Londres - London
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Información | |||||
País | Reino Unido | ||||
Inglaterra | Londres | ||||
Superficie | 1.579 km2 | ||||
Poboación | 7.5 millóns (2005 est.) | ||||
Densidade | 4.761 h/km² | ||||
Alcalde | Ken Livingstone | ||||
www.london.gov.uk Páxina Oficial |
A cidade de Londres (London en inglés) é a capital do Reino Unido e mais da Inglaterra; é unha das maiores cidades da Europa e liderou no pasado a lista das maiores cidades do mundo. Segundo os dados do censo do 2001, actualmente viven 7.172.000 habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 barrios (boroughs) e mais pola cidade de Londres propriamente dita (City of London), nunha área de 1579 km2. A aglomeración urbana ten preto de 11.3 millóns de habitantes.
Dunha cidade romana chamada Londinium, a capital da rexión administrativa romana Britannia, a cidade acabou por se tornar o centro do imperio britanico, contribuindo hoxe en dia co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.
Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milénios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante grande parte da idade media).
Índice |
[editar] Historia
A cidade de Londiniun foi fundada polos Romanos na marxe norte do río Tamisa, arredor do 50 AD. Non hai sinais de que tivera existido unha cidade céltica previamente á poboación romana. Acreditase que se teña tornado a capital da provincia de Britannia no século II. Despois da queda do Imperio Romano, a cidade romana foi praticamente abandonada e unha cidade saxónica co nome de Lundenwic estableceuse no século VII na área que hoxe se chama Aldwych, preto dunha ou dúas millas a oeste,. A área fortificada romana (City) foi reocupada cerca do fin do século IX, comezos do século X. Desde entón retomou o papel de maior cidade de Inglaterra (a pesar de Winchester ter sido a capital ata ao século XII). No século XVIII, Londres xa é a maior cidade do mundo.
Co pasar dos anos, Londres medrou dramaticamente, absorbendo prados, floresta, vilas e cidades, estendendose en todas as direccións. O crecimento para o exterior ten sido interrompido fisicamente (apesar de non ter sido completamente parado), coa criación de unha cintura verde. En anos recentes, o desenvolvimento tense concentrado na zona dos antigos portos (Docklands) e mais en Thames Gateway, ambas áreas no Leste de Londres.
A cidade será a sé dos Xogos Olímpicos do Verán de 2012.O atual prefeito é Ken Livingstone.
[editar] Demografía
Coa indrustrialización, a poboación de Londres medrou rapidamente entre os séculos XIX e XX , e chegou a ser a cidade máis poboada da terra ata que Nova York a superou en 1925, Londres acadou o se cumio de poboación no ano 1939 con 8.615.245 de habitantes.
No ano 2005 según estimacións a cidade tiña unha poboación de 7.517.700 habitantes na súa área. Nembargantes , a cidade expándese cara os seus bordes ( Gran Londres ) chegando ós 8.278.251 habitantes. Londres é a maior cidade da Unión Europea e tamén posue a maior área metropolitana.
- Na lista das maiores cidades segundo a poboaciónLondres ocupa o 15 lugar no mundo.
- Na Lista co maior numero de Billonarios, Londres ocupa o posto 4 de 19
- Xunto coas cidades de Tokyo e Moscova é unha das cidades máis caras do mundo.
Londres é unha das cidades máis multiculturais do Mundo Industrializado, con máis de 300 linguas faladas e máis de 50 comunidades non indíxenas con poboacións de máis de 10.000 habitantes vivindo na cidade. O censo de Londres do ano 2001 amosou que o 27% da poboación de Londres nacera fóra do Reino Unido, e o 29% clasificábase como doutra raza distinta a branca.
En termos relixiosos, Londres é fogar de numerosas comunidades Musulmás, Hindu, Sikh, e xudeas . Moitos musulmáns viven en Tower Hamlets e Newham; o edificio musulmán máis importante é a London Central Mosque no Regent's Park. A comunidade hindu máis importante atopase no noroeste en Harrow e Brent, na última atópase un dos maiores templos hindus de europa o Neasden Temple. As comunidades Sikh localízanse no Oeste e Leste de Londres , o que é fogar de un dos maiores templos Sikh do mundo. A maioria dos Xudeos Británicos viven en Londres, con grandes comunidades xudeas en Stamford Hill (a maior area Xudea Ortodoxa fóra de Nova York e Israel), e Golders Green no norte da cidade.
[editar] Monumentos de Londres
- Abadia de Westminster
- Big Ben
- Casas do Parlamento
- London Bridge
- Museo de Cera (Madame Tusaud)
- Museo Británico
- Palacio de Buckinghan
- Palacio de St. James
- Royal Albert Hall
- Torre Bridge
- Torre de Londres
[editar] Ligazóns externas
- Foro Londres (en castelán)
- Visit London
- London Transport
- London Town
- This is London
- Transport for London
Condados de Inglaterra | ||
---|---|---|
Bedfordshire | Berkshire | Bristol | Buckinghamshire | Cambridgeshire | Cheshire | Cornwall | Cumbria | Derbyshire | Devon | Dorset | Durham | East Yorkshire | East Sussex | Essex | Gloucestershire | Gran Londres | Gran Manchester | Hampshire | Herefordshire | Hertfordshire | Isla de Wight | Kent | Lancashire | Leicestershire | Lincolnshire | Londres | Merseyside | Norfolk | Northamptonshire | Northumberland | North Yorkshire | Nottinghamshire | Oxfordshire | Rutland | Shropshire | Somerset | South Yorkshire | Staffordshire | Suffolk | Surrey | Tyne y Wear | Warwickshire | West Midlands | West Sussex | West Yorkshire | Wiltshire | Worcestershire |