Gran Bretaña - Great Britain
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.
Índice |
[editar] División Política
A illa conforma a maior parte do Estado de Reino Unido, e está dividida en tres dos países que o conforman: Inglaterra, no centro-sur da illa; Escocia, no norte; e Gales, no centro-oeste.
[editar] Historia
Ver artigo principal: Historia de Gran Bretaña
Esta illa é o centro do Reino Unido, e como tal, a súa historia avanza xunto a del. O sur de Gran Bretaña foi conquistado polos romanos. Durante as invasións bárbaras, foi invadida polos saxóns.
Durante a Idade Media estivo dividida entre os actuais países que a conforman hoxe, cunha moi clara hexemonía sobre os demáis de Inglaterra. Anque Gales pronto caeu no poder de Ingletrerra, Escocia non se uniu a ela moito despois.
Durante a Idade Moderna, o Reino Unido foi acadando cada vez máis poder, e na Idade Contemporánea converteuse no Estado máis poderoso do mundo, cando era chamada Imperio Británico, e foi onde primeiro chegou a Revolución Industrial, converténdose así esta illa nunha das rexións máis importantes do mundo.
O ser unha illa axudou moito ó Reino Unido a defenderse do exterior, frustrando así os intentos de invasión doutros países: España durante o reinado de Filipe II, Francia durante o reinado de Napoleón, e Alemaña durante o seu bloqueo da I Guerra Mundial e durante a súa invasión aérea na II Guerra Mundial.
[editar] Poboación
A poboación é moi heteroxénea desde hai séculos nesta illa.
[editar] Relixión
Hai en Gran Bretaña unha división relixiosa: calvinistas e outros protestantes, anglicanos e católicos. A Idade Moderna foi moi convulsa para a illa debido ás persecucións relixiosas, e por esta razón houbo tantos emigrantes ingleses cara as terras extraeuropeas que tiña naquel momento o Reino Unido.
[editar] Etnias
Tamén hai moita diversidade no sentido de razas e culturas, pois a parte de dividirse entre galeses, escoceses e ingleses, o feito de que Londres fora o centro dun inmenso imperio colonial atraeu durante o século XX a moitos inmigrantes das colonias, de orixen indio, africano, caribeño, etc.
[editar] Idiomas
Hoxe en día, fálanse en Gran Bretaña tres linguas principais, aparte das que falan as comunidades de inmigrantes doutros países: o inglés, o galés e o gaélico escocés, con moi claro predominio da primeira, pois fálase por prácticamente toda a poboación, mentras que as outras dúas son faladas por minorías mesmo en Gales e Escocia.
[editar] Cidades
[editar] Inglaterra
- Liverpool
- Londres
- Manchester
- Newcastle
[editar] Escocia
[editar] Gales
- Cardiff
- Swansea