Talín - Tallinn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Información | |||||
País | Estonia | ||||
Condado | Harju | ||||
Superficie | 159,2 km2 | ||||
Poboación | 404.311 hab. (2006) | ||||
Densidade | 2.524 h/km² | ||||
Alcalde | Jüri Ratas | ||||
www.tallinn.ee Páxina Oficial |
Tallinn (antigamente: Reval) é a capital e principal porto de Estonia. A cidade atópase no costa norte de Estonia, no Golfo de Finlandia, a 80km ó sur de Helsinki.
Índice |
[editar] Historia
As primeiras pegadas de ocupación humana da zona atópanse no segundo milenio antes da nosa era. Nos séculos IX e X Talín era un centro comercial importante. En 1219 a vila foi conquistada polas tropas danesas que constrúen unha fortaleza en pedra para defendela. Durante a Idade Media a vila era membro da Hansa, en 1346 pasou á Orde dos Cabaleiros Teutónicos, en 1561 pasou aos suecos e en 1710 aos rusos. Bombardeada durante a Segunda Guerra Mundial.
[editar] Poboación
A poboación da cidade é de preto de 500.400 habitantes (2000), rexistrados 401,694 (Marzo de 2005).
Dacordo co Eurostat, a axencia de estatística da Unión Europea, de tódalas cidades capitais dos países membros da UE, Tallinn ten a maior porcentaxe de nacionais de fóra da UE:o 27.8% da poboación non é cidadá da UE. Isto se debe ó gran número de rusos, que participaran na imigración planexada doutras repúblicas da Unión Soviética para Talín e para outras localidades do norte de Estonia. Actualmente, moitos destes emigrantes, así como os seus descendentes, ainda non teñen a cidadanía estoniana. As leis de nacionalidade estonianas tratan de preserva-la identidade nacional, excluíndo moitos cidadáns de orixe rusa da cidadania.
Na cidade a lingua maioritaria é a lingua estoniana, nativa do país (parte do grupo das linguas ugrofinesas) , próxima á lingua finlandesa, xunto co ruso. O inglés e o propio finlandés tamén son bastante comprendidos na cidade.
Evolución da poboación:
1816: 12.000 |
1834: 15.300 |
1851: 24.000 |
1881: 45.900 |
1897: 58.800 |
1925: 119.800 |
1989: 500.000 |
2000: 340.000 |
[editar] Cultura e Educación
Ademáis de Tallinn, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debatirse, aínda que se sabe que é de orixe estoniano. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").
Tallin é sé da Universidade Tecnolóxica de Tallin, ademáis doutras institucións de educación superior, como por exemplo:
- Universidade Pedagóxica de Tallin
- Academia Estoniá da Música
- Academia Estoniá da Arte
- Academia Estoniá da Defensa do Estado
- Instituto de Teoloxía da Iglexa Evanxélica Luterana Estoniá
Deportes
Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Tallinn. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Tallinn, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ó Mar Báltico.
[editar] Xeografia
Talinn está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Tallinn (porto de Muuga).
O maior lago de Tallinn é o Lago Ülemiste (9.6 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O Lago Harku é o segundo maior lago de Tallinn cunha área de 1.6 km². Ó contrario de moitas cidades, o principal río de Tallinn está localizado en Pirita, arrabal da cidade na que as beiras do río están protexidas grazas á súa beleza natural.
O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado no distrito de Nõmme, no sudoeste da cidade.
A cidade de Tallinn posúe unha costa de 46 quilómetros, constituída por tres grandes penínsulas: a península de Kopli, a península de Paljassaare e a península de Kakumäe.
[editar] Transportes
[editar] Aéreo
Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademáis de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinki, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.
[editar] Terrestre
A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara estes destinos e oitras partes do país.
Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.
[editar] Ferry
Varios ferrys conectan a Talín con Helsinki (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).
Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, quenes atravesan o Golfo de Finlandia con ferrys de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e productos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).
[editar] Cidades irmás
- - Dartford, Reino Unido
- - Los Gatos, California, Estados Unidos
- - Schwerin, MV, Alemaña
- - Kiel, Alemaña
- - Ghent, Bélxica
- - Malmö, Suecia
- - Rīga, Letonia
- - Annapolis, Maryland, Estados Unidos
- - Groningen, Países Baixos