Wiki
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo WikiWiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. wiki wiki significa "rápido" en hawaiano. Chamado wiki para acortar, o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande WikiWiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.
O obxectivo dunha Wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".
O potencial do Wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Historia dos Wiki
O primeiro WikiWikiWeb foi creado por Ward Cunningham, quen inventou e nomeou o concepto do Wiki, facendo a primeira implementación nun servidor WikiWiki. O Wiki de Ward é aínda popular:
Pódense realizar pescudas en varios wikis dunha soa vez, incluíndo esta web e a de Ward, usando un MetaWiki.
Para que é un Wiki
En principio, un wiki úsase para calquera cousa que os seus usuarios desexen. O formato préstase á colaboración -colaboración que involucra a calquera persoa, que pode facer o que queira coas páxinas-. Wikipedia é un wiki que ten como misión específica ser unha enciclopedia. Así, todas as edicións que se fagan neste wiki deben ir orientadas a ese obxectivo.