Celta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo Celta pode referirse a:
- Unha rama das linguas indoeuropeas nas que se incluen o irlandés, o gaélico escocés, o galés, o córnico e o bretón, así como todas aquelas linguas mortas desta familia que antano se falaron en Europa (véxase: Linguas celtas).
- Tamén se denomina como celtas os pobos que falan ou falaron estas linguas, que no século I a. C. se estendían por gran parte de Europa, desde a actual Turquía até Portugal.
- É o nome polo que se coñece o clube de fútbol máis importante da cidade de Vigo, o Real Club Celta de Vigo.
Este termo é de orixe grega (keltoi). Os gregos puideron collelo prestado de íberos o ligures. Os celtas chamáronse sempre a si mesmos galiain, isto é: galos (derivados: gálata, galego, galaico).
[editar] Prehistoria e Historia dos pobos celtas
Os celtas foron un pobo orixinario da Europa central que emigrou cara Europa occidental: Galia, Bretaña, Gran Bretaña, Irlanda e o norte da Península Ibérica. A sua chegada á península estaría sobre o ano 1200 aC.
A pesar dos indicios da presencia celta en Galicia, esta é frecuentemente cuestionada. Un estudo dirixido por Miguel Pocoví, profesor de Bioloxía Molecular da Universidade de Zaragoza, reforzou a tese da orixe celta dos galegos.
Vivían en contacto coa natureza na veciñanza de defensas naturais, agrupados no que en Galiza se denominaron castros.
As súas clases sociaies eran: druidas (sacerdotes), nobres, comerciantes e campesiños.
Os enclaves celtas da Francia e da Península Ibérica foron conquistados polos romanos e, en maior ou menor medida, romanizados. Non obstante, aínda conservan as pegadas da cultura celta nalgunhas artes, como na música.
[editar] Ver tamén
- Celta (cultura)
- Música celta
- Arte celta
- Lingua celta
- Caristios
- Mitoloxía celta
- Nacións celtas
- Lista de tribos celtas