Asma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A asma é unha enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración (dispnea).
Este termo procede do grego 'âsthma [arquexar] + -ma (grego)
Non existe unha definición precisa da enfermidade asmática. A Estratexia Global para a Asma (GINA) defínea así: "Inflamación crónica das vías aéreas en que desempeñan un papel destacado certas células e mediadores. Este proceso asóciase a unha hiperresposta dos bronquios que produce episodios de sibilancias (pitos), dispnea (sensación de falta de respiración), opresión torácica e tose, particularmente durante a noite ou madrugada. Estes episodios relaciónanse xeralmente cun maior ou menor grao de obstrución do fluxo aéreo a miúdo reversible de forma espontánea ou con tratamento".
Índice |
[editar] Epidemioloxía
A asma é unha enfermidade frecuente cuxa prevalencia varía moito dun país a outro. Afecta ó redor do 3 ó 7 % da poboación adulta, sendo máis frecuente en idades infantís.
[editar] Mecanismo de produción de Asma
Inda que se coñece que a asma é unha condición causada por unha inflamación crónica da vía aérea, os compoñentes precisos desta inflamación están inda por dilucidar e as causas son incertas. Moitas células inflamatorias poden estar implicadas e interactuar con outras dalgunha maneira complexa.
Existe xa unha evidencia persuasiva de que os mastocitos xogan un importante papel na resposta inmediata ó alérxeno, na asma inducida polo esforzo e no relacionado con alimentos, pero as células responsables da inflamación crónica que provocan a hiperactividade bronquial son os macrófagos, os eosinófilos e linfocitos T; todos eles aparecen activados na asma. Os linfocitos T están programados para producir certas citoquinas (células Th2) que conducen á característica inflamación eosinofílica. Esta programación comprende a células presentadoras de antíxeno, tales como as células dendrítica no epitelio de vía aérea.
O proceso de inflamación crónica pode que conduza a cambios estruturais, como a fibrose, o engrosamento ou hipertrofia do músculo liso bronquial e a anxioxénese o que pode dar lugar a unha obstrución irreversible da vía aérea.
[editar] Anatomía patolóxica
As lesións típicas da asma son:
- fraxilidade do epitelio bronquial.
- infiltrado inflamatorio do epitelio e a submucosa.
- engrosamento da membrana basal.
[editar] Fisiopatoloxía
Na fisiopatoloxía da asma , existen tres fenómenos fundamentais:
- Inflamación: no proceso inflamatorio interveñen : células e mediadores.
- Alerxia.
- Hiperactividade bronquial.
[editar] Formas clínicas de Asma
Clinicamente a asma clasifícase en catro tipos fundamentais:
- asma intermitente.
- asma persistente.
- asma atípica .
- asma refractaria.
[editar] Factores desencadeantes da Asma
- Alerxia.
- Asma profesional.
- Exercicio.
- Fármacos.
- Estrés, emocións.
- Infeccións.
- Refluxo gastroesofáxico.
- Embarazo.
[editar] Asma ocupacional
Definido por aquel tipo de asma que é causado especificamente por exposición a un axente presente no lugar do traballo
[editar] Polimorfismo xenético no tratamento da asma
[editar] Ligazóns exteriores
- Estudos de Caso en Medicina Ambiental - Factores ambientais que provocan asma
- GINA
- RESPIRAR
- Xenética dG asma . Datos de dominio público
- Asma en Vivisimo
- Asma, información en Español
- Medline
[editar] Ligazóns interiores
- Aparato respiratorio
- Enfermidade
- Pulmón
- Xenes e enfermidades