Principado intenta actualmente potenciar a súa abundante paisaxe e os recursos naturais con vistas ao turismo.
[editar] Lingua
O idioma orixinario do pobo de Asturias é o asturiano, aínda que non está oficializado. É un dialecto que deriva directamente do latín. O primeiro texto que se coñece en asturiano é o Fuero de Avilés, que data do ano 1085. O asturiano ten algunhas variantes dentro do Principado. Así mesmo, existen dialectos da mesma raíz astur-leonesa nas zonas de antigo dominio do Reino de Asturias, como en León, Zamora ou a provincia do Tras-os-Montes en Portugal. Tamén se fala o castelán, único idioma que goza do estatus de oficialidade e o galego na parte máis occidental (Terra Eo-Navia).
[editar] Gastronomía
Ten elementos que a emparentan coa cociña galega, normanda e bretona. O prato máis coñecido é a fabada, potente guiso feito con fabes, unha variedade de feixón branco, acompañadas por chourizo, morcela, lacón, e touciño. Isto sérvese aparte e coñécese co nome de compango. Ademais destaca a variedade de peixes frescos e mariscos do cantábrico e a cualidade da súa carne de tenreira e de boi. Existen máis de cen variedades distintas de excelentes queixos artesáns, dos que o de cabrales é o máis popular. Se se prefire unha sobremesa doce, o máis tradicional é o arroz con leite e as casadielles (un tipo de empanadillas recheas dunha mestura de froitos secos como noz, améndoa ou abelá, previamente triturados, mesturados con azucre e regado por anís) ben fritas ou ao forno. A bebida asturiana por excelencia é a sidra.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Véxase tamén
|
|||
Andalucía - Aragón - Principado de Asturias - Illas Baleares - Illas Canarias - Cantabria - Castela-A Mancha - Castela e León - Cataluña - Comunidade Valenciana - Estremadura - Galicia - Comunidade de Madrid - Rexión de Murcia - Comunidade Foral de Navarra - País Vasco - A Rioxa | |||
Cidades autónomas | |||
Ceuta - Melilla | |||
Europa | España |