Miguel Ricardo de Álava
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miguel Ricardo de Álava (Vitoria, 7 de febreiro de 1772 - Barèges (Francia), 14 de xullo de 1843). Militar, político e diplomático español.
[editar] Carreira militar
De familia nobre, casou coa súa prima. Cursou os estudos primarios no Seminario de Vergara. En 1785, con 13 anos, ingresou como cadete no Rexemento de Infantería de Sevilla, á fronte do cal estaba o seu tío. Á súa saída da infantería (1790), ingresou na armada. Nesta etapa participou nas accións militares contra Francia e Inglaterra en Ceuta. A súa participación nestes sucesos fixoo ascender con rapidez, e en 1794 xa era Tenente de fragata.
En 1795 embarcou co seu tío nunha expedición que pretendía dar a volta ao mundo, así, permaneceu até 1880 en América do sur. No seu regreso a España foi apresado polos ingleses e liberado meses máis tarde. En 1802 ascendeu a Tenente de navío. Máis tarde participaría na Batalla de Trafalgar sendo ascendido de novo.
[editar] Presidente do Consello de Ministros
Durante a Rexencia de María Cristina,(1837), foi nomeado embaixador en Londres, onde tratou de xestionar a intervanción da Cuádruple Alianza dunha maneira firme e con apoio militar durante a Primeira Guerra Carlista en favor da raíña Isabel II.
Aceptou o cargo de Ministro da Marina, cargo que ocupou dende o 14 de setembro até o 25 de setembro de 1835 co Conde de Toreno. Coa saída deste do goberno, rexieitou continiar no gabinete, aínda que llo pedira Juan Álvarez Mendizábal. Nominalmente foi nomeado Presidente do Consello de Ministros antes de ser nomeado Mendizábal, pero non xurou o cargo pernamencendo en Londres. Finalmente foi nomeado embaixador en París.
Nas disputas entre o Partido Moderado e o Partido Progesista, decantouse por aquelas que apoiaron o Motín de la Granja de San Ildefonso, así como as consecuencias xurídicas que se derivaron dos sucesos coa aprovación da Constitución de 1837, que non xurou até 1838. Voltou á embaixada londinense, máis tarde regresa a España en xuño de 1843, falecendo un mes máis tarde.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: José María Queipo de Llano Ruíz de Saravia |
Miguel Ricardo de Álava (1835-1835) |
Precede a: Juan Álvarez Mendizábal |
Presidente do Goberno de España |