Varsovia - Warszawa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
![]() |
|||||
Información | |||||
País | ![]() |
||||
Superficie | 494.28 km2 | ||||
Poboación | 1.676.600 (2004) | ||||
Alcalde | Hanna Gronkiewicz-Waltz | ||||
![]() |
|||||
www.um.warszawa.pl Páxina Oficial |
En galego: Varsovia; en polaco: Warszawa, en búlgaro: Варшава; en alemán: Warschau; en inglés: Warsaw, en xaponés: ワルシャワ. Nome completo: A Cidade Capital de Varsovia (en polaco Miasto Stołeczne Warszawa), é a capital (desde 1596) e a cidade máis poboada de Polonia. Fica nunha chaira á beira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos. A súa altitude sobre o nivel do mar é de 100 m, para alén existen alguns outeiros (a maioria artificiais) dentro da cidade. O clima é húmido continental, a temperatura media é de 17º C (-5º C en Xaneiro a até 30º en Xullo). Chove uns 680 mm anuais, o mes máis chuvioso é xullo.
A súa poboación no ano 2004 estimábase en 1.693.000 persoas, cunha aglomeración urbana de case 2.760.000. A área total da cidade abrangue 516,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy).
A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academía Médica. En Varsóvia hai para mais de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filarmónica Nacional.
Índice |
[editar] Informacións xerais
Está situada no centro do país, na rexión Mazowsze (é tamén o seu capital), ás beiras do río Wisła (Vistula), a uns 100 metros sobre o nivel do mar.
Ten unha superficie de 494,28 km², ten 1,6 millóns de habitantes.
[editar] Etimoloxía
O nome Warszawa vén do posesivo do nome Warsz, é dicir Warszewa, Warszowa. Segundo as lendas o nome vén dun pescador pobre Wars e unha serea Sawa.
[editar] Emblemas e cores
A partir da segunda metade do século XVII, o emblema da cidade é unha serea coa espada e un protector nas mans, que representa a criatura que - segundo as lendas - ordenou fundar a cidade.
[editar] Tamén hai outras "Varsovias" en
- Varsovia, Illinois
- Varsovia, Indiana
- Varsovia, Carolina do Norte
- Varsovia, Ohio
- Varsovia, Virxinia.