Abruñeiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abruñeiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación cientÃfica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome cientÃfico | ||||||||||||
Prunus espinosa | ||||||||||||
Coñeza toda a BioloxÃa en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O abruñeiro (Prunus spinosa) é un arbusto da familia das rosáceas. Nativo de Europa, Asia e norte de Ãfrica. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais).
As follas son pequenas (2 a 4 cm.), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervos do envés.
As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario con un estilo.
O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. UtilÃzase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira, denomidado en Navarra patxarán.
En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando setos e en bosques isolados. Coñécese tamén como abruño. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira.