Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Xofre (elemento) - Wikipedia

Xofre (elemento)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O xofre ( latín sulfur ) é un elemento químico de símbolo S , número atómico 16 ( 16 prótons e 16 electróns ) e de masa atómica 32 u. Á temperatura ambiente, o xofre encóntrase no estado sólido.

O xofre, un non-metal insípido e inodoro, é facilmente recoñecido na forma de cristais amarelos que ocorren en diversos minerais de sulfito e sulfato, ou mesmo na súa forma pura (especialmente en rexións volcánicas ). O xofre é un elemento químico esencial para todos os organismos vivos, sendo constituinte importante de moitos aminoácidos. É utilizado en fertilizantes, alén de ser constituinte da pólvora, de medicamentos laxantes, de mistos (tamén chamados fósforos) e de insecticidas.

Fósforo - Xofre - Cloro
O
S
Se
Clique para descrición
Xeral
Nome, símbolo, número Xofre, S, 16
Clase , serie química Non-metal , representativo ( calcoxenio )
Grupo, período, bloque 16 ( VIA ), 3, p
Densidade, dureza 1960 kg/m3, 2
Cor e aparencia Amarelo-limón
Image:S16-thumb.jpg
Propiedades atómicas
Masa atómica 32,065 u
Raio atómico calculado 100 (88) picómetro
Raio covalente 102 pn
Raio de van der Waals 180 pn
Configuración electrónica [Ne]3s23p4
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 6
Estados de oxidación (óxido) ± 2, 4, 6 (fortemente ácido)
Estrutura cristalina ortorrómbica
Propiedades físicas
Estado da materia sólido
Punto de fusión 388,36 K
Punto de ebulición 717,87 K
Volume molar 15,53×10-6 m3/mol
Entalpia de vaporización non dispoñíbel
Entalpia de fusión 1,7175 kX/mol
Presión de vapor 2,65×10-20 Pa (388 K)
Velocidade do son non dispoñíbel
Características xerais
Electronegatividade 2,58 (escala de Pauling)
Calor específica 710 X/kg*K
Condutividade eléctrica 5,0×10-22 omh-1 m-1
Condutividade térmica 0,269 W/m*K
1ª Potencial de ionización 999,6 kX/mol
2ª potencial de ionización 2252 kX/mol
3ª potencial de ionización 3357 kX/mol
4ª potencial de ionización 4556 kX/mol
5ª potencial de ionización 7004,3 kX/mol
6ª potencial de ionización 8495,8 kX/mol
Isótopos máis estábeis
iso AN Mea-vida MD ED (Melétron-volt PD
32S 95,02% estábel con 16 neutróns
33S 0,75% estábel con 17 neutróns
34S 4,21% estábel con 18 neutróns
35S sint. 87,32 d β-1 0,167 35Cl
36S 0,02% estábel con 20 neutróns
Unidades SI e CNTP, excepto onde indicado o contrario


Índice

[editar] Características principais

Este non-metal ten unha coloración amarela, mol, fráxil, leve, desprende un odor característico de ovo podre ao mesturarse co hidróxeno, e arde con chama azulada formando dióxido de xofre. É insolúbel en auga, porén disólvese en disulfeto de carbono. É multivalente e presenta como estados de oxidación máis comuns os valores -2, +2, +4 e +6.

En todos os estados, sólido, líquido e gasoso presenta formas alotrópicas cuxas relacións non son completamente coñecidas. As estruturas cristalinas máis comuns son o octaedro ortorrómbico (xofre α) e o prisma monoclínico ( xofre β ) sendo a temperatura de transición de 96ºC; en ambos os casos o xofre encóntrase formando moléculas S8 na forma de anel. As diferentes disposicións destas moléculas é que producen as diferentes estruturas cristalinas. Á temperatura ambiente, a transformación de xofre monoclínico en ortorrómbico, máis estábel, é moi lenta.

Ao fundirse o xofre, obtense un líquido que flúe con facilidade formado por moléculas de de S8 , porén ao quentalo se torna marrón levemente avermellado presentando un aumento na súa viscosidade. Este comportamento débese á ruptura dos aneis formando longas cadeas de átomos de xofre que se enredan entre si diminuindo a fluidez do líquido; o máximo de viscosidade é alcanzado nunha temperatura en torno de 200ºC. Esfriandose rapidamente este líquido viscoso obtense unha masa elástica, de consistencia similar á da goma, denominada xofre plástico (enxofre γ) formada por cadeas que non tiveron tempo para reorganizaren en moléculas de S8; despois de certo tempo a masa perde a súa elasticidade cristalizandose no sistema rómbico. Estudos realizados con raios X mostran que esta forma amorfa pode estar constituida por moléculas de S8 cunha estrutura de hélice en espiral.

No estado de vapor tamén forma moléculas de S8, porén a 780ºC xa se alcanza un equilíbrio con moléculas diatómicas, S2, e aproximadamante por encima de 1800ºC a disociación complétase encontrándose átomos de xofre.

[editar] Aplicacións

O xofre é usado en múltiples procesos industriais como, por exemplo, na produción de ácido sulfúrico para baterías, fabricación de pólvora e vulcanización do caucho. O xofre tamén ten usos como funxicida e na manufactura de fosfatos fertilizantes. Os sulfitos son usados para branquear o papel e nos mistos. O tiosulfato de sodio ou amonio é empregado na industria fotográfica como «fixador», xa que disolve o nitrato de prata; e o sulfato de magnesio (sal Epson) ten usos diversos como como laxante, esfoliante ou suplemento nutritivo para plantas.

[editar] Papel biolóxico

Os aminoácidos cisteína, metionina homocisteína e taurina conteñen enxofre, formando as pontes de disulfeto entre os polipeptídeos, ligazón de grande importancia para a formación das estruturas espaciais das proteínas. É constituinte de algunhas vitaminas, participando na síntese do coláxeno, neutraliza os tóxicos e axuda o fígado na secreción da bilis. É encontrado en legumes como espárragos, allos-porros, allos, cebolas, tamén en peixes , queixos e xema de ovos; diferentemente do inorgánico, o xofre dos alimentos non é tóxico e o seu exceso é eliminado pola urina: a súa deficiencia retarda o crecemento.

As plantas absorben o xofre do solo como ión sulfato, e algunhas bacterias utilizan o sulfuro de hidróxeno da auga como doadores de electróns nun proceso similar a unha fotosíntese primitiva.

Maiores informacións: ciclo do xofre

[editar] Historia

O xofre (do latín sulphur, -ŭris) é coñecido desde a antigüidade. No século IX a.C. Homero xa recomendaba evitar a pestilencia do xofre.

Aproximadamente no século XII, os chineses inventaron a pólvora, unha mestura explosiva de nitrato de potasio (KNO3), carbono e xofre.

Os alquimistas na Idade Media coñecían a posibilidade de combinar o xofre co mercurio.

Soamente nos finais da década de 1770 a comunidade científica convenceuse, a través de Antoine Lavoisier, de que o xofre era un elemento químico e non un composto.

[editar] Abundancia e obtención

O xofre, elemento moito abundante na codia terrestre, é encontrado en grandes cantidades na forma de sulfetos (pirita), (galena) e de sulfatos (xeso). Na forma nativa é encontrado xunto a fontes termais, zonas volcánicas e en minas de cinabrio, galena , esfalerita e estibina. É extraido polo proceso Frasch que consiste en inxectar vapor de auga superenriquecido para fundir o xofre, que posteriormente é bombeado para o exterior utilizándose ar comprimido.

Tamén está presente, en pequenas cantidades, en combustíbeis fósils como ( carbón e petróleo ) cuxa combustión produce dióxido de xofre que combinado á auga dá como resultado a chuvia ácida, por iso, a lexislación dos países industrializados exixe a redución do contido de xofre nos combustíbeis. Este xofre, despois de refinado, constitúe un porcentual importante do total producido mundialmente. Tamén é extraido do gas natural que contén sulfuro de hidróxeno que, unha vez separado, é queimado para a produción do xofre:

2 H2S + O2 → 2 S + 2 H2O

A coloración variada de Io, a lúa volcánica de Xúpiter débese á presenza de diferentes formas de xofre no estado líquido, sólido e gasoso. O xofre tamén é encontrado en varios tipos de meteoritos e, considérase que a mancha escura que se observa próximo ao cráter lunar Aristarco deba ser un depósito de xofre.

[editar] Compostos

Moitos dos odores desagradábeis da materia orgánica débense a compostos de carbono que conteñen o xofre na forma de sulfeto de hidróxeno. Disolvido en auga é ácido ( pKa1 = 7,00, pKa2 = 12,92 ) e reacciona cos metais. Os sulfetos metálicos encóntranse na natureza, sobre todo o de ferro( pirita ) que pode presentar resistencia negativa e a galena, sulfuro de chumbo natural, na cal se observou pola primeira vez o efecto semicondutor rectificado.

O nitreto de xofre polímero (SN)x, sintetizado en 1975 por Alan G. MacDiarmid e Alan X. Heeger, presenta propiedades metálicas, a pesar de estar constituido por non metais con propiedades eléctricas e ópticas non usuais. Este traballo serviu de base para o posterior desenvolvemento, con Hideki Shirakawa, de plásticos condutores e semicondutores que motivou a concesión do Premio Nóbel de Química, en 2000, aos tres pesquisadores.

Os óxidos máis importantes son o dióxido de xofre, SO2, que en auga forma unha solución de ácido sulfuroso, e o trióxido de xofre, SO3, que en solución forma o ácido sulfúrico; sendo os sulfitos e sulfatos os sales respectivos.

[editar] Isótopos

Coñécense 18 isótopos do xofre, catro dos cales son estábeis: S-32 ( 95,02% ), S-33 ( 0,75% ), S-34 ( 4,21% ) e S-36 ( 0,02% ). O S-35, formado a partir da incidencia da radiación cósmica sobre o Argonio-40 atmosférico ten unha vida media de 87 días, os demais isótopos radiactivos son de vida curta.

[editar] Precaucións

O disulfeto de carbono, o sulfeto de hidróxeno, e o dióxido de xofre deben ser manuseados con cautela. Alén de ser bastante tóxico ( máis que o cianureto ), o dióxido de xofre reacciona coa auga da atmosfera producindo a chuvia ácida, e en altas concentracións reacciona coa auga dos pulmóns formando ácido sulfuroso que provoca hemorraxias, enchendo os pulmóns de sangue coa consecuente asfixia. É moi fétido, mesmo en baixas concentracións. Cando a concentración aumenta o sentido do olfacto rapidamente se satura desaparecendo o odor, pasando desperpecebida a súa presenza no ar, deixando as vítimas expostas aos seus efectos, posibelmente letais.



[editar] Ver tamén

Táboa periódica dos elementos


[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu