Frédéric Mistral
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frédéric Mistral (Maillane, 8 setembro 1830 - 25 marzo 1914), escritor e lexicógrafo francés en língua provenzal e (occitana), membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904. O seu nome en provenzal é Frederi Mistral (/Mistrau) segundo a norma mistraliana ou Frederic Mistral (/Mistrau) segundo a norma clásica.
Índice |
[editar] Biografía
Nado o 8 de setembro de 1830 en Maillane, naProvenza, fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet, polos cales emparentaba con as máis antigas familias de Provenza : Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vencelladas entre elas mesmas ; marqueses de Aurel), non foi á escola ata os nove anos de idade.
Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 à 1851, facendose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal « pimeira língua literaria da Europa civilizada ». No transcurso dos estudos de Dereito contacta con a historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma de aquela o acordo : « de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...) ; de promover este renacemento a prol da restauración da língua natural e histórica do país (...) ; de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía ». Para Mistral, a palabra raza designa un « pobo unido pola língua, enraizado nun país e nunha historia ».
Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón: "En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa producción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademáis, polo seu significativo labor como filólogo provenzal".
Casado con unha borgoñona, Marie-Louise Rivière, da que non tería descendencia, falece o 25 de marzo de 1914 en Maillane.
[editar] Félibrige
Volto a Maillane, Mistral alíase con o poeta Roumanille, con o cal organiza o renacemento da língua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a língua de Oc. Posto sob o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas catalans expulsos de España por Isabel II.
Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de língua occitana.
Con a súa obra, Mistral rehabilita a língua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a cualidade da obra será consagrada polas mellores distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.
[editar] Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige
Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da língua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.
[editar] Mirèio
A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863.
Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa língua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar nomeadamente de Saintes Maries de la Mer.
[editar] Obras
- Mirèio (1859)
- Calendau (1867)
- Lis isclo d’or (1875)
- Nerto, novela (1884)
- La rèino Jano, drama (1890)
- Lou pouemo dóu Rose (1897)
- Moun espelido, Memòri e Raconte, memorias (1906)
- Discours e dicho (1906)
- La genèsi, traducho en prouvençau (1910)
- Lis óulivado (1912)
- Lou tresor dóu felibrige (1878-1886), dicionario provenzal-francés
- Proso d’Armana (póstumo) (1926, 1927, 1930)
- Coupo Santo (1867)
Categoria:Literatura provenzal