Creative Commons
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e na actualidade é presidida por Lawrence Lessig, profesor de dereito na Universidade de Stanford e especialista en ciberdereitos.
Esta organización desenvolve plans para axudar a reducir as barreiras legais da creatividade por medio de nova lexislación e as novas tecnoloxías.
Creative Commons está inspirada na licenza GPL (General Public License) da Free Software Foundation. A idea principal é posibilitar un modelo legal con ferramentas informáticas para así facilitar a distribución e o uso de contidos para o dominio público.
Ofrece unha serie de licenzas, cada unha con diferentes configuracións ou principios, como o dereito de autor orixinal para dar liberdade para citar a súa obra, reproducila, crear obras derivadas, ofrecela de xeito público e con diferentes restricións como non permitir o uso comercial ou respetar a autoría orixinal.
Unha das licenzas ofrecidas por Creative Commons é a licenza "Developing Nations" (Nacións en Desenvolvemento). Esta licenza permite que os dereitos de autor e regalías polas obras se cobren só nos países desenvoltos do primeiro mundo, mentras se ofrecen de xeito aberto nos países en vías de desenvolvemento.
Orixinalmente foron redactadas en inglés, mais despois adaptáronse a varias lexislacións arredor do mundo. Entre outras linguas, foron traducidas ó castelán, portugués, catalán e están sendo ó galego a traverso do proxecto International Commons. A nivel iberoamericano hai varios países involucrados no proceso: Brasil, España, Chile e Arxentina, con licenzas traducidas e en funcionamento, e Perú, México, Colombia (entre outros) en proceso de tradución e implementación.
[editar] Licenzas
- Public Domain ou Dominio público
- Developing Nations
- Recombo
- Founder's Copyright
- CC-GNU GPL
- CC-GNU LGPL
- Share Music ou Música compartida
[editar] Ver tamén
- Música libre
- Software libre
- Cultura libre
- Radio libre
[editar] Ligazóns externas
- creativecommons.org, en inglés.
- es.creativecommons.org, en castelán
- Libro sobre Creative Commons: 'La Conquista Silenciosa del Ciberespazo: Creative Commons y el diseño de entornos digitales como nuevo arte regulativo en Internet', do sitio arielvercelli.org (Libro licenciado con Creative Commons, castelán)
- Artículo sobre Creative Commons: 'Creative Commons y la profundidad del Copyright', do sitio arielvercelli.org (castelán)
- Artículo sobre Creative Commons, de navegante.com (castelán)
- Propiedad intelectual y sociedad civil: Right or left? (castelán)
- Sitio de Creative Commons Chile, de creativecommons.cl (castelán)
- Creative Commons para Webmasters, explicación de como se usan estas licenzas (castelán).
- Videos do Lanzamento de Creative Commons Arxentina' (castelán)