Tres reinos de Corea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Tres Reinos de Corea | |
---|---|
Mapa dos Tres Reinos de Corea, ó fin do século V |
|
Korean Name | |
Romanización Revisada de Corea | Samguk |
McCune-Reischauer | Samguk |
Hangul | 삼국 |
Hanja | 三國 |
Os Tres Reinos de Corea foron os reinos de Goguryeo, Baekje e Silla, que ocuparon a Península de Corea e Manchuria, entre o S. I a.C. de o S.VII d.C.. Outros pequenos reinos e estados tribais existiron antes e durante dito periodo, incluíndo Gaya, Dongye, Okjeo, Buyeo, Usan, Tamna, etc.
Tradicionalemnte, o periodo faise coincidir co 57 a.C., cando o reino Saro (despois Silla) no surleste da península obtivo a autonomía de China, no imperio da dinastía Han. No norte Goguryeo e no sur o río Yalu (Río Amnok en coreano) tiveron a independencia no 37 a.C. No 18 a.C., dous príncipes Goguryeo mantiveron unha disputa sobre a sucesión e estableceron Beaekje no suroeste da península (hoxe Seúl), con capital en Ungjin (hoxe Gongju or Chongju) e despois en Sabi (hoxe Puyo) no suroeste de Seúl. O reino Gaya foi separado de Beakje no S.I.
O final da dinastía Han, ó comezo do S.III, deixou o desenvolvemento dos tres reinos liberado. Os tres tiñan a mesma cultura. O Confucianismo era a expresión da alta sociedade coreana dende o S.I a.C. Despois foi totalmente desprazado polo Budismo.
Goguryeo, O maior dos tres, tiña dás capitais alternativas. Nangnang (hoxe Pyongyang) e Kungae sobre o río Yalu. Ó comezo, o estado situado sobre o borde da china conquistou pouco a pouco vastosterritorios de Manchuria, e finalmente chisnos dende Nangnang no 313. A influencia cultural china permaneceu, de xeito que o budismo foi a relixión oficial dende 372.
No S.IV, Baekje foi moi próspero e dominou alomenos a metade da península, a súa parte sur.
Renomeado Silla no 503, o coñecido como reino de Silla absorbeu o reino de Kaya ou Gaya dentro das súas fronteiras na metade do S.IV. A capital de Silla era Gumsong (hoxe Gyeongju ou Kyongju). O budismo foi relixión oficial a partires de 528.
Alliado con China, dinastía Tang, Silla conquistou Goguryeo no 668, tras telo feito con Baekje no 660, pasando o período de unificación de silla e poñendo fin o periodo dos Tres Reinos.
O nome "Samguk", ou "Tres Reinos" foi usado nos títulos dos clásicos coreanos Samguk Sagi e Samguk Yusa.