Harry Potter
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harry Potter é o nome dunha serie de novelas fantasía e maxia escritas por J. K. Rowling e os filmes baseados nelas. O protagonista é o mago mozo Harry Potter. A primeira novela, Harry Potter e a pedra filosofal (Harry Potter and the Philosopher's Stone) apareceu en 1997. As novelas teñen como escenario o Colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería, un castelo entre montañas, Harry Potter sempre está acompañado polos seus mellores amigos Hermione Granger e Ron Weasley cando se enfrontan ao bruxo Voldemort.
A serie está previsto que conste de sete libros, dos que polo de agora hai seis publicados. Son 60 linguas ás que se traduciu cando menos un libro da serie.
[editar] Novelas
- Harry Potter e a pedra filosofal
- Harry Potter e a cámara dos segredos
- Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban
- Harry Potter e o cáliz de fogo
- Harry Potter e a Orde do Fénix
- Harry Potter and the Half-Blood Prince