Alfarrobeira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfarrobeira | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
siliqua | ||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A alfarrobeira (Ceratonia siliqua) é unha árbore da familia das cesalpináceas. Orixinaria da rexión mediterránea, cultívase polo seu froito, a alfarroba, utilizada com penso.
A alfarrobeira pode medrar ata os 10 m, aínda que o normal é que quede entre 5 e 7 m. Ten unha copa ampla e semiesférica, soportado por un toro groso, de áspera cortiza acastañada, e ponlas varudas. As follas, alternas e de forma oval, teñen entre 10 e 20 cm de longo, as flores son pequenas, de entre 6 e 12 mm de longo, pero moi numerosas. O froito é unha baga azucrada de entre 10 e 20 cm de lonxitude con sementes pequenas e duras, dá entre 15 e 20 por árbore.
A fariña de alfarroba emprégase como aditivo na industria agro-alimentaria.