Bosnia - Hercegovina - Босна и Херцеговина
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
![]() |
|||
Linguas oficiais | Bosnio, Serbio e Croata | ||
Capital | Saraxevo | ||
Presidente | Sulejman Tihic (bosnio) | Borislav Paravac (serbio) | Ivo Miro Jovic (croata) | ||
Área - Total - % auga |
124º maior 51,129 km² neglixíbel |
||
Poboación | 119º máis poboado
|
||
Independencia | 5 de abril de 1992 | ||
Compañía aérea | Air Srpska | ||
Moeda | Marco convertíbel | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Himno nacional | Intermeco | ||
TLD (Internet) | .BA | ||
Código telefónico | 387 |
Bosnia-Hercegovina é unha república federal dos Balcáns, resultante do desmembramento da Iugoslavia, que limita ao norte e oeste coa Croacia e ao leste e ao sur con Serbia e Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no Mar Adriático.
Índice |
[editar] Xeografía de Bosnia e Hercegovina
Bosnia e Hercegovina sitúase nos Balcáns occidentais. A bordea Croacia no norte, oeste e sur, Serbia ó leste e Montenegro ó surleste. Ten unha minúscula saída ó mar Adriático de 23 km nos arredores da cidade de Neum, no cantón bosnio de Hercegovina-Neretva.
O nome do país responde á unión de dúas rexións históricas: Bosnia, con capital en Saraxevo e Hercegovina con capital en Mostar, no extremo sur do país.
[editar] Demografía de Bosnia e Hercegovina
Os continuos desprazamentos poboacionais durante as guerras dos Balcáns na década de 1990 provocaron drásticos cambios na distribucíón da poboación. O último dato oficial data do censo iugoslavo de 1991. Segundo este censo a poboación de Bosnia e Hercegovina era de 4,354,911, étnicamente se dividía en:
- 43,7% bosnios
- 31,3% serbios
- 17,3% croatas
- 5,5% autodenominábanse iugoslavos
No país existe unha forte correlación entre o grupo étnico e a relixión xa que:
- O 88% dos croatas son católicos.
- O 90% dos bosnios son musulmáns
- O 93% dos serbios son cristiáns ortodoxos
As tensións entre as tres etnias son o principal problema político no país, xa que as tres minorías teñen prácticamente o mesmo poder: os bosnios son os máis numerosos, os serbios teñen unha entidade política de seu e os croatas a pesares de non estar políticamente á marxe, teñen o poder económico.
A estimación da poboación para xullo de 2006 é de 4,498,976 habitantes.
[editar] Governo de Bosnia e Hercegovina
O sistema de goberno establecido nos acordos de Dayton en 1995, establece unha división das cotas de poder entre as tres etnias bosnias: serbios, bosnios e croatas.
A presidencia do Governo (poder executivo) rota en representantes destas tres etnias cada oito meses, ata que cada un cumpre 4 anos no goberno. Os votos para a presidencia son directos e universais: a Federación de Bosnia e Hercegovina vota polos candidatos bosnios e croatas, a República Serbia polo serbio. O Presidente elixe ó consello de ministros.
A Asamblea Parlamentaria representa ó poder lexislativo de Bosnia e Hercegovina. Consta de dúas cámaras: a Casa dos Pobos e a Casa de Representantes.
- Casa dos Pobos: 15 delegados
- 5 da República Serbia
- 10 da Federación de Bosnia e Hercegovina (5 bosnios e 5 croatas)
- Casa de Representantes:
- 14 membros da República Serbia
- 28 membros da Federación de Bosnia e Hercegovina (14 bosnios e 14 croatas)
A máxima autoridade do poder xudicial é o Tribunal Constitucional, composto de nove membros: catro elixidos polo parlamento da Federación, dous pola asamblea da República Serbia e tres polo presidente do Tribunal Europeo de Dereitos Humáns tras consultar co presidente do país.
[editar] Subdivisións de Bosnia e Hercegovina
O Tratado de Dayton (1995) establece a división de Bosnia e Hercegovina en dúas entidades: a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia. Esta división coincide aproximadamente coas posesións territoriais entre os dous principais bandos enfrontados da guerra de Bosnia. Esta división obedece a cambios na composición étnica do territorio durante á guerra: limpeza étnica e de recolocación por parte da autoridade serbobosnia, migracións internas segundo o transcurso da guerra e refuxiados serbocroatas da guerra de Croacia (ver fronteira inter-entidades) .
No 2000 creouse o Distrito Federal de Brčko, no norte do país entre as dúas entidades. Oficialmente pertence a ambas, pero na realidade autoxestionase e é un exemplo de convivencia multiétnica cun nivel de vida superior á media do país.
A Federación de Bosnia e Hercegovina subdivídese en cantóns. A República Serbia en rexións. Os cantóns teñen certo grao de autogoberno, hai dez deles. Rexións son sete. O cuarto nivel organizativo son as municipalidades: 74 na Federación de Bosnia e Heregovina e 63 na República Serbia.
Á marxe de rexións, cantóns e municipalidades, en Bosnia e Hercegovina existen catro cidades oficiais Banja Luka, Mostar, Saraxevo, e Saraxevo Oriental. Estas cidades teñen un autogoberno maior que a municipalidade pero menor que os cantóns da Federación de Bosnia e Hercegovina.
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |