Esperanto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O esperanto é unha lingua artificial destinada para servir como unha segunda lingua universal para toda a poboación mundial e non, coma moitos supoñen, para substituir todas as linguas existentes. O esperanto é hoxe a lingua artificial máis falada.
O doutor polaco L. L. Zamenhof completou a versión inicial en 1887. A súa intención era criar unha lingua moi fácil para calquer persoa.
A gramática do esperanto baséase en 16 regras sen excepcións. O esperanto é unha lingua aglutinante, sen xéneros gramaticais, sen conxugación de verbos variábeis por persoa ou número e dous modos, indicativo e imperativo. O vocabulario é formado con raíces de varias linguas europeas, principalmente as linguas románicas, o alemán e o inglés, con algunhas palabras das linguas eslavas, do grego e do latín.
A morfoloxía é extremadamente regular e doada de aprender. O alfabeto é fonético, o que significa que a cada son corresponde só unha letra e viceversa.