Irán - ایران
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Alá Akbar (Árabe: "Deus é Grande") |
|||
Idioma | Persa | ||
Capital | Teherán | ||
Líder relixioso | Ali Khamenei | ||
Presidente | Mahmoud Ahmadinejad | ||
Área | 1.648.195 km² | ||
Poboación estimada | 68.278.826 | ||
Moeda | Rial | ||
Hora | UTC +3.30 | ||
Himno nacional | Sorood-e Melli-e Jomhoori-e Eslami | ||
ISO-3166 (Internet) | .IR | ||
Código telefónico | 98 |
A República Islámica de Irán é un país do Oriente Medio,que limita ao norte coa Armenia, o enclave azerbaixaní de Nakhichevan, o Acerbaixán, o Mar Caspio, e o Turkmenistán, a leste co Afganistán e Paquistán, a sur co Golfo de Omán (a través do cal se achega a Omán), a sur e oeste co Golfo Pérsico (a través do cal ten ligazón aos Emiratos Árabes Unidos, ao Qatar, ao Bahrein, á Arabia Saudita e ao Kuwait) e a oeste co Iraq e a Turquía.
A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo)
Ata 1935 o nome oficial do país foi Persia.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia do Irán.
- Ver tamén: Ayatollah Ruhollah Khomeini
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política do Irán.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: Provincias do Irán.
Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior do Irán, e suxeito a aprobación do goberno.
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía do Irán.
A paisaxe iraní está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.607m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.
As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Hormuz e no Mar de Omán.
O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.
As principais cidades de Irán són Isfahan, Teherán e Urmia.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía do Irán.
A economía iraní é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía do Irán.
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: Cultura do Irán.
[editar] Mapas e imaxes
[editar] Vexa tamén
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Irán