Formiga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Formigas | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
Subfamilias e xénero | ||||||||||||||||||||||||||
Xenera: |
A formiga é un animal himenóptero que vive en galerías subterráneas. A súa sociedade está fortemente especializada en tres clases de individuos: machos, femias e obreiras. Os estudos máis recentes sobre o seu comportamento e súa fidelidade ao grupo indican que a orixe do mesmo está na identidade xenética entre si; de tal modo que entre elas existe un vínculo filial de irmandade que as predispón a cooperar pola supervivencia común das suas fillas e irmás.
As formigas son un dos grupos de insectos máis exitosos e son de interese pola súa habilidade de formar colonias avanzadas. As primeiras formigas apareceron no período cretácico tardío. A maioría das formigas non posúe ás, aínda que isto varía segundo individuos dentro dunha colonia.
[editar] Colonias
Os ovos nas colonias son depositados por unha ou máis formigas raíña e a maioría destes medran para se converteren femias non aladas chamadas obreiras. Periodicamente prodúcense camadas de novas raíñas e machos, usualmente alados, os cales viven para reproducirse. Os machos morren pouco tempo despois da copulación, mentres que as raíñas sobreviventes achan novas colonias ou ocasionalmente regresan á súa antiga colonia.
[editar] Desenvolvemento
As formigas desenvólvense pou unha metamorfose completa, pasando polos estados larval e pupal antes de se converter en adultos. No estado larval unha formiga é completamente inútil xa que non posúe extremidades, polo que o seu coidado queda a cargo doutras formigas adultas. A diferenza entre raíñas e obreiras é determinada pola alimentación no estado larval. Tanto as larvas como as pupas deben ser mantidas a temperaturas relativamente constantes para asegurar un desenvolvemento adecuado, así que a miúdo son mudadas entre as diferentes cámaras de xestación da colonia.
Unha nova obreira pasa os seus primeiros días atendendo á raíña e ós xoves. Logo, gradúase e pasa a cavar e realizar outros labores. Máis tarde poderá buscar alimento e defender a colonia. Estes cambios son moi abruptos e definen o que se coñecen como castas temporais. Nalgunhas formigas existen tamén castas físicas. As formigas teñen un espectro de tamaños: obreiras menores, medianas e maiores. A miúdo as máis grandes posúen cabezas desproporcionadamente máis grandes con mandíbulas máis poderosas
[editar] Comunicación e comportamento
A comunicación entre as formigas prodúcese principalmente a través de compostos químicos chamados feromonas, e como a maioría dos tipos de formigas están moito tempo no chan, estas mensaxes químicas están máis desenvolvidas nelas ca noutros himenópteros. Deste modo, por exemplo, cando unha formiga recolectora encontra unha fonte de alimento, deixa un rastro químico no chan no seu camiño de volta ao formigueiro. Cando se encontra con outras formigas, comunícalles o achado vomitando parte do alimento e invítaas a seguir o rastro mediante sinais táctiles. Cando estas volven tamén ao formigueiro, reforzan o rastro, atraendo así a máis formigas, ata que a comida se termina, de forma que a partir dese momento o rastro non é reforzado e desaparece lentamente.