New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
San Paulo - São Paulo (cidade) - Wikipedia

San Paulo - São Paulo (cidade)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Centro da cidade de San Paulo, Brasil
Centro da cidade de San Paulo, Brasil

San Paulo (en portugués, São Paulo) é a cidade máis grande de Brasil, e capital do estado de San Paulo. Ten uns 12.677.000 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2004. Sitúase a 430 km da cidade do Rio de Janeiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1020 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuitas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.509 km2, e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km2 e un total de 19 millóns de poboadores, tornandoa así unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.

Índice

[editar] Poboamento

Vista da rexión da Avenida Paulista, en San Paulo
Vista da rexión da Avenida Paulista, en San Paulo

(Véxase tamén: Historia urbana de San Paulo)

Dende a súa fundación ó 1554 ata mediados do século XIX, San Paulo foi inicialmente unha pequena freguesía, ata a súa elevación a cidade, ó 1711. Despois, continuou a ser unha pequena cidade, mesmo cando se tornou na capital da entón provincia de San Paulo, hoxe estado. O seu crecemento só comezou a acelerarse despois da construción do ferrocarril conectando a cidade de Santos (no litoral) ata Jundiaí (no interior do estado de San Paulo), ó 1867 pasando pola cidade de San Paulo. Coa inauguración desa liña, o café, producido no interior do estado, pasou a ser transpotado máis facilmente ata o porto de Santos, e a riqueza producida polo café posibilitou a implantación das primeiras industrias na capital.

Para substituir a man-de-obra escrava utilizada no traballo, cada vez máis escasa a mediados do século XIX ata o fin do rexime escravista en 1888, o Brasil pasou a buscar inmigrantes en Europa interesados en emigrar ao país e empregarse como asalariados. Moitos interesaronse nas posibilidades de traballo, principalmente os italianos. Pero outros destes inmigrantes (un gran número de italianos, e a maioría dos españóis e portugueses) preferiron ir á capital, traballar nas industrias que surxían e no comercio que crecía. As familias propietarias de grandes facendas no interior do estado comezaron a instalarse na rexión da Avenida Paulista a finais do século XIX. A partir de 1908, comezan a chegar os xaponeses, que se establecen no barrio da Liberdade. Os seus decendentes, actualmente espallados por toda a cidade, están totalmente integrados na vida paulistana, ou sexa, da cidade de San Paulo, e forman unha comunidade numericamente importante.

Coa inmigración crecente, a poboación comezou a medrar no inicio do século XX. No ano 1900 eran 240 mil habitantes. Chegou a Primeira Guerra Mundial e a dificuldade de importar, así as industrias creceron, e con elas, a necesidade de man de obra. Despois da Crise de 1929, a baixa do precio do café no exterior dificultou a obtención de diñeiro para as importacións, aumentando o mercado para as industrias locais. Outro impulso veou coa Segunda Guerra Mundial, pola dificuldade de importar manufaturados dos países involucrados no conflito. Nos anos 50 instalouse a industria automobilística no Brasil, e un aumento ainda máis forte da necesidade de man de obra.

Estas expansións da industria ata fins da Primeira Guerra Mundial, atraeron primeiro aos inmigrantes estranxeiros; despois atraeu inmigración de brasileiros, de estados do Noreste e de Minas Xerais. A inmigración de brasileiros intensificouse despois da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos anos 1950 ata 1970. A melloría das condicións de hixiene e saúde despois dos avances da medicina no século XX tamén contribuiron ao aumento das expectativas de vida e redución da mortalidade infantil, posibilitando un aumento acelerado da poboación. No Censo de 1940, a cidade tiña 1,3 millón de habitantes; en 1950 eran 2,2 millóns; en 1960 xa eran 3,8 millóns; en 1970, 5,9 millóns; en 1980 alcanzáronse os 8,47 millóns.

Este vigoroso crecemento nunha escala que non foi coñecida en ningún país europeo, xunto coa demora en crear a súa rede de transporte urbano de alta capacidade (a primeira liña do metro foi inaugurada en 1975), o resultado foron problemas de tráfico urbano e escasez de transporte colectivo, pois as persoas vivian cada vez máis lonxe dos seus locais de traballo. Outra consecuencia do rápido poboamento foi o surximento de vivendas en condicións precarias (no Brasil, chamadas favelas, o, cando surxen en edificacións moito antigas e abandonadas, cortiços), polución do aire (fumes dos vehículos) do solo (lixo) e dos ríos (residuos domésticos e industriais) e ausencia de parques e prazas para lecer da poboación. Hoxe, quedan os problemas dese crecemento non planeado: como ampliar unha avenida para mellorar o transporte na área central, se o custo é moi alto debido ás expropriacións necesarias? Para onde enviar as toneladas de lixo producidas diariamente na cidade? Como fornecer infraestrutura de servizos públicos (incluíndo locais de lecer, como prazas e parques) a tanta xente, en especial nas áreas que non teñen terreos dispoñibles? Cal é o tamaño que debe ter o efectivo policial dunha cidade tan grande? Así, a pesar do moito que se fai, os problemas aumentan nunha escala máis grande que as obras para solucionalos, e moitos déficits (de vivendas dignas, de áreas de lecer, de transporte colectivo eficiente, de seguridade pública e outros) son perceptibles en varias zonas.

[editar] Actividades económicas

A cidade comezou a medrar axiña a partir de fins do século XIX e comezo do século XX, coa inmigración estranxeira, principalmente de italianos e tamén españois e portugueses, que viñan traballar nas primeiras industrias que se instalaban na cidade, principalmente manufacturas de tecidos, metalurxia, alimentos e xabón. As industrias instalaronse próximas ás liñas de ferrocarril, en barrios como Brás, Barra Funda, Belém e Mooca. Ainda hoxe, existen unhas 30 mil industrias na cidade, a maioría pequenas e medias. Unhas poucas quedaran nos barrios antigos. Outras tantas están nos barrios de Santo Amaro e Capela do Socorro, ó sur da cidade. A maioría delas está espallada pola cidade, cercadas por barrios residenciais moi construídos, o que non lles permite gran expansión das plantas. Así, a tendencia futura das industrias máis grandes é abandonar a capital e instalarse no interior ou noutros estados.

Hoxe as principais actividades económicas da cidade son o comercio e mailos servizos. A cidade de San Paulo é sé de importantes bancos brasileiros e de sucursais de bancos extranxeiros no Brasil. Posue tamén rúas de comercio especializado, como a Rúa Santa Ifigenia, no centro da cidade, especializada en artigos eléctricos e electrónicos, o a Rúa 25 de Março e os barrios do Bom Retiro e Brás, especializados en téxteis e roupas, co vendas por maior. Este diversificado comercio maiorista tamén atrae compradores de outros estados e ata de países viciños, que compran en grandes cantidades para revender. Posúe tamén máis de 20 grandes centros comerciais (shopping centers), algúns máis sofisticados, e outros máis populares ou de clase media.

[editar] Transportes

A cidade é atravesada por liñas de ferrocarril que a interligan coas cidades veciñas, nun total de 270 km. Posúe tamén unha rede de 57,6 km de trens subterráneos (metro), insuficiente para a dimensión da cidade (hai barrios situados a máis de 30 km en liña recta do centro, para non mencionar a poboación de cidades veciñas que traballa en San Paulo capital), parcialmente integrada con liñas de omnibus, e que transporta máis de 2 millóns de pasaxeiros por día. Existen máis de 5 millóns de automóbiles rexistrados na cidade, 1 para cada dous habitantes, que, se saísen todos ás rúas, paralisarían o tráfico. Así mesmo, unha grande cantidade de automóbiles sae diariamente ás rúas, pois os ómnibus (máis de 10 mil vehículos, perfazendo unhas 800 liñas) nem sempre utilizan os camiños máis curtos, e hai poucas faixas exclusivas de tráfico para os mesmos (as rúas, mesmo as avenidas, non foran proxectadas para o tamaño de poboación e tráfico actual), o que os torna moitas veces pouco eficientes. Somente a expansión do metro pode evitar o caos no tráfico, pois a tendencia futura é de se concentrar as oficinas comerciais nalguns barrios ao sur da cidade, a 8 ou mais quilómetros do centro, e a poboación medrar en barrios ao leste e nas cidades veciñas a oeste, a 20, 30, ou mais quilómetros do centro.

[editar] Cultura e lecer

A cidade é sé da famosa Universidade de São Paulo, unha das máis importantes universidades públicas do Brasil, e de moitas institucións de ensino superior particulares. Tamén posúe teatros, cinemas (a maioría actualmente concentrada nos shopping centers), librarías, museos, planetario e un Centro Cultural (onde hai unha biblioteca e unha discoteca con diversas obras, algunhas raras), algunhas bibliotecas públicas e un Sambódromo semellante ao de Rio de Janeiro, onde ocorren os desfiles de Carnaval da cidade.

Todos os anos a cidade é sé de unha das competicións do Campeonato Mundial de Fórmula 1: o Grande Prémio do Brasil, disputado no Autódromo de Interlagos, na zona sur da cidade.


[editar] Parque do Ibirapuera

- a 7 km do centro, posui 1,5 km2 de superficie, museus, planetario, locais para exposicións temporárias de arte
  • Museu de Arte de São Paulo (MASP) - situado á Avenida Paulista, posui dende pinturas da Idade Media (doazóns) ata arte moderna (pasando por Clasisismo, Barroco, Romantismo, Realismo e Arte Abstrata)
  • Pinacoteca do Estado - sitúada 2 km ó norte do centro, posui quadros de pintores brasileiros do século XIX e dous esculturas de Rodin
  • Museu de Arte Sacra - coleción de obras relixiosas do barroco portugués e brasileiro
  • Horto Florestal - sitúado ó norte da cidade, dende pasa a liña do Trópico de Capricornio, posui un bosque de Mata Atlántica
  • Parque do Estado - sitúado á zona sur da cidade, nel están o Zoolóxico da cidade (con animais brasileiros e estranxeiros), o Xardín Botánico (espécimes brasileiras e estranxeiras) e un recinto de exposicións
  • Parque da Independéncia e Museu do Ipiranga - sitúados xunto ó local onde Dom Pedro I do Brasil proclamou a independencia do país. O museu garda moviliário e roupas do século XIX e pezas de períodos anteriores.
  • Museu de Arte Contemporánea (MAC) - pertence á Universidade de São Paulo - USP e sitúase en seu campus, coñecido como Cidade Universitária. Ten cuadros de Pablo Picasso, Joan Miró, Wassily Kandinsky, Henri Matisse e tamén de brasileiros, como Tarsila do Amaral, Di Cavalcanti e Cândido Portinari.
  • Memorial do Imigrante: sitúado ó barrio da Mooca, na antiga hospedaría dos inmigrantes que chegaran a San Paulo dende 1887 ata 1978. Garda fotografías, moviliário, listas de pasaxeiros de navíos, co nomes de inmigrantes italianos, españóis, portugueses, xaponeses, e outros obxectos. O visitante pode consultar rexistros dos seus antepasados e parentes de orixe estranxeira que inmigraron para o Brasil.

[editar] Gastronomía

San Paulo e considerada unha capital da gastronomía pola grande cantidade e variedade de restaurantes que tén. Salienta a arte culinaria que veu cos inmigrantes (portugueses, italianos - destacando as súas pizzas e macarróns -, xaponeses, árabes, españois, xudeus, chineses e alemáns), a cociña brasileira do Noreste e de Minas Xerais, o churrasco (carne de gando asada en espetos), a popular feijoada brasileira (prato a base de feixóns negros, carne seca de gando e porco, servida con arroz, couve cocida e mollo de pementa) e ata mesmo a gastronomía francesa e internacional en restaurantes máis sofisticados. Podese ata mesmo mesturar estas influencias culinarias nunha mesma comida: nunha churrascaria, por exemplo, pódese encontrar como acompañamento das carnes as ensaladas, as esfihas árabes, as paellas de orixe española ou os sushis de orixe xaponesa.

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu