Nixeria - Nigeria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Peace and Unity, Strength and Progres | |||||
Lingua oficial | Inglés | ||||
Capital | Abuja | ||||
Presidente | Olusegun Obasanjo | ||||
Área - Total - % auga |
31º 923.768 km² 1.4% |
||||
Poboación - Total (2004) - Densidade |
9º 137.253.133 148/km² |
||||
Independencia - Data |
do Reino Unido 1 de outubro, 1960 |
||||
Moeda | Naira | ||||
Fuso horario | UTC +1 | ||||
Hino nacional | Arise Oh Compatriots, Nigeria's Call Obey | ||||
TLD (Internet) | .NG | ||||
Código telefónico | 234 |
Nixeria é un dos grandes países de África, limitado a norte polo Níxer, a leste polo Chad (fronteira lacustre, a través do Lago Chad), a leste e ao sul polo Camerún, ao sur polo Golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa illa de Bioko, da Guinea Ecuatorial, e ao oeste polo Benín. Capital: Abuja.
Índice |
[editar] Historia
O Imperio Kanem-Bornu, próximo ao Lago Chad, dominou a parte norte da Nixeria por máis de 600 anos, prosperando como rota de comercio entre os bárbaros norteafricanos e o pobo da floresta. No comezo do século XIX, Usman dan Fodio reuniu a maior parte das áreas do norte baixo o crontrol dun imperio islámico que tiña como centro Sokoto.
Ámbolos reinos de Oyo, no sudoeste, e Benin, no sudeste, desenvolveron sistemas elaborados de organización política nos séculos XV, XVI e XVII. Ife e Benin son coñecidas polas súas grandes obras artísticas en marfil, madeira, bronce e metais.
Entre os séculos XVII e XIX, comerciantes europeos estableceron portos costeiros para o aumento do tráfico de escravos para as Américas. A Compañía Real de Níxer foi criada polo goberno británico en 1886. A Nixeria tornouse un protectorado británico no 1901, e unha colonia no 1914. En resposta ao crecimento do nacionalismo nixeriano ao fin da Segunda Guerra Mundial, o goberno británico iniciou un proceso de transición da colonia para un goberno proprio con base federal, concedendo a independencia total en 1960, tornandose a Nixeria unha federación de tres rexións, cada unha contendo unha parcela de autonomía.
No 1966, dous golpes sucesivos por diferentes grupos militares deixaron o país baixo unha ditadura militar. Os Igbos, grupo dominante etnicamente na rexión leste, declararon a independencia como a República de Biafra no 1967, iniciando unha sanguenta guerra civil que terminou coa sua derrota.
En 1975, un golpe pacífico levou Murtala Ramat Mohammed ao poder, que prometeu un retorno ao estado civil. Entre tanto, el foi morto deseguido, tendo como sucesor Olusegun Obasanjo. Unha nova constitución foi promulgada en 1977, e eleicións foran realizadas en 1979, sendo gañas por Shehu Shagari.
A Nixeria retornou ao goberno militar en 1983, a través dun golpe que estableceu o Supremo Consello Militar como o novo órgao regulamentador do país. Despois das eleccións do 1993, que foron canceladas polo goberno militar, o xeneral Sani Abacha subiu ao poder. Cando el morreu subitamente en 1998, Abdulsalami Abubakar tornouse o líder do SMC, agora coñecido como o Consello Provisorio de Regulamentación. El anulou a suspensión da constitución de 1979 e, en 1999, a Nixeria elexeu a Olusegun Obasanjo como presidente nas suas primeiras eleicións en 16 anos. Obasanjo e mailo seu partido tamén gañaron as turbulentas eleccións de 2003.
[editar] Xeografia
A Nixeria situase no Golfo da Guinea. As suas maiores cidades localizanse nas terras baixas do sur.
A parte central do país é composta por colinas e planaltos. O norte consiste de terras baixas áridas. Os países limítrofes son o Benín, o Níxer, o Chad e mailo Camerún. A floresta e mailos boscos ocorren principalmente no tercio sur do país, que é afectado por chuvias sazonais oriundas do océano Atlántico entre xuño e setembro. Á medida que se segue cara o norte, o país vaise tornando mais seco e a vexetación mais semellante á da sabana. O tercio norte do país incluise na rexión semi-árida do Sahel, que marca o limite sur do deserto do Sahara. A Nixeria está dividida en tres polos rios Níxer e Benue, que chegan ao país vidos de nordeste e noroeste e xuntanse mais ou menos no centro, preto da nova capital, Abuja. De ahí, o rio Níxer acrecentado con auga do Benue flue cara o sur ata desaugar no mar nun grande delta.
- Cidades principais:
|
|
|
|
|
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Vexase tamén
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Nixeria