San Mariño - San Marino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
lema nacional: Libertas (Latín: "liberdade") | ||||
Idioma oficial | Italiano | |||
Capital | San Marino | |||
Gobernadores Rexentes | Fausta Morganti e Cesare Gasperoni |
|||
Área total | 61 km² | |||
Poboación (2000) | 26.937 | |||
Independencia | 3 de setembro de 301 | |||
Moeda | Euro | |||
Hora | UTC +1 | |||
Himno nacional | Inno Nazionale | |||
TLD (Internet) | .SM | |||
Código telefónico | 378 |
San Marino é unha pequena república encravada no interior de Italia, un dos máis pequenos países do mundo.
Índice |
[editar] Historia
San Mariño considerase a república máis antiga que aún sobrevive ao fundarse no ano 301 segundo a tradición polo construtor San Marino, un cristián que fuxía das persecucións dos emperadores de Roma. Disputado polas familias dos Rímini e Montefeltro, e suxeita ás loitas entre güelfos e gibelinos, logrou manter á súa independencia e aumentar o seu territorio. O pequeno Estado foi recoñecido pola Francia napoleónica en 1797, e por outros estados europeos en 1815 durante o Congreso de Viena.
A pesar de ser un país soberano, depende en gran medida de Italia, pola que está completamente rodeada dende a unificación do país no século XIX.
Dende finais do século IX consta a existencia dunha república libre en San Marino. No ano 1631 o papado recoñeceu a súa independencia que foi así mesmo respetada por Napoleón. Unha revolución pacífica restaurou en 1906 o sistema electivo do Consello Xeral (órgano supremo do Estado).
Durante a Primeira e Segunda Guerras Mundiais seguiu os destinos do seu veciño transalpino. Restaurada a democracia, unha coalición de socialistas e comunistas gobernou ata 1957, ano no que foron desprazados polos democristianos, os que dende 1973 constituíron cós socialistas un goberno de coalición.
[editar] Goberno e Política
O Consiglio Grande e Generale é elexido por votación popular cada cinco anos. Este parlamento escolle a dous dos seus miembros coma Capitáns Rexentes por un período de seis meses. Os dous Capitáns Rexentes e o Consello de Ministros forman o poder executivo do goberno.
O Consello Grande e Xeral tamén elixe ao "Consiglio dei XII" ("Consello dos Doce"), que forma o poder xudicial durante a lexislatura.
[editar] Subdivisións
San Marino está dividido en nove concellos ou castelli (castillos) que tamén teñen a consideración de cidades:
|
|
[editar] Xeografía
San Mariño é un enclave de Italia, na fronteira entre as rexións de Emilia-Romaña e Las Marcas. A súa topografía está dominada polos Apeninos. O punto máis alto do país é o Monte Titano, a 749 metros. Non hai ríos de importancia.
O clima é mediterráneo, con veráns calurosos e invernos suaves.
San Marino é o terceiro Estado máis pequeno de Europa, tra-lo Vaticano e Mónaco.
[editar] Demografía
A poboación de San Mariño está composta polos nativos sanmarineses e por ciudadáns italianos.
Poboación: 26.937 (Xullo 2000 est.)
Estructura por idade:
0-14 anos: 16% (homes 2.181; mulleres 2.038)
15-64 años: 68% (homes 8.992; mulleres 9.425)
65 años y más: 16% (homes 1.849; mulleres 2.452) (2000 est.)
Tasa de crecemento: 1,49% (2000 est.)
Tasa de natalidade: 10,88 nacementos/1.000 habitantes (2000 est.)
Tasa de mortalidade: 7,65 mortos/1.000 habitantes (2000 est.)
Tasa neta de migración: 11,62 migrantes/1.000 habitantes (2000 est.)
Proporción entre sexos:
ó nacemiento: 1 home/muller
ós 15 anos: 1,07 homes/muller
15-64 anos: 0,95 homes/muller
65 anos e máis: 0,75 homes/muller
total: 0,94 homes/muller (2000 est.)
Tasa de mortalidade infantil: 6,33 mortes/1.000 nados vivos (2000 est.)
Esperanza de vida ó nacer:
Total: 81,14 años
homes: 77,57 años
mulleres: 85,02 años (2000 est.)
Tasa de fecundidade: 1,29 nenos/muller (2000 est.)
Nacionalidades:
nome: Sanmarineses
Grupos étnicos: Sanmarineses, italianos
Relixións: Catolicismo
Linguas: Italiano
Alfabetización:
total da poboación: 96%
homes: 97%
mulleres: 95% (1976 est.)
[editar] Economía
Aínda que a república non é un membro oficial da Eurozona, permíteselle usa-lo Euro coma moeda nacional en virtude de acordos có Consello da Unión Europea, podendo estampar o seu propio deseño nacional na cara correspondente. Antes do euro a moeda era a lira de San Marino, que era intercambiable coa italiana. Tanto a lira como o euro do país ao ser producidas en pequeno número están moi cotizadas no mercado dos coleccionistas.
O turismo representa máis do 50% do PIB, máis de tres millóns de visitantes en 1997. Tamén é importante a banca, a electrónica e a cerámica. Os productos agrícolas son o viño e o queixo.
Os selos postais, só válidos para a república, son maioritariamente vendidos para a filatelia, representando un importante capítulo dos ingresos.
O nivel de vida é similar ao italiano.
[editar] Ligazóns Externas
[editar] Institucións
- Consello Grande e Xeral de San Mariño
- Secretaría de Interior da República de San Mariño
- Secretaría de Exteriores da República de San Mariño
- Instituto da Seguridade Social de San Mariño
- Banco Central da República de San Mariño
- Comité Olímpico Nacional de San Mariño
- Federación Sanmarinense de Fútbol
[editar] Información xeral
- Directorio e motor de búsqueda de San Mariño
- Historia da República de San Mariño
- Información da OMS sobre San Mariño
- Información xeral de San Mariño
[editar] Cultura
- Universidade de San Mariño
- Museo do Estado da República de San Mariño
- Museo do Emigrante da República de San Mariño
[editar] Turismo
[editar] Noticias
[editar] Outros
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |