Antonio Negri
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio Negri, con frecuencia citado como Toni Negri, nacido en 1933 en Padua (Italia) é un filósofo moral e político e un dos autores de cariz marxista que xera máis controversia na actualidade.
Índice |
[editar] Vida e obra
Negri foi membro inicialmente do grupo radical Potere Operaio (Poder Obreiro) e, posteriormente, do grupo Autonomia, escrebendo conxuntamente con moitos outros traballadores e estudantes, vencellados ao movemento autonomista, durante os anos 60 e 70 como son Raniero Panzieri, Mario Tronti, Sergio Bologna, Romano Alquati, Félix Guattari, Mariarosa Dalla Costa e François Berardi. Tempo despois escrebeu para Futur Antérieur con xente como Paolo Virno. E coñecido, porén, principalmente por ser o coautor, xunto con Michael Hardt de Imperio.
Negri foi declarado culpábel e encarcerado, baixo o cargo de ser, el e a súa obra, "culpábeles morais" de actos de violencia, a causa da súa defensa da insurreción armada contra o Estado italiano, durante os anos 60 e 70. No 1983, mentres aínda estaba na cadea preso, foi elixido deputado, sendo liberado en base ao principio de immunidade parlamentaria. Mais exliouse na Franza onde residíu durante 14 anos. En 1997 retornou, por propia vontade, a Italia, sendo encarcerado de novo a fin de que terminase por comprir a súa pena. No 2003 foi libertado se ben está, aínda na actualidade, inhabilitado para exercer cargos públicos e impartir docencia.
A prolífica, iconoclasta, cosmopolita, orixinal e, a miudo, tamén densa e difícil, obra filosófica de Negri investiga os puntos críticos da maior parte dos movementos intelectuais do último século, póndoos ao servicio dunha nova análise marxista do capitalismo. A controvertida tese de Imperio de que a globalización dos mercados mundiais, levada a cabo desde finais da anos 60, ten producido un desenvolvemento sen precedentes do que el nomea a absorción real de a existencia social por parte do capital, toca directamente e, con moita forza, un bon número de temas relacionados con a economía rede, a globalizaciónn e a sociedade da información, polo que conseguíu unha grande repercusión desde o mesmo momento en que foi publicada no ano 2000.
A tese central da obra Imperio, segunda a cal o estado-nación tería retrocedido como formación política primaria para deixar lugar a un mecanismo global de poder, difuso e descentralizado, que denomina, precisamente, "imperio", ten sufrido numerosas críticas, especialmente a partir do rol agresivo e unilateralista adoptado polos Estados Unidos a partir do 11 de setembro.
A influencia de Imperio ten ido en aumento desde a súa publicación e servíu de fonte de inspiración para moitos proxectos arredor do mundo, entre os cales destacan noborders, Libre Society, KEIN.ORG, NEURO-networking europe i D-A-S-H.
A continuación de Imperio, titulada Multitude, foi publicada en agosto de 2004.
Quizais o mellor resumo do proxecto de Negri se debe ao crítico neoliberal John Reilly, que etiqueta Imperio como "un esquema post-moderno para derrocar a Cidade de Deus"
De feito, a relación que tivera Negri con movementos de traballadores católicos e con a teoloxía da liberación a principios dos anos 50 deixou unha profunda pegada no seu pensamento. Unha das súas obras máis recentes A hora da revolución (2003) baséase en temas esbozados por Agostiño de Hipona e máis Baruch Spinoza e pode ser descrita como un intento de encontrar a Cidade de Deus sen axuda de ilusións transcendentais e da teoloxía do poder, do cal Negri atopa trazos en pensadores tan distantes como Martin Heidegger e John Maynard Keynes, mesmo estendendo e correxendo a crítica de Karl Marx á ideoloxía como falsa conciencia.
[editar] Temas centrais da obra de Negri
Entre os temas centrais da obra de Negri figuran o Marxismo, a Antiglobalización, o Anticapitalismo, o Postmodernismo, o Neoliberalismo, a Democracia e a Multitude.
O propio Negri recoñece aa influencia de Michel Foucault, David Harvey (nomeadamente da obra A condición da postmodernidade de 1989), Frederic Jameson (e a obra Postmodernismo oo a lóxica cultural dun capitalismo tardio de 1991) e da obra de Gilles Deleuze e Felix Guattari Anti-Edipo: Esquizofrenia e capitalismo.