Christiaan Huygens
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christiaan Huygens (en holandés: ˈhœy.ɣəns) (A Haia, 14 de abril de 1629 – A Haia, 8 de xullo de 1695, foi un matemático, astrónomo e físico holandés; era fillo do poeta e músico Constantijn Huygens. Estudou leis na Universidade of Leiden e no Colexio de Orange en Breda, antes de se dedicar á ciencia. O historiadores vinculan Huygens con a Revolución científica.
Índice |
[editar] Vida
Huygens naceu en 1629 na Haia na rúa Lange Houtstraat. Seu pai Constantijn Huygens (1596-1687), era diplomático, conselleiro dos Orange e poeta. Súa nai era Suzanna van Baerle (1596-1637), "Sterre" nos poemas de Constantijn. Christiaan escrebeu máis tarde da nai: "era unha grande afeizoada as ciencias naturais".
Christiaan tivo un irmán máis vello, Constantijn, e unha irmá, Suzanna. Christiaan e Suzanna foron retratados por Caspar Netscher. Gracias ao seu pais, Christiaan tivo contactos con grandes sabios do seu círculo como René Descartes. Constantijn, o pai, chamaba ao seu fillo "meu Arquímedes".
[editar] Estudos
Huygens estudou dereito e ciencias na Universidade de Leiden entre 1645 e 1647, sob o estimulante científico Frans van Schooten. Tamén Johan de Witt e Hendrik van Heuraet estudaron ciencias con Van Schooten. Despois foi enviado polo seu pai ao Oranjecollege (Collegium Arausiacum) en Breda, desde onde menteun correspondencia con Van Schooten.
[editar] Obra
[editar] Matemáticas
O seu primeiro traballo (1651) saliente estivo dedicado á cuadratura dos conos. Despois ocupouse do número π (pi), dos logaritmos e dos primeiros rudimentos do cálculo infinitesimal, este posteriormente desenvolvido por Leibniz e Newton. En 1655 escrebeu o primeiro tratado (De ludo aleae: Sobre o xogo de dados) concernente teoría dos dados, polo cal é considerado hoxe como o fundador do cálculo de probabilidades. Mantería correspondencia con Pascal e Fermat sobre o asunto.
[editar] Óptica
Os seus intereses no ámbito das ciencias naturais, conducírono a interesarse pola óptica. Mantivo contactos con Leeuwenhoek, que era un pioneiro na prepación de lentes e constructor de microscopios. Mesmo durante pouco tempo investigou Huygens pequenos obxectos con microscopio. En 1662 Huygens preparou unha combinación de lentes, para tentar unha visión máis clara e eliminar as aberracións ópticas, conseguindo unha lente acromática, o denominado "ocular de Huygens". O desenrolo destas lentes conducíu a unha mellor nitidez das imaxes da cámara escura e da lanterna máxica. Para os seus estudos astronómico, con axuda do seu irmán Constantijn, construíu un telescopio de 4 metrso (12 pés). Christiaan desenvolveu a teoría das ondas para explicar a natureza da luz (explicada no seu Traité de la lumière)
[editar] Astronomía
[editar] Titán, os aneis de Saturno, etc
No 25 de marzo de 1655 descubríu Huygens Titán, a maior das lúas de Saturno (era a segunda vez que se descubría un satélite; Galileo Galilei xa descubrira algúns dos de Xúpiter (planeta)|Xúpiter en 1610). Tamén por medio do telescopio observou que Saturno estaba rodeado por aneis que o circundaban. En 1656 chegou a conclusión que os aneis debían estar formados de rochas. Débeselle tamén o descubrimento das nebulosas e as estrelas dobres. En Systema Saturnium (1659) publicou unha detallada descrición da nebulosa de Orión, realizando mesmo os primeiros esbozos coñecidos dunha nebulosa. Huygens aventurou que estaban formadas de estrelas. Na súa honra a zona máis brillante de Orión é denominada "Rexión de Huygens". Realizou tamén un mapa simple do planeta Marte, describindo a rotación dese planeta e a súa duración, que calculou en aproximadamente 24 horas. Huygens observou tamén o agora coñecido como cometa van Halley.
[editar] Mecánica
Huygens interesouse tamén pola mecánica. Traballou na construcción dun reloxo, que fose práctico para a navegación. En 1658 publicou un libro sobre o asunto, titulado Horologium, logo de obter o reloxo de péndulo. Este seu invento, patentado en 1657, foi unha revolución na súa época. Como consecuencia do invento, Huygens descubríu que o cicloide era unha curva isócrona, aplicandoa aos reloxos de péndulo na forma de molas cicloidais, para asegurar unha oscilación regular fose cal fose a altura do péndulo. Os detalles matemáticos e prácticos do achado foron publicados en "Horologium Oscillatorium sive de motu pendulorum", 1673. Huygens tamén observou que dous péndulos montados na mesma barra poden chegar a oscilar en sentidos opostos perfectamente; chamoulle a esta observación simpatía impar.
[editar] Ciencia fición
No seu libro Cosmotheoros (1698) Huygens especulou detalladamente sobre a vida noutros planetas (asunto tratado xa en 1600 por Giordano Bruno), sostendo que podería existir unha sorte de vida como na Terra.
[editar] Obra escrita
- De iis quae liquido supernatant, 1649 (Os que flotan no líquido)
- Cyclometriae (1651) (Ciclometrías)
- Theoremata de quadratura hyperboles, ellipsis et circuli (Teoremas sobre a cuadratura de hipérboles, elipses e cículos)
- De circuli magnitudine inventa, 1654 (Descubrimentos sobre a magnitude dos círculos)
- De Saturni Luna observatio nova, 1656 (Observación da nova luna de Saturno)
- De ratiociniis in ludo aleae, 1657 (Reflexións sobre os xogos de dados)
- Systema saturnium, 1659 (Sistema de Saturno)
- De motu corporum ex percussione (Sobre o movemento de corpos por golpes)
- Horologium oscillatorium sive de motu pendularium, 1673 (Reloxo oscilatorio ou sobre o movemento de péndulos) ,
- De vi centrifuga, 1673 ( Sobre a forza centrífuga)
- Memoriën aengaende het slijpen van glasen tot verrekijckers (Memoria sobre o pulimento de cristais para telescopios)
- Astroscopia Compendiaria tubi optici molimine liberata, 1684,
- Kort onderwijs aengaende het gebruijck der horologiën tot het vinden der lenghten van Oost en West(1686) (Breve instrucción acerca do uso do reloxo para buscar a lonxitude do Leste e o Oeste)
- Traité de la lumière, 1690 (Tratado da luz)
- Lettre touchant le cycle harmonique, Rotterdam, 1691 (Carta acerca do ciclo harmónico)
- Cosmotheoros(1698)
- Descriptio automati planetarii (Descrición de autómatas planetarios)
- Discours de la cause de la pesanteur (Discurso acerca da causa da gravedade)
- Over de bewegingen van lichamen die botsen (1703, póstuma (Sobre o movemento dos corpos por golpes).
- Novus cyclus harmonicus, Leiden 1724, póstuma (Novo ciclo harmónico)