Escala de Richter
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A escala de Richter cuantifica a magnitude sísmica dun terremoto.
Índice |
[editar] Historia
A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California
[editar] Principio
É unha escala logarítmica : a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sísmicas de tipo P e S a 100 km do epicentro.
A fórmula utilizada é ML = logA - logA0 onde A representa a amplituda máxima medida no sismógrafo e A0 unha amplitude de referencia.
Así, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Sen embargo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces máis enerxía que o de magnitude 5.
[editar] A graduación
Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9 mais teoricamente é ilimitada.
- 1. Detectado só por instrumentos científicos.
- 2. Sentido por algunhas persoas e animais.
- 3. Sentido por moitas persoas.
- 4. Sentido por todas as persoas.
- 5. Destrue algunhas construcións
- 6. As estruturas balanceanse e as paredes comezan a cair.
- 7. Destrúe moitas construcións e mata xente.
- 8. Un desastre.
- 9. Destrucción total. (Caos muerte y destrucción)
O sismo máis forte xamais rexistado foi o Gran Terremoto do Chile, o 22 de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala.Do outro lado da escala, a caída dunnha tella dunha altura de 1m ten a magnitude -2.
[editar] Magnitude e intensidade
A escala de Richter non permite evaluar a intensidade sísmica dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilizanse escalas de intensidade tais como a escala de Mercalli.
A magnitude é única para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sísmicas diminúe conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as liñas de falla.