Agricultura ecolóxica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A agricultura ecolóxica é unha forma de agricultura en que non se empregan produtos químicos de síntese e organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica respecta o medio ambiente e o ser humano e intenta lograr un desenvolvemento sostible. En moitos países, incluíndo a Unión Europea e EE.UU., está tamén definida polo dereito.
Baséase no mantemento da fertilidade do solo, en incorporar compostaxe ou outros fertilizantes sen produtos químicos.
Na Unión Europea, a Agricultura Ecolóxica está regulada (regulamento 2092/91). No mesmo especifícanse claramente as técnicas autorizadas neste tipo de cultivo.
En España hai un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica para cada comunidade autónoma, e o da Galiza chámase CRAEGA.
[editar] Véxase tamén
- Agroecoloxía
- Permacultura