Acerbaixán - Azərbaycan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: | |||||
![]() |
|||||
Lingua oficial | Azerí | ||||
Capital | Bakú | ||||
Coordenadas da capital | 40° 22' N, 49° 53' E | ||||
Presidente | Ilham Aliev | ||||
Primeiro-ministro | Artur Rasizade | ||||
Área - Total - % auga |
111º maior 86.600 km² Insignificante |
||||
Poboación | 89º mais populoso
|
||||
Independencia   |
(da Unión Soviética) 30 de agosto de 1991 |
||||
Moeda | Manat (AZM) | ||||
Fuso horario | UTC +5 (DST +6) | ||||
Himno nacional | Himno Nacional da República do Acerbaixán | ||||
TLD (Internet) | .AZ | ||||
Código telefónico | 994 |
A República de Acerbaixán atópase no Cáucaso ó borde do Mar Caspio, limita con Rusia polo norte, con Xeorxia e Armenia polo oeste e con Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.
Índice |
[editar] Historia
Pertencente a Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado por Rusia no século XVIII, estando dividido o territorio ata entón en tres provincias: Arran, Shervan e Nakhjavan.
A administración rusa comezou a fins do século XIX a explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Trala revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.
Acadou definitivamente a independencia no 1991.
[editar] Goberno e política
Acerbaixán é unha República presidencial. O Presidente elíxese por un período de 5 anos. O poder lexislativo está en máns da Asemblea Nacional, un organismo elexido democráticamente e que consta de 50 membros.
A maioría de idade está establecida nos 18 anos.
Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todolos niveis.
[editar] Economía
A pesar dos abundantes recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu ó derrumbamento da Unión Soviética.
A economía está basada na industria, incluíndo construción de maquinaria, refinado de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), industria textil e química.
A agricultura representa un tercio do PIB. Os regadíos están moi extendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, frutas, té, tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme de seda é cultivado para o seu aproveitamento na industria téxtil. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería: vacas, ovellas e cabras. No Mar Caspio practícase a pesca, entre a que hai que citar a do esturión.
[editar] Demografía
Arredor do 80% da poboación é etnicamente azerí (musulmáns de lingua pertencente á rama altaica da familia uralo-altaica, igual que, por exemplo, o turco). Este pobo está presente en Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.
O resto da poboación é rusa, armenia e de outras etnias.
[editar] Imaxes
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Acerbaixán