Chipre - Κύπρος
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: non ten | |||
lingua oficial Outra |
Grego, Turco Inglés, como segunda lingua |
||
Capital | Nicosia | ||
Presidente | Tassos Papadopoulos | ||
Área | 9.250 km² (1) | ||
Poboación estimada | 771.657 (2002) | ||
Independencia - Data |
do Reino Unido 16 de agosto de 1960 |
||
Moeda | libra chipriota | ||
Fuso horario | UTC +2 | ||
Himno nacional | Imnos pros tin Eleftherian | ||
TLD (Internet) | .CY | ||
Código telefónico | 357 | ||
¹ 3.355 km² forman hoxe en día a República Turca do Norte de Chipre |
Chipre é un estado que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, ó sur de Turquía. Segundo a lei internacional, a illa, no seu todo, é un país independente, mais de facto atópase dividida dende o derradeiro tercio do século XX entre os dous tercios do sur, o Chipre propiamente dito, e maila República Turca do Norte de Chipre, ocupando o tercio norte da illa baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ambolos dous estados teñen capital en Nicosia.
Índice |
[editar] Emprazamento
Chipre emprázase na Asia Occidental (ou no Oriente próximo), aínda que politicamente e culturalmente considérase que pertente á Europa. Historicamente, Chipre foi sempre unha ponte entre Europa e Asia, con períodos de tempo de intercambio de influencias Levantinas, Anatolianas e Gregas.
[editar] División Política
Chipre gañou a independencia do Reino Unido no 1960, co dereito do Reino Unido, Grecia e Turquía de intervir nos asuntos internos do país.
A República de Chipre é o goberno internacionalmente recoñecido da illa, e ésta controla os dous tercios do sur da illa. Case todos os países extranxeiros e as Nacións Unidas recoñecen a soberanía da República de Chipre sobre a enteira illa de Chipre.
Os chipriotas turcos, xunto con Turquía, non aceptan o poder da República no resto da illa e chámanlle a "Autoridade Grega do Sur de Chipre". Eles controlan o tercio norte da illa, continuando a ocupacion militar por Turquía desde 1974.
O territorio Turco-Chipriota proclamou a súa independencia no 1975, e a República Turca do Norte de Chipre estableceuse no 1983. Este acto foi soamente recoñecido por Turquía. Ademais disto, a Organización da Conferencia Islámica, deulle os estatus de membro baixo o nome de "Plataforma Turco Chipriota".
O outro poder con territorio en Chipre é o Reino Unido. Baixo o acordo de independencia, o Reino Unido retivo dous pequenos territorios no costa sur da illa, aredor de Akrotiri e Dhekelia, coñecidas coma áreas base de soberanía británica. Son usadas para acoller bases militares.
[editar] Reunificación
Moitas negociacións foron mantidas para conseguer a reunificación da illa, mais non tiveron moito éxito. Un plan das Nacións Unidas, anunciado o 31 de Marzo do 2004 en Suíza, propuxo un referendo separado en ambos lados o 24 de abril do 2004.
No referendo, a proposta reunificación foi favorabel no lado Turco por unha maioría de 2 a 1, mentras que no lado grego foi rexeitada por unha marxe de 3 a 1. Como resultado, mentras oficialmente todo o Chipre uniríase á Unión Europea o 1 de Maio do 2004, as fronteiras da Unión percorren pola Liña Verde, dividindo o país entre a parte Grega e a Turca.
As leis da Unión non se aplican na parte turca. A Unión prometeu axudar e traballar para o levantamento das sancións económicas impostas polo Tribunal Europeo, pero eles levantaron o recoñecemento diplomático da rexión norte de Chipre.
[editar] Xeografía
Véxase tamén: Xeografía de Chipre
Chipre é unha das grandes illas do Mar Mediterráneo (xuntamente coa Sicilia, Sardeña, Córcega e Creta), a máis oriental de todas, localizada entre a costa sur da Anatolia e a costa mediterranea do Medio Oriente. Xeograficamente, pertence á Asia, aínda que culturalmente sexa unha mestura de elementos europeos e asiáticos, cos europeos a predominar, dado o seu pasado grego e os dous terzos actuais de poboación de orixe grega.
A illa é montañosa, con dúas zonas accidentadas separadas por un val amplo (a Mesaoria), onde se ergue a capital, Nicosia. Ao sudoeste érguense os montes Troodos, que abrigan o ponto máis elevado da illa, o monte Olimpo, con 1.953 m de altitude. Ao norte érguense os montes Kyrenia, unha cordilleira bastante estreita que comeza na costa norte e que se prolonga cara o leste na longa península que confere á illa a súa forma característica. Hai tamén pequenas chairas costeiras no sur.
Nicosia é a maior cidade e a capital coñecida internacionalmente. Outras cidades importantes son Limasol na parte grega e Famagusta na parte turca.
O clima é mediterráneo.
[editar] Ligazóns externas
- República de Chipre
- ikypros.com - Portal de Chipre (en Grego)
[editar] Etimoloxía
O nome deriva da palabra grega para cobre, kyprós. Por iso, en galego, debería dicirse, máis correctamente, Cipro, en vez do galicismo Chipre.
[editar] Vexa tamén
![]() ![]() |
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
|
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
![]() ![]() |
|
Países candidatos: | |
![]() ![]() ![]() |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |