Armenia - Հայաստան
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: non ten | |||
![]() |
|||
Idioma | Armenio | ||
Capital | Iereván | ||
Coordenadas da capital | 40° 16' N, 44° 34' E | ||
Cidade máis grande | Iereván | ||
Presidente | Robert Kotcharian | ||
Primeiro ministro | Andranik Markaryan | ||
Área Total | 29 800 km² | ||
Poboación (est. 2003) | 3 326 448 | ||
Independencia |
da Unión Soviética | ||
Moeda | Dram | ||
Hora | UTC +5 | ||
Himno nacional | Mer Hayrenik (A Nosa Patria) | ||
TLD (Internet) | .AM | ||
Código telefónico | 374 |
Armenia é un país localizado no Cáucaso, resultante da desagregación da Unión Soviética. Limita ao norte con Xeorxia, ao leste co Acerbaixán, ao sur con Irán e co enclave acerbaixaní de Nakhicheván, e a oeste con Turquía. Capital: Iereván.
Índice |
[editar] Xeografía
O terreo é principalmente montañoso, con ríos de fortes correntes e poucos bosques. As montañas do Cáucaso atravesan o país do leste ao oeste. O clima é continental de altura: veráns quentes e invernos fríos. O punto máis alto é o Monte Ararat, con 4095 m de altura sobre do nivel do mar.
[editar] Historia
Armenia foi un imperio rexional cunha cultura rica nos anos que antecederon o século I. No 301, Armenia foi o primeiro estado en adoptar formalmente o cristianismo como relixión oficial de estado, doce anos antes de Roma. Oscilou entre diversas dinastías, mais despois dunha sucesión de ocupacións (parta (iraní), romana, árabe, mongol e persa), a Armenia enfraqueceu substancialmente. No 1454, o Imperio Otomano e a Persia Safavida dividiron a Armenia entre si.
[editar] Independencia
No 1813 e 1828, a Armenia actual (que consta dos Khanatos de Ereván e de Karabakh) foi temporariamente incorporada ao Imperio Ruso. O mesmo voltou a suceder coa incorporación da Armenia na URSS no 1920, na condición de RSS da Armenia, despois de existir brevemente como estado independente.
[editar] Xenocidio armenio
Durante os anos finais do Imperio Otomano (1915-1923), unha gran proporción dos armenios que vivían na Anatolia oriental (chamada polos armenios "Armenia Occidental") morreron no coñecido como xenocidio armenio, un esforzo de deportación e erradicación foi levado a cabo polos otomanos co patrocinio do estado turco. As estimacións do número de armenios que foron asasinados durante eses acontecimentos varían entre 200 000 e 1 800 000. A morte desas persoas lémbrana os armenios en todo o mundo o 24 de abril.
[editar] Guerra por Nagorno-Karabakh
Armenia continúa envolvida nun longo conflito co Acerbaixán a propósito do Nagorno-Karabakh, un enclave poboado por armenios que incluiu Stalin no Azerbaixán soviético. Armenia e o Acerbaixán comezaron a loitar polo enclave en 1998 e a guerra estalou despois de obteren os dous países a independencia da Unión Soviética en 1991. En maio de 1994, cando se acordou un alto o fogo, as forzas armenias controlaban non só o Nagorno-Karabakh senón tamén un anaco do propio Acerbaixán. As economías de ambos os dous lados víronse afectadas pola súa incapacidade en facer calquer tipo de progreso substancial cara á resolución pacífica do conflito, e mais por bloqueos económicos mutuos.
[editar] Mapas e imaxes
Commons ten fotos sobre Armenia
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Armenia