Osama bin Laden
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Usāmah bin Muhammad bin `Awad bin Lādin (árabe: أسامة بن محمد بن عود بن لادن)(nado en 1957 en Riad), coñecido como Osama ben Laden, é un multimillonario saudí considerado o fundador e a cabeza de al Qaida, unha organización terrorista islamista sunní que está involucrada en ataques contra obxectivos civís e militares en todo o mundo. O goberno dos Estados Unidos indicou a bin Laden o planificador dos ataques do 11 de setembro de 2001.
Procede dunha rica familia saudí orixinaria do Iemen. En 1984 creou Maktab al-Khadamat, unha organización que posibelmente contou coa axuda financeira dos Estados Unidos, Arabia Saudí e Paquistán durante a guerra fría para loitar contra dos soviéticos en Afganistán. En 1988 organiza al-Qaeda, e tras a invasión de Quvait por Iraq en 1990 ofreceu axuda a Arabia Saudí para a súa defensa. Ao se negar o goberno saudí, bin Laden denuncia a presenza norteamericana e pide a saída das tropas estranxeiras do país.
[editar] Ligazóns externas doutros proxectos semellantes
- Osama Bin Laden Video