Guerra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha guerra é un conflito entre dúas faccións, normalmente armado, e pode remitir tamén a:
- unha guerra Civil, coma a española ou a norteamericana, onde se loita no territorio de só un país porque as dúas faccións teñen ideoloxías distintas;
- unha Guerra Mundial, cada unha das dúas guerras internacionais que se produciron nos períodos de 1914-1917 e 1942-1945. Tiveron coma referente histórico común a loita entre Alemaña xunto cos seus aliados fronte a outro grupo de países (entre eles Francia e Reino Unido), xa que houbo países que modificaron as súas alianzas ou entraron ou non se inmisciron na segunda (EEUU). Con todo, a segunda tivo unha escala mundial pois, ademais de Xapón, entraron na guerra países coma Brasil ou Australia;
- a guerra fría, que foi a tensión militar e escalada armamentística latente que enfrontou ó bloque comunista do Comecon cos países da OTAN trala II Guerra mundial, chegando á máxima crispación coas guerras de Corea, Vietnam e, en Cuba, a fallida invasión da baía de Cochinos en 1961 e a crise dos mísiles de 1962;
- unha guerra de revolución, normalmente de orientación política de esquerdas ou independentista, sendo as máis importantes a Revolución rusa ou soviética de 1917, a cubana, a chinesa, a iraniana ou as guerras de descolonización;
[editar] Véxase Tamén
- Lista de Guerras