10 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Set- Outubro -Nov | ||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2006 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2005 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2004 |
O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.
9 de outubro < 10 de outubro < 11 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1526 - O voivoda transilvano, Xoán Zapolya faise elixir rei, coa axuda dos turcos, contra Fernando de Hansburgo.
- 1770 - Unha expedición, ao mando de Filipe González, toma posesión da illa de Pascua no nome de España.
- 1789 - Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina.
- 1793 - Comeza a época do Medo, derradeira etapa da Convención Montañesa.
- 1798 - Os británicos ocupan a illa de Menorca.
- 1832 - O comandante da goleta de guerra "Sarandi", Xosé María Pineda, ocupa as illas Malvinas no nome de Arxentina.
- 1840 - Emítese no Reino Unido o primeiro selo de correos.
- 1843 - A raíña Isabel II pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid.
- 1846 - Voda de Isabel II co seu curmán o infante Francisco de Asís, no Palacio Real de Madrid.
- 1856 - Inauguración en Madrid do Teatro da Zarzuela.
- 1868 - Carlos Manuel de Céspedes declara a independencia de Cuba, feito que dá orixe a Guerra dos Dez Anos.
- 1897 - O químico alemán Felix Hoffman sintetiza o ácido salicílico do sabugo, predecesor da aspirina, fármaco que chegaría a ser o máis popular e consumido no mundo.
- 1898 - España: A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e Estados Unidos por mor da illa colonial de Cuba.
- 1902 - Incidentes entre obreiros e a Garda Civil en La Línea, cun saldo de 30 mortos e incontables feridos.
- - Nace o "cabalo mecánico", antecesor do actual tractor.
- 1903 - Estreo en Amberes da ópera “Princesa Raio de Sol”, de Paul Gilson.
- 1908 - Inauguración das obras do túnel de ferrocarril transpirenaico por Canfranc (Huesca).
- - Henri Farman establece un novo récord de velocidade con 52 qm/h.
- 1912 - Os rebeldes derrotan os gobernamentais no Escalón.
- 1913 - O presidente estadounidense, Woodrow Wilson, fai estoura-la carga de dinamita que voa o derradeiro obstáculo para a unión das augas do Atlántico co Pacífico a través da Canle de Panamá.
- 1914 - Fernando I, coroado rei de Romanía.
- 1916 - Os submarinos alemáns estenden o seu radio de acción contra os buques mercantes aliados a todo o Atlántico, até as costas americanas.
- 1918 - Rosa Luxemburgo abandona a prisión preventiva.
- 1919 - Estréase en Viena a ópera “A muller sen sombra”, de R. Strauss.
- - Inglaterra ratifica o tratado de Versalles.
- 1921 - O exército español reconquista o monte Gurugú, fronte a Melilla.
- 1928 - Publícase “O eu e o inconsciente”, de Carl Gustav Jung.
- 1929 - Vólvese a permiti-la entrada no país aos cregos estranxeiros.
- 1931 - Constitución das JONS, pola fusión dos grupos políticos dirixidos por Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo.
- 1932 - Inauguración dunha xigantesca central eléctrica soviética sobre o Dniéper.
- 1933 - Constitúese o cuarto Goberno constitucional da Segunda República española, presidido por Diego Martínez Barrio.
- - A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país.
- 1934 - Inaugúrase en Arxentina o XXXII Congreso Eucarístico Internacional.
- - Restablécese a pena de morte para determinados delitos.
- 1935 - Golpe de Estado que acaba coa República en Grecia. O xeneral Condylis é nomeado rexente para da-lo paso a Monarquía.
- - O consello da Sociedade de Nacións constitúe un comité de sancións para o asunto de Etiopía.
- 1940 - Ataque aéreo británico contra as instalacións portuarias de Cherburgo.
- 1941 - Estréase a película “Fantasía” de Walt Disney.
- - Fracasa o referendo para a anexión de Luxemburgo a Alemaña co 97% de abstencións.
- 1944 - Os soviéticos cercan por completo o grupo de exércitos do norte alemán en Curlandia.
- 1945 - É detido o coronel Perón, ex ditador de Arxentina, o que provoca a dimisión do goberno en pleno.
- 1946 - Apróbase o borrador do tratado de paz entre Italia e Romanía. Albania recobra a súa independencia.
- 1947 - Devolución a Italia dun tesouro en ouro valorado en 25 millóns de dólares, descuberto no norte de Italia polo V exército de EEUU.
- 1950 - Estréase en Barcelona a película “Agustina de Aragón” dirixida por Juan de Orduña e protagonizada por Aurora Bautista.
- 1951 - Estreo en España da película “Sétima páxina”, dirixida por Ladislao Bajad e protagonizada por Rafael Durán, Alfredo Mayo e María Rosa Salgado.
- 1953 - O emperador de Vietnam Bao-Dai reúne os líderes políticos para prepara-las negociacións con Francia, pero o congreso dexenera en pelexa.
- 1954 - Franco presencia en Valencia as manobras da VI flota estadounidense.
- 1955 - O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo.
- 1957 - Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale.
- 1958 - Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congoleño.
- 1962 - 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal.
- 1963 - Estréase en España a película “Matar a un reiseñor”, protagonizada por Gregory Peck.
- - Arxentina: Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación.
- 1964 - Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende Xapón aos Estados Unidos.
- - O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura.
- 1965 - Turquía: A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de Estados Unidos terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas.
- 1966 - España gasta na investigación o 0,2% da súa renda.
- 1967 - Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes para o terzo familiar.
- 1968 - En España 200 mestres non numerarios (PNN) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente.
- - Francia: A asemblea aproba a lei de orientación da ensinanza superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación.
- 1970 - As Illas Fixi obtén a independencia.
- 1971 - O Partido Socialista austríaco, encabezado por Bruno Kreisky, consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional.
- 1972 - A policía retirase das universidades de Madrid, ocupadas dende 1968.
- 1974 - As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores.
- 1978 - Inauguración da mostra de Arte Vasco-78, en Bilbao.
- - Kenia: Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU.
- 1979 - Os vietnamitas de Camboxa acosan os khemeres vermellos, repregados no norte do país.
- 1980 - Centos de mortos nun tremor que sacude a rexión alxerina de Al Asnam.
- 1983 - Isaac Shamir, primeiro ministro do Goberno de Israel.
- - Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto.
- 1984 - Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá.
- - O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza, na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico.
- - Polonia: Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko. Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime.
- 1985 - Nova Celandia: O “Rainbow Warrior”, buque do movemento ecoloxista “Greenpeace” é afundido no porto de Auckland causando un morto. Este feito, xunto coas probas nucleares de Francia no Pacífico provocan o escándalo en París.
- 1986 - Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10.000 e danos materiais a mais de 200.000.
- 1987 - O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km.
- 1988 - Lubomir Strougal, primeiro ministro checoslovaco, presenta a sua dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec.
- 1989 - O ministro de Industria e Enerxía, Claudio Aranzadi, presenta o novo Plan de Enerxías Renovables, polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150.000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE.
- 1991 - Os "doce" aceptan, en Bruxelas, coa oposición do Reino Unido e Portugal, o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo.
- 1992 - Constitución do Patronato do Instituto Cervantes, co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo.
- 1993 - O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos.
- 1994 - Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España.
- 1995 - Prosegue o avance bosnio-croata sobre Bosnia occidental coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most, derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka.
- 1997 - Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL).
- - O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real" por 130 millóns de pesetas.
- 1999 - O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta.
- - O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal, Miguel Ángel Jiménez e Sergio García, gaña por primeira vez a copa Dunhill, considerada como o campionato do mundo por equipos.
- - Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en estrada. Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995.
- 2000 - Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física ‘’ex aequo’’ con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov.
- - Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química.
- 2002 - 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni.
- - Co asasinato en Virxinia dun home que repostaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima.
- - Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática, concéntrase en Caracas para esixi-la dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez.
- - O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”.
- 2003 - O príncipe Johan Friso de Holanda, segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse.
- - O Goberno español denega o indulto aos "Albertos" (Cortina e Alcocer); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental.
- - O rei de Marrocos, Mohamed VI, impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.
[editar] Nacementos
- 1483: - Martín Lutero, teólogo e reformador alemán.
- 1684: - Jean Antoine Watteau, pintor francés.
- 1731: - Henry Cavendish, físico e químico británico.
- 1738: - Benxamin West, pintor estadounidense.
- 1777: - Heinrich von Kleist, poeta e dramaturgo alemán.
- 1813: - Giuseppe Verdi, compositor italiano.
- 1830: - Isabel II, raíña de España.
- 1834: - Aleksis Kivi, escritor finlandés.
- 1839: - Francisco Ginés de los Ríos, filósofo e pedagogo español, fundador da Institución Libre de Ensinanza.
- 1841: - José Calderón Díaz, picador de touros español.
- 1854: - Jerónimo Ximénez, compositor español de zarzuelas.
- 1856: - Luis Mazzantini e Eguia, matador de touros español.
- 1860: - Joan Maragall, escritor español en lingua catalá.
- 1861: - Fridtjof Nansen, explorador noruegués, científico, político, escritor, Premio Nobel da Paz 1938.
- 1892: - Ivo Andric, novelista serbocroata laureado co Premio Nobel de Literatura 1961.
- 1895: - Lin Yutang, escritor chinés.
- 1900: - Helen Hayes, actriz estadounidense.
- 1901: - Albert Giacometti, escultor suízo.
- 1910: - Gilberto Alzate Avendaño, avogado, xornalista e político colombiano
- - Ramón Gaya, pintor e poeta español.
- - Subrahmanyan Chandrasekhar, astrofísico estadounidense de orixe india, Premio Nobel de Física 1983.
- 1913: - Claude Simon, escritor francés.
- 1920: - Thelonious Monk, pianista de jazz e compositor estadounidense.
- 1924: - Ed Wood, cineasta estadounidense.
- - James Clavell, guionista e realizador británico.
- 1930: - Harold Pinter, dramaturgo británico.
- 1942: - Peter Coyote, actor estadounidense.
- 1943: - Jean Jacques Annaud, director de cine francés.
- 1948: - Xabier Aguirresarobe, director de fotografía español.
- 1951: - Jeanette, cantante británica.
- 1956: - Martina Navratilova, campioa estadounidense de tenis de orixe checa.
- 1967: - Thomas Muster, tenista austríaco.
[editar] Mortes
- 1241: - Celestino IV, Papa.
- 1827: - Hugo Fóscolo, poeta e patriota italiano.
- 1837: - Charles Fourier, socialista utópico francés.
- 1856: - Vicente López Planes, poeta e militar arxentino, autor da letra do himno nacional arxentino.
- 1913: - Lucio Mansilla, escritor, militar e diplomático arxentino.
- 1944: - Agustín Fontanella, comediógrafo arxentino.
- 1970: - Edouard Daladier, político francés.
- 1973: - Ludwig von Mises, economista austríaco.
- 1982: - Bernardo Canal Feijoo, escritor, dramaturgo, poeta, pensador e ensaísta arxentino.
- 1983: - Ralph Richardson, actor británico.
- 1985: - Orson Welles, cineasta estadounidense.
- - Yul Brynner, actor estadounidense de cine de orixe rusa.
- 1986: - Antonio di Benedetto, escritor e xornalista arxentino.
- 1991: - Pío Cabanillas Gallas, político español.
- 1999: - Morris West, escritor australiano.
- 2000: - Sirimavo Bandaranaike, política e primeira ministra de Sri Lanka.
[editar] Santoral
- San Gonzalo, Tomé de Villanueva, Claro, Pinito, Paulino, Cerbonio (Bispos); Eulampio e Eulampia, Venancio, Daniel, Samuel, Anxo, León, Nicolao, Hugolino, Xereón, André, Demetrio, Tiberio, Alderico, Basian, Víctor, Casio e Florencio (Mártires); Teófilo (Monxe); Zacarías e Francisco de Borxa (Confesores); Daniel Comboni (fundador dos Misioneiros Combonianos). Calendario Romano: Tesmoforias.
[editar] Festas e celebracións
- Día Mundial da Saúde Mental
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro