Grupo sanguíneo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Existen varios, chamados tamén tipos sanguíneos, segundo a clasificación e mesmo o criterio de fenotipación que se estableza para a marcaxe. Algúns deles son:
- A reacción inmunitaria máis forte parte do factor RH, que pode ser positivo ou negativo (RH+ e RH-);
- Outra clasificación habitual é a que divide nos grupos 0 (cero), A, B e AB. En realidade, estes catro fenotipos responden a un nivel de complexidade de primeiro grao, pois hai outras subclasificacións (sobre todo do grupo A: A1, A2, etc.);
- Existen outras clasificacións: Duffy, Lutheran, etc.
Cada sistema sanguíneo ten unhas características determinadas, en particular para a cuestión de compatibilidade nas doazóns. Mentres o factor RH ou o grupo AB0 poden provocar incompatibilidade materno-fetal por responder a clasificación a parámetros inmunitarios (antíxenos eritrocitarios), outros clasificadores sanguineos indirectos (o sistema secretor) non presentan incompatibilidade en certos casos.
[editar] Antropoloxía
O uso de certos grupos de sangue vense usando dende hai tempo coma marcadores xenéticos para determinar características poboacionais. As anécdotas máis coñecidas son as do traballo de Luigi Luca Cavalli-Sforza, xenetista italiano que asociou a tipoloxía lingüística cos grupos xenéticos nas poboacións, ademais do famoso comentario de Xabier Arzalluz sobre a alta frecuencia do RH negativo nos vascos (o cal por outro lado está demostrado que é certo, tanto para os poboadores de Euskadi coma tamén para os galegos).