Mustafa Kemal Atatürk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mustafa Kemal Atatürk (Salónica 1881 – 1938) foi un militar e político turco, fundador e primeiro presidente da República de Turquía.
Naceu en Salónica, entón coñecida como Selânic e parte do Imperio Otomano, fillo dun funcionario de alfándegas que morreu cando el aínda era un neno, segundo o costume turco da época déuselle un único nome, Mustafa
Estudou nun liceo militar turco onde o profesor de matemáticas deulle o sobrenome de Kemal (o perfecto) pola súa brillantez. Como Mustafa Kemal entrou na Academia Militar de Monastir (hoxe Bitola en Macedonia) en 1895, en 1898 entra na Escola da Guerra de Estambul, do que se licencia en 1902 co grao de tenente. Entre 1905 e 1907 serve en Siria co 5º exército, en 1907 únese ao movemento dos Novos Turcos. En 1911 foi destinado ao Estado Maior en Estambul. Enviado a Libia en 1911 para facer fronte á invasión italiana, en 1913 regresa a Estambul ao cargo das defensas otomanas na área de Gallipoli.
Durante a Primeira Guerra Mundial defendeu a área de Gallipoli durante o desembarco dos británicos, franceses, australiano e neocelandeses, conveténdose en abril de 1915 no primeiro comandante otomano en vencer a un exército occidental dende as cruzadas, en outubro de 1918 os otomanos capitalaron e Mustafa Kemal convértese nun dos líderes dos que defendían a non división dos territorios de lingua turca do Imperio Otomano.
Trala aceptación do Tratado de Sevres polo sultán Mehmet VI, Kemal declara traidores á dinastía otomana, Kemal derrota aos gregos que avanzaran ata Ancara para poñer fin á súa rebelión, coñecida como Guerra de independencia turca, as vitorias de Kemal conseguiron manter a integridade territorial de Turquía e a anulación do Tratado de Sevres polo Tratado de Lausana, en novembro de 1922 o goberno provisiorio puxo fin ao sultanato.
O 29 de abril de 1923 proclamábase a República de Turquía con Mustafa Kemal como o seu presidente, dende alí iniciou unha política de homoxeneización da poboación: intercambio de poboación con Grecia, persecución da lingua curda; a reforma cultural: substitución do alfabeto árabe polo latino, reforma da educación e modernización das estruturas do estado: laicismo, código civil.