Quioto - 京都市
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Quioto (ou Kyoto; xaponés: 京都市; Kyōto-shi) é unha cidade na provincia de Quioto no Xapón.
Esta cidade foi a capital do imperio do Xapón, sendo actualmente a capital da provincia de Quioto, ben como a maior cidade da área metropolitana de Osaka-Kobe-Quioto. Quioto foi en tempos coñecida no Ocidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").
Índice |
[editar] Historia
A pesar de existiren vestixios arqueolóxicos que datan a presenza humana nas illas do Xapón por volta de 10.000 a.C., a zona de Quioto só comezou a ser habitada xa no século VII. Durante o século VIII, cando o clero budista se tornou influente xunto do governo imperial, o imperador optou por colocar a capital nunha rexión distante da influencia budista.
A nova cidade, Heiankyō ("capital de Heian") tornouse o asento da corte imperial en 794. Posteriormente, mudouse o nome da cidade para Kyoto (“cidade capital”). Quioto continuou a ser a capital do Xapón ata 1868, cando se deu a transferencia do governo para Edo, a que posteriormente se alterou o nome para Tokyo (“capital Este”). Despois de Edo pasar a ser coñecida por Tóquio, Quioto foi, por un curto período, coñecida por Saikyo (西京 Saikyō, "Capital Oeste"). Nótese que a cuestión de cal é a capital en termos legais é aínda alvo de controversia.
Os Estados Unidos ponderaron alvexar Quioto coa bomba atómica, no que viría a ser o final da Segunda Guerra Mundial, mais, por fin, a cidade foi removida da lista de alvos.
Quioto é a única grande cidade xaponesa que aínda ten bastantes edificios de construción anterior á guerra, como os machiya (casas tradicionais). Con todo, a modernización está a imporse, destruindo a Quioto tradicional en favor dunha nova arquitectura, como o controverso complexo da Estación de Quioto.
En 1997, Quioto foi o local onde decorreu a conferencia de onde resultou o Protocolo de Quioto sobre a emisión de gases produtores de efeito de estufa.
[editar] Xeografía
Quioto localizase na parte medio-occidental da illa de Honshu. Debido ás montañas que a cercan por todos os lados, Quioto é famosa polas súas quentes noites de verán.
A cidade está disposta nun patrón similar a unha grella de acordo coa tradición chinesa. Hoxe en día, a principal zona de negocios localizase nas partes centro e sur da cidade, coa zona norte, moito menos habitada, a manter un aspecto moito máis verdexante.
[editar] Divisións
Quioto dividese en once zonas (ku):
- Fushimi-ku;
- Higashiyama-ku;
- Kamigyo-ku;
- Kita-ku;
- Minami-ku;
- Nakagyo-ku;
- Nishikyo-ku;
- Sakyo-ku;
- Shimogyo-ku;
- Ukyo-ku;
- Yamashina-ku;
[editar] Demografía
De acordo cos dados de 2003, a cidade tiña unha poboación estimada de 1.466.163 habitantes, e unha densidade poboacional de 2403,68 persoas por quilómetro cuadrado, nunha área total de 610,22 quilómetros cuadrados.
[editar] Cultura
Quioto é coñecida pola súa deliciosa cociña local. Ao contrario da rexión vulcánica de Kanto, o solo rico de Quioto permite o cultivo dunha variedade de vexetais e os varios cursos de auga existentes proporcionan boas condicións para a pesca.
Quioto é considerado o centro cultural do Xapón. Durante a Segunda Guerra Mundial, cando os bombardeos varrían o país, Quioto e os seus 1600 templos budistas, 400 locais de culto Shinto, os seus palacios, xardins e edificios foron salvados, tornando Quioto unha das cidades máis ben preservadas de todo o Xapón. Na rexión de Quioto encontramos alguns dos máis famosos templos do Xapón, incluindo:
- Kiyomizu-dera, un magnífico templo de madeira erixido nunha encosta;
- Kinkaku-ji, o Pavillón Dourado;
- Jinkaku-ji, o Pavillón Prateado;
- Heian Jingu, un templo Shinto en louvor da familia imperial (construído en 1895);
- Ryoan-ji, famoso polo seu xardín;
- O templo Shunkoin;
Outros locais de releve dentro e arredor de Quioto incluen o monte Arashiyama e o seu lago pitoresco, a zona de Gion, un antigo bairro de geishas, e os canais que atravesan algunhas das súas ruas máis antigas.
Os “Monumentos Históricos da Antiga Quioto” están clasificados como patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Destes monumentos fan parte os templos Kamo (Kami e Shimo), Kyo-O-Gokokuji (Toji), Kiyomizu-dera, Daigoji, Ninnagi, Saihoji, Tenryuji, Rokuonji (Kinkaku-ji), jishoji (Ginkaku-ji), Ryoan-ji, Honganji, Kozan-ji e o castelo Nijo.
Os nativos de Quioto tamén falan un dialecto xaponés chamado Kyoto-ben, que é unha variación do dialecto Kansai, falado na parte occidental do Xapón. Un exemplo típico é a palabra ookini que significa obrigado.
[editar] Economía
O turismo é a gran base da economía de Quioto. O legado cultural da cidade é constantemente visitado por grupos vidos de escolas de todo o Xapón e turistas estranxeiros.
A indústria da cidade é maioritariamente formada por pequenas fábricas, a maior parte das cais dirixidas por artesáns que producen artesanato tradicional xaponés. A cidade é o centro de produción de quimonos por excelencia. Con todo, estas actividades teñen rexistado unha redución, unha vez que a venda de produtos tradicionais estagnou.
A única industria de dimensión razoábel en Quioto é a electrónica: é na cidade que se situan os cuarteis-xenerais da Nintendo e da Nintendo Xapón, ben como a OMRON Co., a Kyocera Co. (o nome deriva de Kyoto Ceramic) e Murata Manufacturing. Con todo, o crecimento das industrias de alta tecnoloxía non é o suficiente para superar o declinio das indústrias tradicionais, e, como resultado, Quioto está en declive fronte á evolución doutras cidades xaponesas.
[editar] Escolas e universidades
Quioto é coñecida como un dos centros académicos do país, albergando trinta e sete institucións de ensino superior. As tres maiores e máis coñecidas universidades locais son as universidades: Kyoto, Doshisha e Ritsumeikan. Entre estas, a Kyoto University é considerada unha das mellores universidades do Xapón, con varios laureados co Premio Nobel, como Yukawa Hideki.
Quioto ten tamén unha rede de ensino superior única, chamada Consortium of Universities in Kyoto, que disponibiliza os seus cursos como parte do curso que é obtido nas 49 universidades que a constituen.
[editar] Transportes
O Kansai International Airport fica a 72 minutos de Kyoto de tren(o Haruka Expres). Moitos visitantes estranxeiros chegan a Kyoto de Shinkansen, vindos de Toquio, nunha viaxe de aproximadamente dúas horas.
As redes de metro e autobús cobren razoabelmente as necesidades. Con todo, a maior parte dos pontos turísticos da cidade son alcanzábeis a pé. Os autobuses urbanos custan 220 Ienes por viaxe, mais a maneira máis rentábel de viaxar por Quioto de autobús é comprando un pase dun día sen limite de viaxes por 500 Iens.
[editar] Festivais
Realizanse en Quioto os festivais:
- Aoi Matsuri;
- Gion Matsuri;
- Jidai Matsuri;
- Gozan Okuribi;
[editar] Desportos
No futbol, Quioto ten o equipo Kyoto Purple Sanga na segunda división da liga xaponesa.
A pesar da popularidade do viciño equipo de basebol Hanshi Tigers, Quioto nunca tivo un equipo na NPB (Nippon Profesional Baseball). En compensación, os equipos de beisbol do ensino secundario son fortes, con Heian e Toba en particular, a teren bons desempeños no torneo que se disputa anualmente no Koshien Stadium, en Nishinomiya, perto de Osaka.
[editar] Tópicos variados
Quioto está irmandada coas cidades de:
- Boston, estado de Masachusetts, Estados Unidos;
- París, Francia;
- Colonia, Alemaña;
- Florenza, Italia;
- Kiev, Ucrania;
- Xi'an, China;
- Guadalajara, México;
- Zagreb, Croacia;
- Yogyakarta, Indonesia;