Imperio Otomán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Imperio Otomán dominou os Balcáns e o Medio Oriente entre os séculos XV e XX.
Índice |
[editar] Expansión
Os otománs chegaron a Anatolia como parte do caudal de pobos turcos desaloxados polas invasións mongolas do século XIII. O seu primeiro gobernante coñecido foi Orhan, quen foi fillo de Osmán (ou Utmán I Gazi), de quen deriva o nome do imperio. Os otománs instaláronse en Brusa, e conquistaron a cidade bizantina de Nicea en 1326. Posteriormente, iniciaron unha serie de campañas militares que puxeron a totalidade dos Balcáns baixo o seu control, en particular despois da derrota dos cabaleiros cruzados na Batalla de Nicópolis de 1396. A derrota dos otománs na Batalla de Angora (na que Tamerlán capturou a Baiaceto o Raio) retrasou un tempo a súa ascensión, que foi retomada a mediados do século XV. Mehmed II ou Mahomet II o Conquistador conquistou Constantinopla en 1453 y destruíu finalmente o Imperio Bizantino, levando as fronteiras otomanas ata Europa Central. Nembargantes, o avance otomán nesta dirección terminou cando Suleimán o Magnífico fracasou no sitio de Viena, en 1529. En Oriente, pola súa parte, o ascenso do Imperio Safavida obrigou a Selim II a guerrear con Persia, o que o motivou a conquistar Exipto (1527). Desta maneira, o Imperio Otomán acadou a súa máxima extensión xeográfica, que duraría ata 1683.
[editar] Organización
Interiormente, os otománs organizaron o seu imperio non segúndo o principio territorial, senon polo principio poboacional. Desta maneira, o imperio foi repartido entre musulmáns, cristianos ortodoxos, xudíos, zoroastrianos, etcétera, cada un dos cales conformaba un millet coa súa propia autoridade a cargo. A nobreza otomana estaba por riba dos raiyeh (literalmente, o 'rabaño'), pero non tivo cargos no goberno ata que a súa presión obrigou a Solimán o Magnífico a admitilos, a mediados d século XVI. A administración otomana estaba en mans dunha Casa de Escravos, que era recrutada entre os non musulmáns, e educada dende a infancia para ocupar cargos directivos. Incluso ata o visir do sultán era un simple escravo, que dun momento a outro podía ser desposuído da súa vida e bens.
[editar] Decadencia
A decadencia otomana comezou despois da morte de Solimán o Magnífico, en 1566. Unha serie de gobernantes ineptos fixeron florecer as intrigas de palacio, ata que a acción combinada d sultán Murad IV (ou Amurates IV) e da Casa de Koprulu motivou una intensa reforma administrativa. Nembargantes, o Imperio Otomán sufriu un serio revés cando comprometeu tódolos seu recursos nun novo asalto a Viena, que fracasou en 1683 gracias á heroica resistencia dos polacos.
A partir de entón, os otománs descubriron que o seu poderío militar (baseado na disciplina da infantería de xanízaros e la cabalería de sipahis) estaba a naufragar, e decidiron abrirse á diplomacia occidental. Desta maneira, os comerciantes cristiáns de Constantinopla (os fanariotas) abríronse paso na administración otomana. Este proceso durou todo o século XVIII, pero motivou o surximento da Gran Idea de reemprazar o Imperio Otomán por un Imperio Grego. Os gregos alzáronse en armas a comezos d século XIX e obtiveron a súa independencia en 1823, pero xamáis chegaron a concretar a Gran Idea. Os otománs volvéronse máis fanaticamente musulmáns que nunca, e enredáronse irremisiblemente no xogo político das potencias coloniais de Occidente, ó tempo que sobrevivía ás sublevacións que os seus propios xoves oficiais, educados na arte da guerra occidental, promovían en nome desos mesmos valores occidentais que recibiran. O "home enfermo de Europa", como se calificou ó imperio, sobreviviu ainda tres cuartos de século máis, grazas ó apoio de Inglaterra (que precisaba ós otománs para contrarrestar as ambicións de Rusia de alcanzar o Mar Mediterráneo). Isto non impediu que os otománs perderan virtualmente a administración de Exipto, ó tempo que os pobos cristiáns dos Balcáns (Serbia, Croacia, Bulgaria e Romanía) fósense independizando un detrás doutro.
[editar] Final
Finalmente, durante a Primeira Guerra Mundial, o Imperio Otomán aliouse coa Triple Alianza conformada por Alemaña, Italia e Austria. Despois da derrota dos Imperios centrais, o Imperio Otomán (gravemente socavado polo despertar árabe apoiado polos ingleses de Lawrence de Arabia) desplomouse na anarquía. O primeiro presidente de Turquía, Kemal Ataturk, simplemente aboliu o Sultanato, e renunciou á idea imperial, polo que a historia do Imperio Otomán alcanzou o seu fin en 1924.
Véxase tamén
- Lista de sultáns turcos