Xogos Olímpicos de 1980
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XXII Olimpíada | |
---|---|
Moscova 1980 | |
Estados Participantes | 80 |
Atletas | 5217 |
Eventos | 203 en 21 deportes |
Cerimonia de Apertura | 19 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 3 de agosto |
Apertura oficial | Leonid Brezhnev |
Xuramento do Atleta | Nikolay Andrianov |
Entrada do Facho Olímpico | Sergei Belov |
Local | Central Lenin Stadium |
Os Xogos Olímpicos de 1980, abertos en Moscova, Unión Soviética, polo presidente Leonid Brejnev o 19 de xullo de 1980, contaron com a participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Melbourne, en 1956, debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.
No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.
Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes en Os Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.
Índice |
[editar] Boicot
Dada a invasión soviética de Afganistán, en 1979, os Estados Unidos de América decidiron boicotear os Xogos Olímpicos de 1980. O presidente americano Jimmy Carter deu un ultimato ós soviéticos, o 20 de febreiro de 1980, para a completa retirada das tropas militares de Afganistán. O boicot foi anunciado o 21 de marzo.
Jimmy Carter presionou a outros países para se adherir ó boicot, no que finalmente se adheriron 69 países, incluíndo Alemaña Occidental, Canadá e Xapón. Algúns países occidentais apoiárono, como Francia, Portugal e o Reino Unido, mais deixaron ós seus atletas decidir por eles mesmos se querían ir á Unión Soviética ou non. Porén, eses países mandaron unha delegación de atletas moito menor do que eles normalmente mandan ós Xogos Olímpicos. Por causa diso, Italia foi a principal representante da Europa Occidental nos Xogos de 1980. O boicot afectou severamente moitos eventos.
No total, 80 países competiron nos Xogos de 1980, o número mais baixo dende 1956. Dunha maneira ou outra, os xogos foron ben organizados, e máis marcas olímpicos foron quebradas nos Xogos de 1980 que nos Xogos de 1976, realizados en Montreal.
[editar] Curiosidades
- Por primeira e única vez os Xogos non foron transmitidos exclusivamente por unha rede de televisión americana. A NBC abriu man das transmisións das competicións en virtude do boicot americano, limitándose a transmitir flashes en vídeo-tape das competicións na súa programación diaria, e un pool televisivo formado pola Radio e TV estatal da URSS, a Univision, Eurovision, Televisa mexicana e a canadense CTV foron responsables das imaxes en vivo para todo o planeta.
- Misha, o oso símbolo dos Xogos de Moscova, tornouse a máis popular mascota olímpico da historia. A súa imaxe derramando unha bágoa na cerimonia de clausura do evento, formada por placas movidas por participantes nas arquibancadas do estadio, é unha das máis tenras e emocionantes imaxes destes Xogos.
- O nadador Wladimir Salnikov entrou na historia olímpica por ser o primeiro home en nadar os 1.500m libres, a maratón da natación, en menos de 15 minutos.
- Na disputa do remo, modalidade dous sen patrón, un observador distraído que ollase o podio pensaría que estivese vendo a duplo. Nunha coincidencia extraordinaria e nun feito único, as dúas duplas gañadoras das medallas de ouro e de prata, de Alemaña Oriental e da Unión Soviética, estaban formadas por xemelgos univitelinos idénticos.
- Após a ausencia nos Xogos de Montreal debido ó boicot das nacións africanas, Etiopía estaba de volta mostrando o seu poderío e tradición nas carreiras de fondo, co grande Mirutz Yfter, un home de idade nunca esclarecida, conquistando o ouro nos 5.000 e nos 10.000m, igualando a fazaña do finlandés Lasse Viren en 1976.
- O soviético Aleksandr Dityatin tornouse o nome dos Xogos ó arrebatar oito medallas nos oito eventos masculinos da ximnasia olímpica – tres delas de ouro -, sendo o único ximnasta en conseguir tal feito nunha olimpíada.
- O grande boxeador cubano Teófilo Stevenson marcou o seu lugar na historia como o maior boxeador amateur de todas as épocas en conquistar a súa terceira medalla de ouro seguida na categoría super-pesado.
- O alemán oriental Waldemar Cierpinski igualouse en títulos ó lendario etíope Abebe Bikila conquistando o bi-campionato na maratón olímpica.
- Participando baixo a bandeira olímpica, por mor do boicot tamén promovido polo seu país, os británicos Sebastian Coe e Steve Owett dividiron entre si, en carreiras dramáticas, as medallas de ouro dos 800 e dos 1500m no atletismo.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 80 | 69 | 46 | 195 |
2 | Alemaña do Leste | 47 | 37 | 42 | 126 |
3 | Bulgaria | 8 | 16 | 17 | 41 |
4 | Cuba | 8 | 7 | 5 | 20 |
5 | Italia | 8 | 3 | 4 | 15 |
6 | Hungría | 7 | 10 | 15 | 32 |
7 | Romanía | 6 | 6 | 13 | 25 |
8 | Francia | 6 | 5 | 3 | 14 |
9 | Reino Unido | 5 | 7 | 9 | 21 |
10 | Polonia | 3 | 14 | 15 | 32 |