Noruega - Noreg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Noruega. En noruegués (nynorsk): Noreg. En noruegués (bokmål):Norge. En inglés: Norway. En francés: Norvège. En castelán: Noruega. En portugués: Noruega.
|
|||||
Lema real: Alt for Norge (Todo por Noruega) | |||||
![]() |
|||||
Lingua oficial | Noruegués (bokmål e nynorsk), (lapón en seis municipios). | ||||
Capital | Oslo | ||||
Rei | Harald V | ||||
Primeiro-ministro | Jens Stoltenberg | ||||
Área - Total - % gua |
66º maior 386,000 km² 5% |
||||
Poboación - Total (2002) - Densidade |
114º máis poboados 4,525,116 14 h./km²; |
||||
Independencia - Declarada - Recoñecida |
Separación de Suecia 7 de xuño de 1905 26 de Outubro de 1905 |
||||
Moeda | Coroa | ||||
Fuso horario | UTC +1 | ||||
Himno nacional | Ja, vi elsker dette landet | ||||
TLD (Internet) | .NO | ||||
Código telefónico | 47 |
Noruega (bokmål: Norge; nynorsk Noreg) é un país europeo situado na Península Escandinava. Limitado ao norte polo Mar de Barents, ao este pola Rusia, Finlandia e Suecia, ao sur polo estreito de Skagerrak, que a separa da Dinamarca, e a oeste polo Mar do Norte e polo Mar da Noruega. Noruega ten tamén territorios situados lonxe das súas costas:
- Svalbard (inclue Spitzbergen e a Illa dos Ósos)
- Jan Mayen
- Illa Bouvet
O seu clima é bastante rigoroso e é un dos países co máis alto IDH (Índice de Desenvolvemento Humano), xuntamente con países como Dinamarca, Países Baixos, e Suecia.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia da Noruega
[editar] Política
Artigo principal: Política da Noruega
[editar] Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Noruega
[editar] Xeografía
Posúe unha área de 324 220 km2, unha parte da cal se distribúe por máis de 150 mil illas. Na área continental, predomina a paisaxe de montañas, platos e fiordos. A Noruega fai fronteira coa Suecia, Finlandia e Rusia ao este, e situase próxima á Dinamarca ao sur. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 1700 quilómetros.
O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordos e tundra ao norte.
[editar] Economía
A economía norueguesa é próspera, co capitalismo de benestar caracterizado por unha combinación da actividade do mercado libre coa intervención do goberno. As áreas chave están baixo o control do goberno, tales como o sector vital do petróleo, ou as empresas de estado en gran destaque.
O país está dotado de ricos recursos naturais - petróleo, enerxía hidroelétrica, peixes, florestas, e minerais - e é altamente dependente da súa produción e dos prezos internacionais do petróleo; en 1999, o petróleo e o gas sumaron o 35% das exportacións. Soamente a Arabia Saudita e Rusia exportan máis petróleo do que Noruega.
A Noruega optou por permanecer fóra da Unión Europea, a través dun referendo en 1972, e outra vez en novembro de 1994. No entanto, Noruega, xuntamente coa Suíza, Islandia e Liechtenstein firmaron un acordo económico coa Unión Europea. Estes países forman a Asociación Europea de Libre Comercio.
O crecemento económico en 2000 foi do 2,7%, comparado co 0,8% de 1999, mais voltou a caer, para o 1,3%, en 2001. O goberno avanzou con privatizacións en 2000, vendendo un terzo da compañia de petróleo Statoil, que tiña un capital 100% estatal.
Coa calidade de vida máis elevada do mundo, os noruegueses preocúpanse bastante nas próximas dúas décadas cando o petróleo e o gas comezarán a rematar. Consecuentemente, Noruega ten acumulado os seus excedentes orzamentais, derivados do petróleo, nun fondo gobernamental que investiu no exterior e que en 2003 foi avaliado en 11.4000 millóns de dólares americanos.
[editar] Demografía
Artigo principal: Demografía de Noruega
[editar] Cultura
Artigo principal: Cultura de Noruega
[editar] Vexa tamén
[editar] Referencias externas
Sognefjord : fotos, webcam & infos
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |