Clarinete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de vento madeira de lingüeta sinxela. Inventouse a mediados do século XVIII a partir do antiguo chalumeau. Entrou a formar parte da orquestra grazas ao uso por parte de Mozart dunha parella deles nas súas sinfonÃas, no Concerto para clarinete e óperas da última época.
Ampliou o timbre do chalumeau e extendeu considerablemente a súa gama alta. O clarinete está afinado en si bemol mentres que o clarinete tenor en mi bemol está afinado unha cuarta máis alta (as bandas militares utilizaban esporádicamente clarinetes en do e en re). O instrumento máis agudo da familia é o requinto, igualmente transpositor en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.
O clarinete tenor en fa e o clarinete baixo están afinados unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente. O clarinete contrabaixo está afinado dos oitavas máis baixas.
Igual que os óboes, os clarinetes séguense fabricando en madeiras duras e escuras (como o ébano), aÃnda que os clarinetes baixos e contrabaixos tamén levan unha cantidade considerable de tubos e pavillóns metálicos. De tonalidade suave, os clarinetes distÃnguense dentro dos instrumentos de vento pola súa capacidade para producir un son igualmente potente en calquera parte da súa gama, extraordinariamente amplia (máis de 3 ½ octavas) asà como un son notablemente suave na parte baixa da gama.