Myanmar - ဴမန္မာ
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional : Xxxxx | |||
Lingua oficial | Birman | ||
Capital | Rangún | ||
Presidente | |||
Primeiro ministro | Soe Win | ||
Superficie - Toteal - % auga |
Clasificado 39 678 500 km² 20 760 km² (3,06%) |
||
Poboación - Total (2003) - Densidade |
Clasificado 27 42 510 537 habitantes 62,7 hab./km² |
||
Independencia | do Reino Unido 4 de xaneiro do 1948 |
||
Moeda | Kyat (MK) | ||
Fuso horario | UTC + 6h30 | ||
Himno nacional | Gba Majay Bma (Nós amamos Birmania) | ||
Internet TLD | .m (antigamente .bu) | ||
Prefixo telefónico | 95 |
Birmania, ou Unión de Birmania en forma longa ou Myanmar (ဴမန္မာ)e Union de Myanmar (ပ္ရည္ထောင္စုမ္ရန္မာနိုင္ငံတော္ denominación utilizada pola ONU), é un país de Asia do Sueste que tén unha fronteira común coa India, Bangladesh, Laos, China e mais Tailandia.
A oposición democrática prefire empregar o nome Birmania facendo referencia ao periodo democratico, mentres que a Xunta, a fin de marcar o troque, impuxo o nome Myanmar (literalmente « país marabilloso ») o que permite unha ruptura co antigo período e perturba a acción das organizacións favorábeis á democracia engrellando a comunicación.
Índice |
[editar] Historia
Birmania, que era reino independente, foi anexionado en 1886 polo Reino Unido, que a converteu en colonia como parte da India. Durante a Segunda Guerra mundial, o país foi ocupado polas tropas xaponesas, e logo liberado.
En 1948 o país devian independante, sendo primeiro ministro U Nu. No 1962 o xeneral Non Win dá un golpe de Estado, e reina durante máis de 26 anos, introducindo reformas marxistas a marchas forzadas.
No 1990 tiveron lugar eleccións libres, mais foron anuladas pola xunta militar.
[editar] Politica
Birmania é membro da ASEAN (Asociación das nacións do Sureste asiatico) e ostentará a súa presidencia no 2006.
Dictatura militar despois do golpe de Estado de setembro do 1988, Birmania é un rexime autoritario. O traballo forzado practicase a miudo. A liberdade de prensa non é respeitada. O exército, con 40 000 homes, non ten enemigo exterior; o seu único papel é o de controlar a poboación.
O partido de oposición dirixido por Aung San Suido Kyi (a Liga nacional pola Democracia ou NLD) gañou as eleccións lexislativas en maio do 1990 con máis do 80% de votos a favor, á sorpresa da xunta que esperaba lexitimar o seu poder. Entón invalidou as elecións. O NLDO loita polo retorno da democracia ao país.
A xunta ten unha posición ambigua cara á opoñente Aung San Suido Kyi, que é moi populario no mundo co seu premio Nobel da paz no 1991. Aung San Suido Kyi escomezou o décimo ano de detención o 24 de outubro 2004.
A politica dos xenerais ocasiona migracións masivas cara a a Tailandia.
O 19 de outubro do 2004, o Primeiro ministro, o xeneral Khin Nyunt foi descartado e autorizado a retirarse por razóns de saúde e asignado a residencia. Foi remplazado por Soe Win, un «duro». Khin Nyunto accedeu ao posto de primeiro ministro en agosto do 2003, el supervisou os servizos secretos birmáns perante máis de vinte anos. El sinara os acordos de alto-o-fogo coas etnias do norte (wa) que podían en troques continuar a cultivar o opio. El orixinou o achegamento á India co que quería utilizar o modelo de abrir o país á democracia. Foi o interlocudor privilexiado das sociedades estranxeiras. O seu sucesor, o xeneral Maung Aye, moi duro,que ocupaba ata entón as funcións de vice-presidente do Consello de Estado pola paz e o desenvolvemento, é igualmente xefe de estado maior. é próximo ao xeneral Tan Shwe, presidente da xunta e comandante en xefe das forzas armadas. Khin Nyunt, 65 anos, encarnaba a via das reformas. Khin Nyunt soubera manter o contacto cos grupos rebeldes representando as minorías étnicas e pór termo aos conflitos armados cos opostos ao rexime e mailos rebeldes. Fai falla esperar que o país non vaia á guerra civil.
Numerosas voces protestan contra as sociedades, coma Total que invisten no país e contra os que fan funcionar o industria do turismo, permitendo a entrada de divisas estranxeiras e axudando asi o goberno actual.
[editar] Subdivisións
Birmania divídese en sete rexións administrativas (Hun-khu) e sete estados (Chiu).
As sete rexions son: Ayeyarwady, Bago, Magway, Mandalay, Sagaing, Tanintaryi e Yangon.
Os sete estados son: Chin, Kachin, Kayin, Kayah, Mon, Rakhin e Shan.
Pricipais cidades : Rangún, Mandalay, Pagan
[editar] Xeografía
[editar] Datos xerais
Poboación : 41 994 678 habitantes (en 2001). 0-14 anos: 29,14 %; 15-64 anos: 66,08 %; + 65 anos: 4,78 %
Superficie : 678 500 km²
Densidade : 61 hab./km²
Fronteiras terrestres : 5876 km (China 2185 km; Tailandia 1800 km; India 1463 km; Laos 235 km; Bangladesh 193 km)
Litoral : 1930 km
Extremidades de altitude : 0 m > + 5 881 m
Esperencia de vida das homes : 54 anos (en 2001)
Esperencia de vida das mulleres : 57 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 0,6 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 20,13 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 12,3 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 73,71 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 2,3 enfantes/muller (en 2001)
Taxa de migración : - 1,84 ‰ (en 2001)
Liñas de telefono : 250 000 (en 2000)
Telefonos portables : 8 500 (en 1997)
Aparatos de radio : 4,2 millóns (en 1997)
Aparatos de television : 320 000 (en 2000)
Usuarios de Internet : 500 (en 2000 : internet autorizado só ao Estado e as enpresas)
Número de proveedores de aceso Internet : 1 (en 2000)
Estradas: 28 200 km (3440 km asfaltadas) (en 1996)
Vias ferreas : 3991 km
Vias navigables : 12 800 km
Número de aeroportos : 80 (dan 9 coas pistas asfaltadas) (en 2000)
[editar] Economía
Artigo detallado : Economía de Myanmar.
[editar] Demografia
[editar] Cultura
A poboación é esencialmente rural e a maioria budista.
As universidades son de novo pechadas desde decembro de 1996 por razóns de seguridade. Segundo a UNICEF, somente o 27% dos nenos terminan a súa escolaridade.
[editar] Ligazóns externas
- En Commons hai fotos de Myanmar
- Un sitio de actualidade oposto ao réxime
- http://www.birmania.net
- Geopium : Xeopolitica das drogas ilicitas en Asia (producción e tráfego de opiaceos no Triangulo do Ouro e o Crecente de Ouro e particularmente en Afganistán e mais en Birmania
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |